Forumfolk: fotografías da foliada de antroido

martes, 24 marzo 2009, 11:00 | Category : música
Tags : ,

Aquí vos deixamos algunhas fotografías da foliada que celebramos o luns de antroido dentro do ciclo Forumfolk. Se queredes ter as fotografías con máis resolución, escribídenos ao enderezo electrónico que figura na pestana de Contacto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto de zanfonas  no Forum Metropolitano

domingo, 22 marzo 2009, 0:30 | Category : concertos, música
Tags : , , , ,

O vindeiro luns 23 de marzo ás 21 horas o ciclo Forumfolk acollerá unha noite adicada á zanfona, un dos instrumentos máis característicos da música tradicional galega e do folk. O grupo de zanfonas de Cántigas da Terra e o músico Óscar Fernandez convídannos a un percorrido dende os cantos tradicionais ata a zanfona contemporánea. O prezo das entradas é de 5 euros e de 3 euros con desconto carnet xoven, maiores de 65 anos e desempregados.

No ano 2002 incorporouse a zanfona ás escolas de Cántigas da Terra da man de Oscar Fernández, e ten continuidade ata hoxe cunha media de oito alumnos, algúns deles xa vinculados a Cántigas como gaiteiros ou coristas. Co tempo, dun xeito natural, foise incorporando este instrumento no repertorio de Cántigas tanto en pezas instrumentais coma vocais. O seu repertorio basease na música tradicional galega tanto instrumental como vocal.

Óscar Fernández é membro fundador do grupo Os Cempés e autor da maioría dos arranxos e composicións dos catro CDs que editou con ese grupo. Actualmente é responsable tamén da creación e da zanfona eléctroacústica do trío bOnOvO. Participou en gravacións e concertos con artistas como Chouteira, Uxia, O Jarbanzo Negro, Xochilmica, Quempallou, Eclética Ensemble, e en proxectos como a primeira e quinta edicion do festival Cantos da Maré ou no espectáculo galego-cubano realizado na Habana con motivo da Feira do Libro 2008 Descarga ao Vivo. Imparte aulas de Zanfona no Centro Galego de Música Popular, na Escola Municipal de Música de Narón e no coro Cantigas da Terra de A Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk: hoxe, gran Foliada para celebrar o Entroido

luns, 23 febreiro 2009, 11:26 | Category : música
Tags : , ,

O ciclo Forumfolk celebra o entroido cunha gran foliada hoxe luns 23 de febreiro no Forum Metropolitano a partir das 21 horas. Tanto o auditorio do Fórum coma o hall de entrada convertiranse nuha gran festa onde poder bailar da man de grupos coma Xasteirazo, Arestora, Alén do Mar, Cántigas da Terra, Asociación Cultural Donaire, Maghúa, Asociación de Coros e Danzas Eidos, Queiroa ou a Asociación folclórica "Os Gaiteiriños". O acceso será gratuito ata completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk: Pedro Lamas e Jacobo de Miguel + Xabier Díaz

luns, 26 xaneiro 2009, 12:00 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

O luns 26 comeza o ciclo Forumfolk'09 cunha actuación de Pedro Lamas e Jacobo de Miguel Dúo na que presentarán o seu primeiro traballo, A lebre e a mazá, un proxecto no que interpretan temas tradicionais en clave de jazz. Será un concerto intimista e elegante no que Pedro Lamas (gaita e saxo) e Jacobo de Miguel (piano) contarán coa colaboración do cantante Xabier Díaz.

Partindo do respecto polas claves que definen e conforman a tradición (da que Pedro Lamas é bo coñecedor), o dúo vai tinguindo as diferentes pezas que escollen para o seu repertorio con variadas cores que reflicten as súas vivencias musicais e persoais. É así que Lamas e De Miguel incorporan nos seus arranxos elementos extraídos do jazz, do new age, da música clásica e mesmo da cultura pop e a música máis comercial, sen prexuízo ningún en canto á súa procedencia e tomando como única guía a procura dun vehículo de expresión propio no que a tradición ocupe un lugar preferente.

O seu espectáculo bríndanos a posibilidade de disfrutar da beleza das melodías populares revisadas co bo facer destes dous músicos que nesta ocasión contan coa inestimábel participación de Xabier Díaz para conformar un directo no que hai sitio tanto para o lirismo máis refinado como para momentos de singular firmeza e intensidade.

O concerto celébrase no auditorio do Fórum Metropolitano ás 21 horas do luns 26 de xaneiro. O prezo das entradas é de 5 € (3 euros para usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do ciclo Forumfolk

Jacobo de Miguel, Pedro Lamas, a concelleira María Xosé Bravo e a directora do Fórum, Bettina Kohlhaas

Hoxe deuse a coñecer a programación do ciclo Forumfolk, o espazo que o Forum Metropolitano dedica á presentación de novas propostas do folk e da musica tradicional galega. O ciclo comeza o próximo luns 26 coa actuación de Jacobo de Miguel, Pedro Lamas e Xabier Díaz, e continúa até o verán cun concerto cada cuarto luns de mes. No futuro o ciclo incluiŕa tamén actividades paralelas, como mesas de debate, proxeccións, exposicións, clases maxistrais, etc. Forumfolk fica aberto a propostas e pretende convertirse nun espazo moi dinámico, coa intención de afianzar o ciclo coma un referente de apoio e fomento do folk e da música de noso.

Máis información e cartaz de Forumfolk, nesta páxina.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

FORUMFOLK

xoves, 15 xaneiro 2009, 22:00 | Category : concertos, música
Tags :

Cartaz coa programación en PDF: [descargar]

O ciclo Forumfolk naceu como un espazo do Forum Metropolitano adicado a presentar novas propostas do folk galego e da musica tradicional co propósito de dar a coñecer as novas tendenzas dentro das creacións galegas ligadas ás tradicións e abertas a explorar novos horizontes, ben sexa a través da fusión con outros estilos musicais ou experimentando con novos formatos e instrumentacións. Forumfolk pretende ofertar aos grupos folk un espazo inexistente actualmente no ámbito galego para aqueles grupos pequenos que comenzan a súa andaina (presentacións de grupos, presentacións de proxectos, presentacións de traballos discográficos, pequenos formatos) ou que simplemente non sexan tan comerciais pero que teñan un peso importante dentro do folk ou da música tradicional do noso país.

Cada cuarto luns de mes ás 21h presentarase un concerto do ciclo Forumfolk no auditorio do Forum Metropolitano. Os prezos das entradas son de 5 euros e de 3 euros para xente nova con carnet xove, + 65 anos e desempregados. No futuro o ciclo incluiŕa tamén actividades paralelas, como mesas de debate, proxeccións, exposicións, clases maxistrais, etc. Forumfolk fica aberto a propostas e pretende convertirse nun espazo moi dinámico. Coidarase moito a calidade dos grupos co fin de afianzar o ciclo como un referente de apoio e fomento do folk e da música galega.

Programación primavera-verán:

22 de xaneiro de 2009, 21 h: Pedro Lamas e Jacobo de Miguel Dúo
Presentarán o seu primeiro traballo A lebre e a mazá, un proxecto na que farán asúa interpretación de temas tradicionais en clave de jazz. Concerto intimista e elegante no que Pedro Lamas (gaita e saxo) e Jacobo de Miguel (piano) contarán coa colaboración de Xabier Díaz.

23 de febreiro de 2009, 21 h: Foliada
Saboreando aínda o éxito da convocatoria de Cantos de Reis como broche da tempada Forumfolk 08, esta foliada prevista para o luns de entroido abre as suás portas para convidar a xente a participar neste concerto. Os grupos interesados deberán de enviar a súa proposta ao enderezo  forummetropolitano at coruna.es E importante que na proposta especifiquen a formación do grupo e o repertorio que non debería de incluir máis de dúas pezas. Concerto de entrada libre ata completar o aforo.

23 de marzo de 2009, 21 h: Grupo de zanfonas de Cántigas da Terra + Óscar Fernández
Un percorrido desde os cantos tradicionais ata a zanfona contemporánea nun programa que incluirá cantos trandicionais acompañados de zanfona, interpretación de pezas de música tradicional, interpretacións da percusión da zanfona e finalmente por parte de Oscar Fernández a presentación dos seus traballos tanto en Os Cempés como os máis recentes coa zanfona contemporánea.

27 de abril de 2009, 21 h: ARRAS
Grupo de música folk emerxente integrado polos músicos Manu Abraldes (baixo eléctrico e acústico), Rocío Jiménez (voz e pandeireta), David Bellas (frautas, gaita e saxos), Michel Ribadulla (guitarras), Pablo Gómez (piano, teclados e voz) e Dani Batera (batería e percusión).

25 de maio de 2009, 21 h: Grupo de Pandereteiras de Donaire
Músicos da propia asociación mesturan voces, melodías e harmonías empregando instrumentos como a zanfona, guitarra acústica, acordeón, clarinete... Os bailaríns da propia asociación axudarán ao público a interactuar con esta proposta axudando tanto ritmicamente coma no baile para que a zente participe dunha maneira lúdica do seu concerto.

22 de xuño de 2009, 21 h: Ophiusa
Este grupo creado nos 80 renace agora cun novo proxecto e unha nova formación. Os integrantes Ramón Feans (guitarra), Paula Gacio (saxo), Paco Nogueiras (acordeón) e Antonio Presedo (mandolina) presentan “Paos”, un traballo autorpoducido no que se recolle unha boa mostra do que se deu en chamar sonido Ophiusa, é decir: un repertorio do século XXI onde se combinan diferentes influencias estilísticas coas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías. O resultado é un son directo e apaixoante, unha viaxe que, con marcada entidade galega, interactúa cos ritmos das música populares globales.

28 de xuño de 2009, 19 h: Concerto Extraordinario da Banda Municipal no Parque Europa
Música galega para gaita e banda coa colaboración como solista de Susana Seivane. Concerto gratuito

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google