Ciclo “Os xoves na Sagrada”: concerto de “Fracasados de antemano”

Xoves Fracasados-web17
Biblioteca da Sagrada Familia (R/ Antonio Pereira, 1)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Segue o ciclo "Os xoves na Sagrada", esta vez coa actuación de Fracasados de Antemano, unha banda coruñesa cunha longa traxectoria en salas de concertos e festivais tanto dentro como fóra de Galicia. O seu estilo está baseado un rock contundente aderezado de hip-hop, funk, ska ou reggae. Teñen xa un disco no mercado, que acadou máis de 1000 copias vendidas nas dúas primeiras semanas. Coa gravación de Javier Abreu ("Boikot", ou "Los Piratas" entre outros) e a masterización de Metropolis Studios de Londres, Fracasados de Antemano inicia así a súa xira 2011 cun obxectivo claro: demostrar que a súa música pode estenderse por toda a península ibérica a través dun directo aínda máis potente e cosmopolita.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ruxe Ruxe, Fracasados de Antemano e Loretta Martin n’ O Túnel

venres, 4 xuño 2010, 20:07 | Category : música
Tags : , ,

Sábado 5
22:00
Sala O Túnel (baixos do Coliseum)
Entradas: 7 € (5 €, venda anticipada, na billeteira do Kiosco da Praza de Ourense ou en www.servinova.com)

Continúan os concertos con tres grupos galegos: Ruxe Ruxe, Fracasados de Antemano e Loretta Martin.

O TÚNEL

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Trapallada, Fracasados de Antemano, Obrint Pas no Concerto das Letras Galegas

venres, 14 maio 2010, 1:01 | Category : música
Tags : , ,

Sábado 15
21:00
Parque de Santa Margarida
Entrada: libre até completar capacidade

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Son 2009 remata cun gran concerto final

Mañá sábado 28 de febreiro ás 20:00 no Paraninfo da Universidade da Coruña (edificio do Rectorado, na Maestranza) terá lugar o concerto final co que remata a edición 2009 do obradoiro de cancións A Coruña Son, dirixido polo cantante e compositor Santiago Auserón e organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña co obxectivo de fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego. O concerto estará conducido pola cantante Uxía Senlle e nel intervirán os creadores e creadoras das dez cancións seleccionadas: Sandrísima (canción Tic-Tac), Sergio Zearreta (Fincapé), Fracasados de antemano (Menezes), Pulpiño Viascón (Quérote na praia do Orzán), Magritte (Alpinista), Supersound (Onde estás), Marisol Manfurada (Instinto básico), Maus vizinhos (Gira caindo), Ángeles Dorrio (O cativo) e La pelvis (Psicomuiñeira). As dez finalistas e todas as cancións que se presentaron ao certame poden ser escoitadas e descargadas na web do certame. A entrada ao concerto é libre até completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google