Venres
10
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Remata o "Ciclo Escrita(s) 2011", que, baixo o título de "Circunvolucións", consistiu nunha serie de charlas na que se abordou a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. Nesta décima e derradeira charla deste ciclo, Marcos Pérez falará sobre "A demolición é o ferro que nos (des)arma": "A esquerda asómase a un tempo completamente novo, a unha caste de 'horizonte do infinito' -onde xa non hai máis terra- perdendo a loita pola hexemonía e obrigada a recomezar a Historia in medias res. A esquerda, ferida pola sociedade de consumo, a fe no progreso, o antihumanismo, o individualismo e os espazos privados, esqueceu o cerne do seu discurso: a comunidade, o colectivo, a democracia, a fraternidade republicana. Cómpre mirar aos ollos á derrota, fender os valados, desfacer as barricadas e os dogmas e atoparse nun movemento ubicuo e multiforme. Aplicando o verso (remudado) de Lois Pereiro, máis que demoler, cómpre construír. Cómpre resocializar a política, recuperar a iniciativa, recuperar a indignación."