“Negro brillo”, proxecto escultórico de Manuel Mas na Fundación Luís Seoane

martes, 3 agosto 2010, 9:15 | Category : escultura, exposicións
Tags : , ,

Do 3 de agosto ao 10 de outubro
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Domingos de 11:00 a 14:00. Luns pechado
Fundación Luís Seoane (rúa San Francisco, s/n)
Entrada libre até completar capacidade.

O proxecto escultórico "Negro brillo" estará exposto no patio central da Fundación. A obra de Manuel Mas (Elche, 1976) é un intento de ver alén da propia inmediatez. Coa sobriedade e a elegancia propias dun truco de maxia, proponnos unha toma de conciencia do paso do tempo como dimensión que abre un lugar no espazo; un tempo estático, inmóvil, que se ralentiza como nun soño, organizando os obxectos nunha constelación propia. Un lugar hermético, lunar, atravesado polo reflexo das superficies e disposto a mostrar os ángulos máis esquecidos de mobles e obxectos, a reconstruir o afecto perdido polas costas dos grandes volumes domésticos, a xeometría agachada que somente o equilibro da ilusión pode recuperar. Así, o acto de ilusionarse é a única vía de acceso, e percorrer esa vía, unha ilusión. Deste xeito, materialidade e inmaterialidade, volume e luz, claridade e escuridade, estatismo e movemento configuran un xogo de alternancias no que o escultórico acaba por aproximarse ao ilusorio. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Heroes e guerreiros” e “Doce cabezas”, mostras de gravados na Fundación Luís Seoane

mércores, 28 xullo 2010, 9:19 | Category : Arte, exposicións
Tags : , , ,

Do 28 de xullo ao 10 de outubro
De martes a sábado: de 11 a 14 e de 17 a 20,
Domingos de 11 a 14; luns: pechado
Fundación Luís Seoane (rúa San Francisco, s/n)
Entrada libre até completar capacidade.

Na Fundación Luís Seoane pódense visitar dúas exposicións que recollen traballos do autor coruñés. En "Heroes e guerreiros" achegámonos a unha escolla de gravados, témperas e óleos, en que Seoane nos converte en testemuñas das loitas dos homes, o espírito belicoso, os referentes mitolóxicos e os valores do guerreiro. "Doce cabezas" recolle o álbum de gravados do mesmo nome editado en 1958 pola Galería Bonino de Buenos Aires. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Seminario “A mirada de Michelangelo Antonioni”, na Fundación Luís Seoane

luns, 19 xullo 2010, 9:36 | Category : cinema, seminario
Tags : ,

Do martes 20 ao venres 23
Fundación Luís Seoane (rúa San Francisco, s/n).
Entrada para os previamente matriculados.

Baixo a dirección de Alberto Ruiz de Samaniego, e coa participación de Daniela Aronica, Juan Barja, Fernando Castro Flórez, Domènec Font, Jesús González Requena, José Manuel Mouriño, Jaime Pena, Alberto Ruiz de Samaniego, Daniel Sánchez Salas e José Manuel Sande.
Michelangelo Antonioni (Ferrara 1912-Roma, 2007) foi, xunto a Jean-Luc Godard, un dos últimos representantes da vangarda cinematográfica europea. Neste seminario profundizarase nos distintos postulados estéticos e creativos do director italiano, así como a recepción das súas películas en España, a imaxe da muller na súa obra, as relacións de parexa na súa obra, a intersección desta coa arte e a estética contemporáneas... resumindo, todos aqueles aspectos que fan que aínda hoxe en día se lle considere á vangarda dun xeito de entender o cine e, sobre todo, do concepto de modernidad na súa máis ampla acepción.
Pódese descargar o programa aquí. Máis información na páxina web da Fundación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición fotográfica “A interpretação dos sonhos”, de Jorge Molder

Do 16 de xullo ao 10 de outubro
De martes a sábado: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00,
Domingos de 11:00 a 14:00; luns: pechado
Fundación Luís Seoane (rúa San Francisco, s/n)
Entrada libre até completar capacidade.

"A interpretação dos sonhos", ademais de dar título á exposición, é o nome dunha serie de fotografías do artista portugués Jorge Molder que, xunto a "O pequeno mundo" e "Não me tem que contar o que seja for", conforman a mostra que acollerá a Fundación Líis Seoane a partir do 16 de xullo, no que constituirá a súa única escala no noso país, despois de terse inaugurado no ano 2009 na Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa e viaxado á sé que a institución portuguesa ten en París, no ano 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición de pintura “A intuición do xeo. As Montañas Encantadas”, de Michelangelo Antonioni

Do 16 de xullo ao 10 de outubro
De martes a sábado: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00;
Domingos: de 11:00 a 14:00; luns: pechado
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n)
Entrada libre até completar capacidade.

Por vez primeira en España exporase a serie "As Montañas Encantadas", unha oportunidade única para coñecer a obra pictórica do director de cine italiano Michelangelo Antonioni (Ferrara, 1912-Roma, 2007). A exposición constitúe unha excelente ferramenta para afondar nunha parte do legado artístico que nos deixou un dos últimos representantes da vangarda e da modernidade no mundo do cine, a través dunha escolla de 52 obras pertencentes á serie orixinal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do “Dicionario Seoane” e o documental “Luís Seoane: visualidade, recordo e síntese”

Mércores 30
19:00
Fundación Luís Seoane (San Francisco, s/n)
Entrada: libre até completar capacidade

Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Luís Seoane: a configuración do posible”, unha exposición panorámica

venres, 16 abril 2010, 11:43 | Category : Arte, exposicións
Tags : , ,

009Desde o 10 de abril e até o 4 de xullo a Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n) ofrece a exposición: "Luís Seoane: a configuración do posible". Horario: martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 A 20:00; domingos de 11:00 a 14:00; luns: pechado.
«[...] "Luis Seoane: a configuración do posible" organizada pola Fundación Luis Seoane e a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC) ten, pois, dous obxectivos: presentar o legado nunha mostra que actúe coma ensaio en profundidade sobre a obra de Seoane e as súas fontes e renderlle unha
homenaxe a un artista que soubo manter en todo momento unha coherencia estética, ideolóxica e vital, algo que, visto coa perspectiva suficente supuxo un acto non só de valentía, senón tamén de compromiso e sacrificio a partes iguais.
011A mostra xira ao redor de sete apartados principais: Trazos e figuras, que reúne a obra na que a influencia das Vangardas Históricas faise máis patente; Guerra, capitalismo, exilio e emigración, onde afóndase no compromiso político de Seoane; Paisaxes e realidades elementais, que agrupa a obra paisaxística e os bodegóns; Ensoñacións e mundos míticos, onde explórase a sublimación mítica da identidade galega; Bestas inventadas, cunha escolla dos bestiarios realizados por Seoane na década dos setenta; Deseño, creación, ilustración: literatura, sección na que analízase ao Seoane deseñador gráfico e editor e, por último, Autorretratos, obras nas que o artista convértese en protagonista da análise pictórica. [...]»

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Alberto Ruiz de Samaniego na Luis Seoane

venres, 12 marzo 2010, 12:00 | Category : conferencias
Tags : ,

Este venres 12 de marzo, ás 20:00h, o crítico de arte e director da Fundación Luis Seoane, Alberto Ruiz de Samaniego, ofrecerá a conferencia Notas cinematográficas acerca da enfermidade. Esta intervención pechará o ciclo de conferencias Muestra la herida, que se desenvolveu en parelelo á exposición homónima.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de José Carro Otero na Luis Seoane

mércores, 3 marzo 2010, 15:30 | Category : Arte, ciencia, conferencias
Tags : ,

Este venres 5 de marzo ás 20:00h o doutor en Medicina e presidente da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia, José Carro Otero, ofrecerá a conferencia Antoloxía de expresións da medicina na arte ata a Idade Contemporánea dentro do ciclo que está a ter lugar no salón de actos da Fundación Luis Seoane. Este acto enmárcase dentro da programación vencellada á mostra LA HERIDA. LA ENFERMEDAD (ARTE Y MEDICINA I).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo “Cine e nazismo” na Fundación Luis Seoane

luns, 8 febreiro 2010, 10:15 | Category : cinema
Tags : ,

Luns 8:
Shoah, cap. 1, 1ª época (Claude Lanzmann, 1985. Dur.: 60 min)
Histoire(s) du cinéma: Toutes les histoires (Jean-Luc Godard, 1988. Dur.: 51 min)

Martes 9
¿Quién mató a Walter Benjamin? (David Mauas, 2005. Dur.: 73 min). Esta proxección será presentada polo autor do filme, David Mauas, quen participará nunha mesa redonda con Alberto Ruiz de Samaniego e José Manuel Mouriño ao remate da mesma.

Mércores 10
O triunfo da vontade (Leni Riefenstahl, 1935. Dur: 111 min)

Xoves 11
Imaxes dos campos de concentración realizadas polo exército inglés en 1946 e supervisadas por Alfred Hitchcock (Dur.: 40 min)
O retorno (Henri Cartier-Bresson, 1937. Dur.: 32 min)

Venres 12
Brutalidade en pedra (Alexander Kluge, 1960. Dur.: 12 min)
Auschwitz – dous documentais: Capítulos na vida de Werner Bab / A liberación de Auschwitz
(Christian Ender, 2006 e Irmgard von zur Mühlen, 1986. Dur.: 115 min)

Luns 15
Imaxes do mundo e epitafios de guerra (Harun Farocki, 1988. Dur.: 90 min.)

Mércores 17
Nuit e brouillard (Alain Resnais, 1955. Dur.: 30 min.)
Eût-elle été criminelle e Dies Irae (Jean-Gabriel Périot, 2006 e 2005. Dur.: 20 min.)

Ao remate destas proxeccións terá lugar a presentación do catálogo da exposición de Xesús Vázquez, Neve negra.

Todas as sesións darán comezo ás 20 horas no Salón de Actos da Fundación Luis Seoane.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia na Fundación Luis Seoane

mércores, 3 febreiro 2010, 21:00 | Category : conferencias, exposicións
Tags : ,

O xoves 4 de febreiro ás 20:00 a escritora e comisaria independente Effie Komninou impartirá no salón de actos da Fundación Luis Seoane a conferencia Iconographies of Disease: the representantion of the female patient in contemporary visual arts (Iconografías da enfermidade: a representación da muller enferma na arte contemporánea). Este acto forma parte do ciclo de conferencias que a Fundación ofrecerá ata o remate da exposición Muestra la herida. La enfermedad (Arte y enfermedad I). A conferencia contará con traducción simultánea. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O debuxo animado americano, exposición na Fundación Luís Seoane

xoves, 16 xullo 2009, 13:00 | Category : cinema, exposicións
Tags : ,

Exposición O DEBUXO ANIMADO AMERICANO. UNHA ARTE DO SÉCULO XX. Pezas da colección Luciano Berriatúa. Ademais, prosegue a exposición coa obra do debuxante Max, MAX HIPNOTOPÍA, até o 6 de setembro. Na Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n), co seguinte horario: de martes a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00; domingos, de 11:00 a 14:00; luns pechado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Seminario "Estéticas da animación" na Fundación Luis Seoane

mércores, 1 xullo 2009, 13:30 | Category : cursos
Tags : ,

logo_seoaneO venres 3 de xullo remata o prazo para matricularse no seminario ESTÉTICAS DA ANIMACIÓN, que terá lugar do 7 ao 10 de xullo de 2009, organizado pola Fundación Luis Seoane en colaboración coa UIMP. Información e matrículas: Secretaría de Alumnos da UIMP, tel. 981 140830. Podedes descargar o folleto informativo neste enderezo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fotografías de Andrei Tarkovski na Fundación Luis Seoane

venres, 17 abril 2009, 16:00 | Category : cinema, exposicións, fotografía
Tags : ,

Desde o 16 de abril ata o 31 de maio a Fundación Luis Seoane acollerá, por vez primeira en España, a colección completa de polaroids que o cineasta ruso fixo entre 1979 e 1984 nas cercanías da súa dacha rusa e diversas localizacións en Italia. A mostra, titulada LUZ INSTANTÁNEA. FOTOGRAFÍAS, ITINERARIOS E SAUDADES DE ANDREI TARKOVSKI, contará ademáis cunha instalación audiovisual baseada na súa película Nostaxia, así como cun ciclo de documentais sobre o xenial realizador de Solaris e A infancia de Iván e, de xeito exclusivo, un debuxo inédito de gran formato de Tarkovski.

polaroid-blog-1Andrei Tarkovski (1932-1986) é recoñecido na actualidade, xunto a Sergéi Eisenstein, coma o cineasta ruso máis importante de tódolos tempos, e un dos máis destacados directores da historia do cine. Aínda que a súa película máis coñecida segue sendo probablemente a adaptación da novela de Stanislaw Lem Solaris en 1972, pola que obtivo ese mismo ano o Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cannes, a súa filmografía ten un significado moito máis profundo, e é entendida hoxe en día coma unha reflexión constante e coherente sobre a relación entre tempo e imaxe. Esta última -a imaxe- será protagonista indiscutible do desenvolvemento artístico do cineasta ruso desde un punto de vista tanto práctico coma teórico, o que lle levará a reflexionar sobre a mesma a través non só do cine, senon tamén das artes escénicas, o xénero documental, o ensaio e a fotografía, soporte este último ao que pertence o grupo de instantáneas polaroid que conforman a mostra Luz Instantánea, que presenta nesta ocasión a Fundación Luis Seoane.

O eixo central do proxecto expositivo xira ao redor de 80 fotografías polaroid tomadas por Andrei Tarkovski nas cercanías da súa dacha rusa e en diversas localizacións italianas entre 1979 e 1984, época na que o cineasta se atopaba inmerso na realización da súa primeira película rodada no extranxeiro, Nostalxia. Ésta é unha circunstancia que aparece nas propias instantánteas, xa que nelas podemos comprobar toda unha serie de minuciosos ensaios sobre os encadres, motivos ou mesmo tonalidades cromáticas que finalmente formarán parte do seu penúltimo film.

Sen embargo, o que converte a estas fotografías en documentos excepcionais é a súa dimensión autobiográfica. Desde este punto de vista e baixo a intensidade contida nestes apuntes instantáneos, nos que semella dilatarse indefinidamente o tempo e a súa brétema, atopamos unha serie de inestimables documentos que dan fe da preocupación do seu autor por desentramar o misterio de toda imaxe -en especial a do propio fogar- e o sentido da súa propia melancolía, presente en toda a súa obra.

polaroid-blog-2A presenza desta colección de polaroids nas salas da Fundación Luis Seoane supón unha oportunidade única a nivel nacional, pois xamais tiñan sido expostas en España con anterioridade. A este factor fundamental, súmase o feito de que 20 das fotografías presentes nesta exposición foron atopadas recentemente e incluidas na devandita colección, o que singulariza aínda máis a proposta. Pero o carácter de primicia non só se limita ao número final de fotografías nin á súa chegada por vez primeira ao noso país: dentro do proxecto da Fundación Luis Seoane preséntase por vez primeira, tanto en España coma no extranxeiro, un debuxo de gran formato feito polo propio Andrei Tarkovski, tamén relacionado coa rodaxe de Nostalxia, un deseño a escala que o director ruso fixo para a construcción dunha reproducción da súa propia dacha rusa que sería incluida en varias secuencias do film. Este debuxo inédito sinala o punto de partida do proceso de análise e traballo realizado pola Fundación para esta exposición, pois ilustra o motivo sobre o que se pretende reflexionar a partir de aquelas pequenas instantáneas: a figura da “casa” ou o “fogar” na obra de Tarkovski.

Fillo do poeta ruso Arseni Tarkovski e da actriz Maria Ivanovna, a súa formación académica tivo lugar no Instituto de Cinematografía Gerasimov, en donde foi alumno doutro gran realizador soviético, Mikhail Room, de quen aprendería un concepto fundamental na súa obra, a de considerar o cine coma un xeito de esculpir no tempo. Herdeiro directo do gran Alexander Dovjenko, desenvolveu un léxico e unha concepción do quefacer cinematográfico sumamente personal e inconfundible. Dada a solidez das súas conviccións e o profundo vencello que existe en todo o seu corpus creativo, a súa morte prematura en 1986 non deixou unha filmografía mutilada na súa orientación conceptual, senón unha fermosa e extremadamante coherente herdanza artística pese á súa escasa producción, limitada a sete títulos: A infancia de Ivan, Andrei Rubliev, Solaris, O espello, Stalker, Nostalxia e Sacrificio, prácticamente todas ellas obras de culto cinéfilo e premiadas cos máis altos galardóns da crítica nos principais festivais internacionalis como o de Venecia, Cannes ou San Francisco. Estas películas son sen dúbida a mellor mostra do xenio “tarkovskiano”, así coma un exemplo excepcional da vertente poética e de vontade trascendente desta arte.

Mirador Sonoro
O espazo Mirador Sonoro da Fundación Luis Seoane ofrecerá unha escolla de pezas clásicas incluidas por Andrei Tarkovski nas súas películas, así coma unha serie de temas musicais elaborados por artistas contemporáneos inspirados polo cine e a figura do director ruso.

Ciclo de documentais
Grazas á colaboración do festival de cine documental Punto de Vista de Pamplona se proxectará o ciclo Querido Andrei, composto por unha serie de documentais sobre Tarkovski realizados por autores da talla de Alexander Sokurov, Chris Marker o Sergei Paradjanov.

Instalación audiviosual
A exposición remata cunha instalación audiovisual baseada na película Nostalxia, que, como xa indicaramos, está vencellada tanto ás fotografías da mostra coma ao debuxo inédito de Andrei Tarkovski. As imaxes da instalación pertencen a un proxecto documental baseado nun percorrido polas localizacións orixinais de Nostalxia. Tamén de Nostalxia, se emitirán unha serie de entrevistas a personas vencelladas á película e ao seu director, como Andrei A. Tarkovski, fillo do director, Tonino Guerra, guionista do film ou Domiziana Giordano, unha das súas protagonistas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comeza o ciclo James Benning no CGAI

martes, 10 febreiro 2009, 12:30 | Category : cinema
Tags : , , , ,

Coa proxección mañá mércores 11 de febreiro do filme 13 Lakes dá comezo no Centro Galego de Artes da Imaxe o ciclo dedicado ao cineasta estadounidense James Benning, organizado en colaboración con Punto de Vista (Festival Internacional de Cine Documental de Navarra) e a Fundación Luís Seoane. O ciclo, que se estenderá ao longo dos meses de febreiro e marzo, é unha oportunidade excepcional para achegármonos á obra dun dos directores máis radicais e singulares do cinema contemporáneo, autor de filmes que non son “documentais experimentais sobre a xeografía e a historia de lugares determinados”, senón xenuínas “experiencias cinemáticas sobre estar “en” determinados lugares”. Poden consultar a programación do ciclo neste enderezo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google