Fórum Metropolitano: “A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz”, polo Teatro do Andamio

Sábado Os tres porquiños14
Fórum Metropolitano
19:00
Entradas: 3 euros (abono de 3 entradas por 6 euros).

Espectáculo de actores e obxectos que narra "A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz"... mellor dito, dos dous porquiños e a súa irmá, unha porquiña moderna, intelixente e loitadora. Con Gema Ulloa e Nacho Martin, baixo a dirección de Pablo Nojes, do Teatro do Andamio. Promovido pola Fundación Manuel María. Para público entre 4 e 9 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!!” na Biblioteca do Castrillón

Desde Rosalia en Castrillono luns 13 de decembro
Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza Pablo Iglesias, s/n.)
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición itinerante "Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!!" é unha iniciativa da Fundación Manuel María que pretende conmemorar o 125 aniversario da morte da autora de "Follas Novas". Os visitantes camiñarán arredor dunha serie de modernos paneis onde se fai un percorrido pola traxectoria da escritora galega, e que estará viaxando pola Comunidade ata finais de ano. A inauguración terá lugar o luns 13 de decembro ás 17:00 h., e contará coa asistencia de Silvia Seixas, Alberte Ansede e María Xosé Bravo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “Galiza”, obra inédita de Manuel María, e do proxecto da súa Casa Museo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña 2010. A cidade que le: actividades do cuarto trimestre

Detallamos A cidade que lea continuación as actividades deste cuarto trimestre da campaña A cidade que le. Nesta última fase da campaña de lectura participan as Bibliotecas da cidade pero tamén outras entidades: Universidade da Coruña,  Fundación Manuel María, Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega e Real Academia Galega:

- A BIBLIOTECA DO CONSULADO E AS XOIAS DA ILUSTRACIÓN TARDÍA. Unha visita guiada o 2º xoves de cada mes, ás 18:00 h. para amosar á cidadanía a biblioteca da fundación pública máis antiga do estado e os seus fondos. É preciso anotarse no número de teléfono 981 206 274 begin_of_the_skype_highlighting              981 206 274      end_of_the_skype_highlighting ou no correo electrónico  bibliocasaconsulado at gmail.com.

- VISITAS GUIADAS Á REAL ACADEMIA GALEGA. Para coñecer os fondos e pezas senlleiras que acolle esta institución, realízanse visitas guiadas todos os mércores de novembro ás 17:30 h. É preciso anotarse no teléfono 981 189 830, ext. 12026 ou no correo electrónico  cultura at coruna.es. Realizadas pola propia Real Academia Galega.

- OS XOVES NA SAGRADA. O encontro con culturas doutros países a través da súa música. Neste caso música do Brasil con Bernando Tonasse, músicas e bailes do Senegal con Gal Sene, de Cabo Verde, Angola, Portugal e Galiza con Aline Frazão e César Herrans, Huayras do Ecuador, músicas do leste, Rusia, Ucraína...con Nadia Nikitina e reggae con Pinnaacle Roots Reggae Band. Lugar: Biblioteca Sagrada Familia os días 21, 28 de outubro, 4 e 18 de novembro, 2 e 16 de decembro ás 19:30 h. Os concertos complétanse co obradoiro "Desde a sabana africana á música máis occidental" no que se fará un percorrido desde os tambores ancestrais da sabana até a música occidental dos nosos días, o jazz, blues, rock, música latina... os días 13, 20 e 27 de novembro de 11:30 a 13:30 h.

- OUTONARTE: Eu tamén animo! O conto non remata na marxe dos libros e podemos facer que cobren vida de moitas maneiras. Unha delas é convertelo nun filme, e iso imos facer. A partir dun conto de OQO editora, os pequenos desenvolverán coa técnica stop motion a animación da obra, imaxe, voz e música. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil os días 15, 22 e 29 de outubro.

- TEATRO: Casa de muñecas de Henrik Ibsen. No Teatro Rosalía de Castro, representación o 29 e 30 de outubro. Farsa das zocas de Ricardo Carvalho Calero. O día 6 de novembro no Fórum.

- CUN LIBRO DEBAIXO DO BRAZO. As Bibliotecas Municipais visitarán o Hospital Materno Infantil para agasallar o primeiro libro a nenos e nenas que nazan entre o 15 de novembro e o 15 de decembro e entregarlles o carné de asociado.

- LETRAS NO MERCADO. No mes de outubro as Bibliotecas Municipais, sairán aos mercados promovendo a lectura, ofrecendo "canapés de lectura", distribuíndo polos postos do mercado libros e guías con recensións de obras, recomendacións de lecturas, etc. Do 21 ao 23 de outubro.

- "RUTA DO BACALLAU". Con motivo da celebración do Ano do Libro e da Lectura, as Bibliotecas Municipais saen aos Mercados Municipais. Unha compra diferente, alternativa, onde os libros e a literatura serán os grandes protagonistas. Un percorrido animado e divertido por todo o mercado coa xente das bibliotecas, con parada en todos os postos, descubrindo sorpresas, xogando na sección téxtil, probando os mellores cafés, deixando voar a imaxinación entre as froitas e verduras, gozando coas riquísimas carnes, navegando entre os sosegados peixes, deixando para o final a mellor das reposterías. Unha boa mestura para pasar un anaquiño coa máis saborosa das compañías: OS NOSOS LIBROS. Datas: do 25 ao 29 de outubro de 11:00 a 11:45 h. nos mercados de Elviña, As Conchiñas, Monte Alto, San Agustín e Praza de Lugo. Sorteo: Participa nesta actividade e entrarás no sorteo dun lote de libros!!! Inscrición: do 21 ao 23 de outubro nos Mercados Municipais, nos postos dos libros.

- ACTIVIDADES NAS BIBLIOTECAS.
Obradoiros de arrolos: cantar e contar desde o principio. Para pais e nais que esperan bebé e queren recibilo con arrolos, nanas e contiños, organízase un obradoiro nas Biblioteca Municipais para aprender a cantarlles e contarlles aos máis pequenos. Con Gloria, do grupo musical "Mamá Cabra". No mes de decembro.
Obradoiro de debuxo e/ou cómic. Santy Gutiérrez desenvolverá divertidos exercicios para que rapaces e rapazas aprendan como ilustrar un conto infantil. Na Biblioteca do Castrillón, o día 20 de outubro.
Obradoiro de banda deseñada. Repaso e posta en prácticas de elementos da linguaxe do cómic. Con Jacobo Fernández Serrano. Na Biblioteca Municipal de Monte Alto, o día 28 de outubro.
Obradoiro de escrita creativa. A través de xogos de prestidixitación literaria, achegarémonos ás claves do proceso da escrita. Con Estíbaliz Espinosa. Na Biblioteca de Estudos Locais os días 9, 11, 16 e 18 de novembro.
Obradoiro de aproximación á ilustración gráfica. Dun xeito lúdico, seguiremos os pasos para a ilustración dun libro infantil. Con Óscar Villán Seoane. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil, o día 26 de novembro.
Clubs de Lectura. Para gozar da lectura compartida, grupos de persoas afeccionadas á lectura reúnense periodicamente para comentar e valorar un libro escollido das Bibliotecas Municipais, co apoio dun coordinador/a. Biblioteca do Castrillón, todos os mércores de mes. Fórum, todos os martes de mañá e mércores pola tarde. Biblioteca de Monte Alto, todos os martes de mes.
Escribir é xogar. Obradoiro de escrita creativa para adolescentes. Coordinado por Pedro Ramos, será na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, todos os martes a partir do 19 de 18:00 a 20:00h.
Merendas con Contos. Non esquezas que Fuco, Ratapón e a súa familia convídannos a degustar unha suculenta merenda nas Bibliotecas Municipais. O menú, como non, CONTOS...de aquí e de alá, de antes e de agora. Non faltes á cita.
Concurso de Biblioclips. A entrega de premios aos gañadores deste concurso, será na Biblioteca da Sagrada Familia, o día 28 de outubro ás 19:30h.

- CANTOS DE REIS. Obradoiros nas Bibliotecas Municipais para recuperarmos e continuarmos cantando a tradición do Nadal que perviviu ao longo dos séculos, para aprender os Cantos de Reis e seguirlles transmitindo parte do noso patrimonio ás vindeiras xeracións. Finalizan cun concerto participativo no Fórum.

- PROGRAMA DE LECER NO FÓRUM. No amplo abano de actividades que ofrece o programa de LECER no Fórum, aínda podes participar no obradoiro “As nosas letras”. Unha proposta de Dores Tembrás de explorar os distintos xeitos de ler, os modos con que nos enfrontamos á obra literaria desde a nosa propia literatura. Os mércores de 17:00 a 18:00 h.

- EXPOSICIÓN “ARS LIGATORIA”. ELABORACIÓN DE LIBROS ARTESANAIS. do 17 de novembro ao 9 de xaneiro na Sala de Exposición de Durán Loriga. Pór en valor o traballo artesanal no deseño e encadernación de libros. Faranse obradoiros de encadernación na Biblioteca Infantil e Xuvenil para o alumnado dos centros de primaria os días 22, 23, 25 e 26; para usuarios das bibliotecas o día 30 pola tarde.

- EXPOSICIÓN “A CORUÑA NA CREACIÓN DO LIBRO GALEGO”. Neste 2010 celebramos o bicentenario da edición do primeiro libro escrito en galego: "Proezas de Galicia". Do 13 de outubro ao 21 de novembro na sala de exposicións do Pazo Municipal. En colaboración coa Real Academia Galega.

- EXPOSICIÓN “ROSALÍA SEMPRE VIVA. VIVA ROSALÍA”. Realizada pola Fundación Manuel María, fai un percorrido pola vida e obra da autora máis importante das nosas letras. Do día 8 ao 18 de decembro na Biblioteca do Castrillón.

- EXPOSICIÓN “CARVALHO CALERO. DE PUÑO E LETRA”. Realizada pola AS-PG con motivo do centenario do seu nacemento. É unha homenaxe ao autor da primeira historia da literatura galega. Casa Museo Casares Quiroga do 30 de outubro ao 30 de novembro.

- EXPOSICIÓN “M100guel”. (1910 – 2010) 100 anos de Miguel Hernández. Mostra bibliográfica que recorrerá todas as Bibliotecas Municipais ao longo do último trimestre do ano.

- XORNADAS “RICARDO CARVALHO CALERO: CIENCIA, LITERATURA E NACIÓN”. Un repaso polo miúdo á obra deste insigne ferrolán da man de recoñecidos especialistas. Organiza a Universidade da Coruña. Do 24 ao 27 de novembro, na Reitoría (Maestranza), e o sábado 27 na Casa Casares Quiroga. O día 24 espectáculo poético-musical ás 21:00 h. no Teatro Rosalía Castro con Ugia Pedreira e Fred Martins (Gratuíto)

- POETAS DI(N) VERSOS. No mes de novembro comeza de novo o ciclo de poesía que na anterior edición reuniu a poetas do Estado o tamén de Portugal. Unha vez máis, teremos oportunidade de gozar da poesía galega en comunicación e diálogo con outras voces poéticas. A cita será na Casa da Cultura Salvador de Madariaga unha vez ao mes.

- GALEUSCA. Este ano A Coruña é a sede do Encontro de escritores galegos, vascos e cataláns. Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), terá lugar do día 29 ao 31 de outubro na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga). O encontro finaliza cunha actuación de Xabier Díaz o 31 ás 19.00h. (Entrada libre)

- V ENCONTRO “NOVOS ESCRITORES”. É unha oportunidade para se encontrar e coñecer cales son as necesidades, proxectos e expectativas que dentro da nosa literatura teñen @s nov@s creador@s. Organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Día 6 de novembro no Kiosco Alfonso.

-MEMORIAL IBÁN TOXEIRO. Organizado pola A. C. Alexandre Bóveda, pretende achegar á cidadanía o teatro amador e manter viva a memoria do desaparecido mozo actor. Día 18 de novembro no Teatro Rosalía Castro. (Entrada libre).

- ELAS FALAN. Espectáculo poético-musical co grupo OURIOL. Organiza a Concellaría de Igualdade. Día 26 de novembro no Teatro Rosalía Castro.

- JAZZ+CIENCIA. Recital de textos científicos a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. Actuación musical de Abe Rábade. O día 27 de outubro no Teatro Rosalía Castro.

- AS BIBLIOTECAS NA REDE:
- Fancómic, blog de cómic.
- Ciberclub, Club de lectura.
- CCI Clube de Ciencia e investigación.
- Corto e cambio, blog de literatura.
- Galicia móvese, cultura galega.

Aquí se poden descargar todas as actividades en formato .pdf: A cidade que le 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Lúas de outono. Homenaxe a Manuel María

Martescartaz manuel maria 7
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

LÚAS DE OUTONO pretende ser a rememoración dunha vida e dunha obra e a reivindicación da súa vixencia, comemorando o sexto aniversario do pasamento do poeta Manuel María. Nesta gala de homenaxe Uxía cantará poemas do autor chairego, acompañando un recital no que participan Pilar Pallarés, Luz Pozo Garza, Cesáreo Sánchez Iglesias e Miguel Anxo Fernán Vello. O acto está organizado pola Fundación Manuel María e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google