Exposición fotográfica “Adestrando un soño”, de Gabriel Tizón, no exterior do Palacio de Deportes

venres, 27 maio 2011, 11:28 | Category : exposicións, fotografía
Tags : , ,

DoGabriel Tizón venres 27 de maio ao mércores 31 de agosto
Exterior do Complexo Deportivo de Riazor
Acceso libre.

"Adestrando un soño" é un proxecto de Gabriel Tizón (Ferrol, 1973) de exposición fotográfica na rúa. Ocupando as vidreiras do complexo deportivo de Riazor, sete grandes imaxes nos mostras a nenos de África xogando ao fútbol, sen dúbida o deporte máis seguido do continente. Boa parte do ocio de nenos, mozos e adultos xira en torno ao fútbol. Para moitos destes mozos Europa é o mundo dos grandes futbolistas, con contratos millonarios. Chegar a esa rica Europa é o obxectivo e o fútbol é o máis grato dos camiños. Con estas imaxes o xogo destes nenos poderá ser contemplado nun grande estadio como é Riazor. Dirixido ao gran público, ten unha mensaxe especial aos nosos nenos e mozos: o deporte é basicamente un xogo que para ser gozado non necesita uns grandes medios. Pretende tamén chamar a atención aos nosos deportistas profesionais e unha petición de implicación social. Organizado polas Concellarías de Deportes e de Cultura, as sete imaxes ocupan case 100 metros cadrados das ventás do pavillón municipal, sendo visibles dende o paseo e a praia de Riazor. A exposición permanecerá durante o verán.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Nais de África, fotografías de Gabriel Tizón

venres, 5 marzo 2010, 15:00 | Category : exposicións, fotografía
Tags :

NAIS DE ÁFRICA

A mellora da calidade de vida dos países en vías de desenvolvemento pasa pola incorporación da muller á vida económica, social e cultural. A exposición Nais de África mostra os retratos que Gabriel Tizón fixo dunhas nais que comprenden idades entre 14 e 65 anos, da rexión de Biur, en Guinea Bissau. Reivindica o valor destas mulleres na súa sociedade. Traballan dentro e fóra de casa, son responsables da educación e a supervivencia dos seus fillos... son unhas heroínas anónimas. A exposición estará nas ventás exteriores da Subdelegación do Goberno até o día 11 de abril.

NAIS DE AFRICA2
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google