Teatro Colón Novacaixagalicia: concerto “Os grandes estándares do jazz”, pola OSG Jazz Band, no Festival Mozart 2011

Venres BANNER_festival_mozart_castellano215px17
Teatro Colón Novacaixagalicia
21:00
Entradas: 8, 12, 14 e 20 euros (máis información aquí).

Prosegue o Festival Mozart 2011 co concerto "Os grandes estándares do jazz", pola OSG Jazz Band, cun programa composto polas seguintes obras:
- "Perdido", de Juan Tizol.
- "Don’t Get Around Much Anymore", de Duke Ellington.
- "Rhapsody in Blue", de George Gershwin.
- "Bye bye blackbird", de Ray Henderson.
- "Maids of Cadiz", de Léo Delibes.
- "On Green Dolphin Street", de Bronislau Kaper.
- "Taste of Honey", de Bobby Scott e Rick Marlow.
A Jazz Band da Orquestra Sinfónica de Galicia está formada por Gertraud Brilmayer e Julián Gil (violíns), Scott Hardy (violonchelo), Roberto Somoza (saxo), John Aigi e Tom Purdie (trompetas), John Etterbeck (trombón), Petur Eiriksson (trombón baixo e teclados), Gastón Rodríguez (guitarra), Risto Vuolanne (contrabaixo e director) e Vladimir Rosinskij (batería).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: Gala dos premios María Casares

Mércores 23
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Nova edición da gran festa do teatro galego, na que se darán a coñecer os gañadores nas trece categorías a concurso, retransmitida pola TVG. Previamente terá lugar un espectáculo de variedades do estraño circo do "Doutor Crisé", converténdose no fío condutor da Gala de entrega dos XV Premios de Teatro "María Casares". A temática escollida para o espectáculo pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) consistirá, segundo Carlos Sante, nun espectáculo inspirado nas feiras e circos que percorrían o mundo amosando artistas e monstros da natureza na mesma carpa. Tamén hai referencias a filmes como 'A parada dos Monstros' de Tod Browning ou 'O noviño Frankestein' de Mel Brooks. Ritmo de espectáculo terrorífico… bailarinas zombis, cómicos excéntricos, trapecistas vampiros, cabareteiras siamesas e números sorpresa…". Esta proposta, que partiu de Willy Éter e Carlos Sante, foi a escollida nun concurso de propostas para esta gala, que é a gran festa anual do teatro galego. A dirección conxunta do espectáculo corre a cargo de Carlos Sante e de Juanillo Esteban. A dirección musical será de Gastón Rodríguez; a idea orixinal e guión, de Willy Éter; Suso Montero é o autor da imaxe gráfica da gala así como do deseño da escenografía e vestiario; produción executiva e coordinación xeral de Marta Horjales. Gonçalo Guerreiro (caracterizado como o Doutor Crisé) será o presentador acompañado por Pedro Brandariz (como o seu axudante Casemorro). No elenco tamén haberá bailarinas (Nuria Sotelo e Ángela Blanco), actrices (Sue Moreno, Yolanda Paz, Vanessa Maceiras e Irene Liaño), trapecistas (Girisho Gordon e Raquel Veganzones) acróbatas (Fredi Muiño e Pablo Reboleiro); monologuista (Juanillo Esteban); e clown (Johnny Melville). Os músicos da cerimonia serán: Gastón Rodríguez, Fernando Lamas, Ricardo Marcos Casás e Juan Tinaquero.
Os Premios de Teatro María Casares contan con 13 categorías: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación- tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo. Este ano 11 espectáculos, dos 37 que se presentaban acadaron algún posto de finalista. A eles hai que sumar o Premio de Honra Marisa Soto, que neste 2011 recae no actor, autor e director Xan Cejudo. Con este galardón, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia quere recoñecer a longa traxectoria e a singular contribución de Xan Cejudo á profesionalización do teatro en Galicia. Os XV Premios María Casares contan coa colaboración, entre outros, de AGADIC, Concello da Coruña, Fundacion AISGE, Novacaixagalicia, GADISA , Concello de Ames, Cadena Ser e TVG.
Desde a Concellaría de Cultura animamos a todo a cidadanía a disfrutar do espectáculo e de toda a Gala.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: Obradoiro de jazz, por Gastón Rodríguez

venres, 4 marzo 2011, 9:09 | Category : música, obradoiros
Tags : , , ,

Xoves, desde o 10 de marzo
Normal (Paseo de Ronda, 47)
De 18:30 a 20:30
Inscrición: 55 euros público xeral, 35 euros membros da Universidade da Coruña (neste caso a segunda matrícula é de 30 euros). A matrícula farase na oficina da Área de Cultura da Coruña. Casa do Lagar s/n. planta baixa. Campus de Elviña. O teléfono de información é o 981-167 000, nas extensións 1975, 1954, e 1962. Prazo de matrícula ata o día 7 de marzo.

Obradoiro que propón unha viaxe pola historia do jazz a través da análise das obras, de audicións comentadas e da súa contextualización histórica, co fin de proporcionar as ferramentas esenciais para podermos gozar desta rama fundamental da música. O profesor é Gastón Rodríguez, músico e graduado superior de Jazz no Conservatorio da Coruña. Iníciase o xoves 10 de marzo ás 18:30 h., cun total de 30 horas e un máximo de 20 persoas. Están solicitados 2 créditos  de libre elección á Universidade da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Manuel Rivas presenta o acto do sábado no Rosalía

Este sábado 23 de maio ás 20:30 no Teatro Rosalía de Castro, Os libros arden mal. Homenaxe á cidade da liberdade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os libros arden mal, homenaxe á cidade da liberdade

xoves, 21 maio 2009, 10:00 | Category : homenaxes, música, poesía
Tags : , , ,


Os libros arden mal. Homenaxe á cidade da liberdade é un acto que combina literatura, música e memoria da man de Manuel Rivas (narrador), Marcos Meléndrez (cantante de tangos), Gastón Rodríguez (guitarra) e Pulpiño Viascón (voz, gaita e serrucho). Está prevista a participación doutros músicos convidados. Será o sábado a partir das 20:30 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, con entrada libre e de balde.

Este é o texto co que se presenta a actividade:

"A boca da literatura e da canción, as palabras e a música, a poesía e os tangos, entrelazan e levedan nunha conmoción sen tregua sobre o escenario. A fonte que inspira este encontro é a novela Os libros arden mal, de Manuel Rivas, que ten por escenario a cidade da Coruña. Desta obra, co gallo da súa publicación en Francia, o xornal Le Monde dixo que provoca no lector “emoción, asombro, marabilla e pracer”.

O punto de arranque desta “historia dramática da cultura” é un feito real, o da queima de libros que tivo lugar en agosto de 1936 nas proximidades da dársena coruñesa. Aquelas fogueiras tentaban queimar para sempre o corazón libertario da cidade. Porque se hai unha esencia fundacional da Coruña é o amor pola liberdade.

Fronte a esa pulsión totalitaria, que trata de controlar o poder as mentes, resiste e xermola a enerxía do desexo e a re-existencia, a que se expresa a través a través da literatura, a música e a memoria das que o historiador Ranahit Guha chamou as “voces baixas” ou silenciadas da humanidade". (Texto de presentación da actividade)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google