A. C. Alexandre Bóveda: presentación de “Lingua galega e variación dialectal”, de Xosé Manuel Sánchez Rei

Venres 21
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Lingua galega e variación dialectal", do profesor da Universidade da Coruña Xosé Manuel Sánchez Rei, publicado en Laiovento. No acto estará acompañado por Francisco Pillado e Xosé Ramón Freixeiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fallos dos xurados do “Concurso de contos de nenos para nenos Carlos Casares” e do “Concurso de Teatro Infantil”, da A. C. O Facho

CONCURSO LITERARIO DE CONTOS DE NENOS PARA NENOS CARLOS CASARES:

"A Agrupaçom Cultural O Facho tem a honra de comunicar-lhes o falho do concurso literário Contos de nenos para nenos Carlos Casares na convocatória ano 2011, segundo acordo do jurado formado polos escritores Xabier P. DoCampo, Breogán Riveiro Vázquez, Xosé Manuel Martínez Oca, e Soledad González Maside, directiva d'O Facho (sem voto):

1º.- Prémios da categoria A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos):
- Primeiro prémio: Pesadelo, de Ignacio Mañá Mesas, aluno do IES Europa (Ponferrada, O Berzo).
- Segundo prémio: Un día feliz na vida de Xoán de Alva Pensado Ferreiro, aluna do CEIP San Xosé Obreiro (Meicende, A Corunha).

2º.- Prémios da categoria B. (Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos):
- Primeiro prémio: Folga xeral, de Matías Núñez Gil, aluno do IES Celanova (Ourense).
- Segundo prémio: Amor e maltrato, de Ana María Gil Rey, aluna do C.P.I. de Zás (A Corunha).

Agradecemos a participaçom de todos os concursantes e felicitamos mui especialmente aos ganhadores. Também queremos recordar que o acto de entrega de diplomas e prémios será o dia 21 de Maio as 20 horas, na sala de conferencias do Centro Social Nova Caixa Galicia (Avenida da Marinha, s/n.) da cidade da Corunha.

Parabéns e cumprimentos.

A Corunha, Maio de 2011.

Assinado: Soledade González Maside, da Agrupaçom O Facho e Secretária do Júri."

CONCURSO DE TEATRO INFANTIL:

"Depois de ter lido as obras apresentadas ao Concurso de Teatro Infantil convocado pola Agrupaçom Cultural O Facho, o júri conformado por pessoas de reconhecido prestigio no âmbito teatral galego, Susana Alejandra Longueira Regueiro, Xosé Manuel Rabón Lamas e Francisco Pillado Maior, tomou o acordo de declará-lo Deserto como resulta da análise dos textos. Os originais nom premiados poderám ser retirados, no prazo de 30 dias, no local de O Facho, prévio correio  dirigido ao endereço postal da Agrupaçom (Rua Federico Tapia, 12-1º, 15005 A Corunha). No caso de que o autor ou autora nom resida na Corunha poderá solicitar que lhe sejam enviados por correio postal.

Na cidade d’A Corunha, 13 de Maio 2011.

Asso. J. Alberte Corral Iglesias
Secretário d'O Facho."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo”, de Mercedes Queixas

Venres 13
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo", de Mercedes Queixas, acompañada por Francisco Pillado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Novacaixagalicia: “Homenaxe a Isaac Díaz Pardo”

Mércores 6
Fundación Novacaixagalicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, dentro das actividades de celebración do 80 aniversario da proclamación da II República (pódense descargar aquí): Actos de lembranza do 80 aniversario do 14 de abril de 1931, terá lugar esta "Homenaxe a Isaac Díaz Pardo", coas intervencións de Manuel Rivas, Xosé Ramón Fandiño e Francisco Pillado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: presentación de “A poutada do Oso”, de Lois Diéguez

Mércores 23
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación de Amigos dos Museos de Galicia e Edicións Laiovento presentan a novela de Lois Diéguez "A poutada do Oso". Esta actividade iniciarase coa proxección do DVD "De Albre de espranza á Poutada do Oso". Deseguido intervirán: Felipe Castro (axente facultativo medioambiental), Francisco Pillado (director da editorial Laiovento), Felipe-Senén López (arqueólogo e museólogo), e o autor. Desde as 19:00 h., o autor asinará exemplares dos seus libros, na compaña de Felipe Senén.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: presentación do libro “Sobre a poesía última de Manuel María”, de Manuel López Foxo

Xoves 20
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995)", de Manuel López Foxo, publicado en Laiovento. No acto, acompañando ao autor, intervirán Felipe Senén e Francisco Pillado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “A historia secuestrada polo franquismo”, de Manuel Monge

Mércores 15
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, s/n.)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "A historia secuestrada polo franquismo", de Manuel Monge, publicado en Laiovento. No acto participan, co autor, Francisco Pillado e Manuel Rivas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético-musical na Biblioteca González Garcés

Venres 10
Biblioteca Miguel González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n.)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Con motivo do Día dos Dereitos Humanos, Amnistía Internacional organiza un acto coa participación Yolanda Castaño, Xulio López Valcarcel, Pedro Ramos, Xosé Taboada, Xurxo Mares, Silvia Penide, Paco Campos, Francisco Pillado e Xulio Correa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: presentación do libro “Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo”

Xoves 21
Asociación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos, 16-18).
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo", publicado por Laiovento, coa participación dos autores Luís Villares e Carlos Amoedo, acompañados por Francisco Pillado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro “Feijóo, o galego e nós”, de Xosé María Álvarez Cáccamo (coord.))

Venres 11
20:00
Librería Couceiro (Praza do Libro)
Entrada: libre até completar capacidade

Participarán Mª Pilar García Negro, Xabier P. DoCampo, Xulio L. Valcárcel e Francisco Pillado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación dun libro de Xavier Seoane

martes, 16 marzo 2010, 19:07 | Category : Libro e lectura, presentacións
Tags : , ,

Mañá mércores 17 de marzo ás 20:00 preséntase en Portas Ártabras (Sinagoga 22, detrás da Colexiata) o libro A rocha imantada (aforismos), escrito por Xavier Seoane (Ed. Laiovento). No acto intervirán o autor acompañado por Xulio López Valcárcel e Francisco Pillado. A entrada é libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro de Pilar García Negro

luns, 22 xuño 2009, 11:30 | Category : Libro e lectura, presentacións
Tags : , ,

invit-pilar

Hoxe luns 22 de xuño ás 20 horas no Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza. Participarán Antón Reixa, Goretti Sanmartín, Francisco Pillado e Pilar García Negro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google