Galería Sargadelos: recital de poesía e música, con Roberto Reséndiz Carmona

Xoves zz410
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:15
Entrada libre até completar capacidade.

Recital de presentación do poeta de Zamora de Michoacan (México) Roberto Reséndiz Carmona. No acto participan Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval, Olga Patiño e o propio autor mexicano, coa compaña dos músicos César Morán e Xosé Taboada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición de Manolo Figueiras, “Mitografías”, na Galería Sargadelos

xoves, 3 febreiro 2011, 10:35 | Category : exposicións, pintura
Tags : , ,

Do venres 4 de febreiro ao venres 4 de marzo
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
De luns a sábados de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición da obra pictórica de Manolo Figueiras (México, 1961): "Mitografías". A inauguración terá lugar o venres 4 de febreiro ás 20:30 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia “Honduras: un ano do golpe, un ano de resistencia popular”

luns, 28 xuño 2010, 9:15 | Category : conferencias
Tags : ,

Luns 282010-06-28 Honduras Sargadelos
19:30
Galería Sargadelos (Real 56)
Entrada libre até completar capacidade.

Proxectarase o documental "Quién dijo miedo". Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

ESCRITA(S): “A viaxe do comediante”, por José Manuel Sande

xoves, 29 abril 2010, 10:23 | Category : conferencias
Tags : , ,

Xoves 29
20:00
Galería Sargadelos (Real 56)
Entrada: libre até completar capacidade

"A viaxe do comediante", por José Manuel Sande, dentro do ciclo ESCRITA(S): OUTRO QUE OUTRO. Máis información: www.sargadelos.com

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Visita ao panteón tipográfico”, por X. Carlos Hidalgo

venres, 23 abril 2010, 11:00 | Category : coloquios
Tags : , ,

Venres 23;
Horario: 20:00;
Galería Sargadelos (Real 56).
Entrada: libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "ESCRITA(S): OUTRO QUE OUTRO". Máis información: www.sargadelos.com.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital de poeta venezolana Estrella Gomes

luns, 4 xaneiro 2010, 15:00 | Category : poesía, recitais
Tags : , ,

Hoxe luns 4 de xaneiro ás 20 horas na Galería Sargadelos da Coruña terá lugar un recital presentación da poeta venezolana Estrella Gomes (Miranda, 1990). Acompáñaa no acto a escritora galega Yolanda Castaño. A entrada é libr

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O espírito da letra, presentación do libro de Luís G. Soto

xoves, 16 xullo 2009, 10:00 | Category : Libro e lectura, presentacións
Tags : ,

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Remata o ciclo Escrita(s) na Galería Sargadelos

xoves, 18 xuño 2009, 11:00 | Category : conferencias, teatro
Tags : , ,

Remata o ciclo Escrita(s) coa mesa De corpos e palabras. Tendencias escénicas para o século XXI. 20 anos de teatro contemporáneo na Galiza (1989-2009) na que intervirá o escritor Roi Vidal Ponte. As características que definen a estética contemporánea no teatro occidental e como esta estética ten ou non repercusión, aceptación e seguimento nas compañías e públicos do sistema teatral galego serán algunhas das cuestións que se aborden. Será na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) hoxe xoves 18 de xuño a partir das 20:00.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Rober Bass & Leo no ciclo Escrita(s)

mércores, 10 xuño 2009, 18:00 | Category : recitais
Tags : ,

Mañá xoves 11 de xuño ás 20 horas haberá unha nova sesión do ciclo Escrita(s) na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56), a cargo de Rober Bass & Leo. Esta é a sinopse do acto de mañá: "Rober Bass e Leo atópanse nunha autovía -os dous están abandonados- e deciden comezar unha nova vida xuntos mais para elo deberán escribir o seu currículo para atopar traballo. Eles non saben vender a súa forza de traballo, son inútiles, superfluos e proletarios. Soamente pretenden conseguir cartos para facer o único, bailar. Bailar como lobas. Neste croquis vital (en plano secuencia) sobre un mesmo, -neste caso sobre elas mesmas, pois xa superaron o xénero e o número desde a súa desmateiralización-, farán un percorrido visual pola videodanza contemporanea, sen axiomas... porque lles peta, porque son proletarias e soamente lles queda eso da conciencia de clase".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

"Sen mulleres non é democracia", coloquio na Sargadelos

Mañá mércores 10 de xuño na Galería Sargadelos celebrarase un coloquio arredor do tema Sen mulleres, non é democracia. Participarán como relatoras Rocío Lleó (ACSUR Las Segovias), Eveling Carrazco (feminista nicaragüense, experta en xénero), Lucía Trenor (Secretaría da Muller, CCOO), Xulia Mirón (Marcha Mundial das Mulleres) e Rocío Fraga (Nonmepisesofreghao). O acto comezará ás 19:30 e a entrada é libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sabela Pato no ciclo Escrita(s)

mércores, 3 xuño 2009, 20:00 | Category : conferencias
Tags : , ,

Este xoves 4 de xuño ás 20 horas o ciclo Escrita(s) organizado pola Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) acollerá á escritora Sabela Pato. A súa sesión leva por título A domadora: Imos partir dun elemento central na escrita da arte contemporánea,o artefacto. Polo camiño, perderemos a noción de obra en tanto que unidade ou complexo de sentido e caeremos no disparatado. Presentareivos á domadora e descenderemos das peanas da arte ao lugar dos obxectos comúns: alí onde nós habitamos, alí onde sempre acabamos por constatar o paradoxo, pois alén dos reclamos de claridade e de facilidade, as nosas vidas abísmanse en múltiples intersticios. Acompañarannos Alicia e a eiruga, a voz de Duras e mesmo pode que Quintana.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Oriana Méndez no ciclo Escrita(s)

xoves, 28 maio 2009, 13:30 | Category : conferencias
Tags : , ,

Partindo da noción de "identidades relacionais", a poeta e filóloga Oriana Méndez tratará de caracterizar a estrutura da blogosfera e provocar, así, a conversa sobre as capacidades que estas redes sociais (blogs) posúen á hora de repercutir ou influenciar no ámbito do pensamento e da acción política. É a blogosfera un novo espazo público ou unha extensión do que xa existía? É unha refundación da Democracia? Esas serán algunhas das preguntas sobre as cales reflexionar nesta sesión do ciclo Escrita(s) baixo o título A blogosfera e a pluriarquia. Que posibilidades?, na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56), hoxe xoves 28 de maio a partir das 20 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do poemario Fíos na Galería Sargadelos

Hoxe martes 12 de maio na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) terá lugar a presentación do libro Fíos de Diana Varela Puñal, editado por Espiral Maior. O acto contará coa participación de Suso Pensado, Miguel Anxo Fernan-Vello e a autora. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de libros de Lino Braxe e Alberte Momán

mércores, 11 febreiro 2009, 1:54 | Category : poesía, presentacións
Tags : , ,

Hoxe mércores 11 de febreiro ás 20:30 na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) presentaranse os libros gañadores do II Premio Illas Sisargas de poesía erótica convocado conxuntamente polo Concello de Malpica e a Asociación Caldeirón desta localidade. Os libros premiados foron Baile Átha Cliath de Alberte Momán, con ilustracións de Paco Souto; e Baixo o Sol de Mesina de Lino Braxe, con ilustracións de Sol Rivas. O acto contará coa participación de Paco de Tano, Sol Rivas e os dous autores, Lino Braxe e Alberte Momán. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google