Concerto de “Galitalia Jazz Meeting” do Iberojazz 2011

martes, 25 xaneiro 2011, 11:43 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Finaliza a sexta edición do Iberojazz 2011 o 26 de xaneiro, con esta actuación:
- Mércores 26. Teatro Rosalía de Castro - 21:00 h. Presentación do proxecto orixinal "Galitalia Jazz Meeting", que une a riqueza e madurez do jazz italiano coa frescura do jazz das novas xeracións galegas, encargado pola organización do Iberojazz ao Departamento de Jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña e á Saint Louis College of Music de Roma: un encontro musical de creación propia que servirá para celebrar a primeira licenciatura de Jazz de Galicia. Actuará a Big Band do C. S. M. da Coruña con Rosario Giuliani como artista invitado. Kin García e Antonio Solimene dirixirán a banda. O concerto será gravado en directo para realizar posteriormente un DVD. Entrada: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 5 euros).
O programa completo pódese descargar aquí: Iberojazz 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Clases maxistrais de Antonio Solimene e Rosario Giuliani dentro do Iberojazz 2011

Dentro das actividades da sexta edición do Iberojazz 2011, o martes 25 de xaneiro ten o seguinte programa:
- Martes 25. Auditorio Andrés Gaos do Conservatorio Superior de Música - De 10:00 a 14:00 h. Clase maxistral a cargo de Antonio Solimene, director de orquestra, pianista, compositor, arranxista e profesor da Saint Louis College of Music de Roma: "Composición motívica".
- Martes 25. Fórum Metropolitano - De 10:00 a 14:00 h. Clase maxistral a cargo de Rosario Giuliani, saxofonista, compositor e arranxista italiano: "Saxo e Improvisación".
Ambos cursos están abertos a todo o mundo e a inscripción pode facerse no propio Conservatorio Superior de Música da Coruña. Entregaranse diplomas acreditados polo Conservatorio e asinados polos profesores italianos.
O programa completo pódese descargar aquí: Iberojazz 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concertos do venres 21 de xaneiro no Iberojazz 2011

Dentro das actividades da sexta edición do Iberojazz 2011, o venres 21 de xaneiro ten o seguinte programa:
- Venres 21. Fórum Metropolitano - 21:00 h. Chema Sáiz (guitarra) - Israel Sandoval (guitarra), dúo de guitarra formado por dous especialistas na guitarra jazz e clásica española e no desenvolvemento actual da improvisación ecléctica en España para este instrumento. O dúo que compoñen Chema Sáiz e Israel Sandoval porá a súa creatividade dentro do marco da improvisación e da interpretación de música propia e estándares de diferentes procedencias culturais, con referencia especial á música norteamericana e española. Entrada: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 5 euros).
- Venres 21. Filloa Jazz - 22:30 h. Gabriel Peso trío, formado por Gabriel Peso (piano), Gustavo Hernán (contrabaixo), Borja García (batería). Presentarán material de composición propia e temas do repertorio de jazz, desde unha perspectiva histórica, evolutiva e sen esquecer a figura de Irving Berlin. Entradas: 5 euros.
O programa completo pódese descargar aquí: Iberojazz 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concertos do xoves 20 de xaneiro no Iberojazz 2011

Dentro das actividades da sexta edición do Iberojazz 2011, o xoves 20 de xaneiro ten o seguinte programa:
- Xoves 20. Fórum Metropolitano – 21:00 h. André Sarbib (piano) - Antonio Serrano (harmónica). O dúo fórmano: o armonicista madrileño Antonio Serrano, que vén de formar parte da banda de Paco de Lucía na xira e na gravación do último disco do xenial guitarrista; e o pianista e vocalista portugués André Sarbib que recentemente sacou ó mercado o disco "This is it", de gran éxito internacional e exquisitez musical, no que colabora o propio Serrano. Eles ofrecerán un espectáculo creado para o Iberojazz con novas composicións que se estrearán nesta sexta edición, na que tamén interpretarán temas do citado disco de Sarbib. Entrada: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 5 euros).
- Xoves 20. Filloa Jazz - 22:30 h. Sesión dobre do Grupo Perkutone unha proposta interesante liderada polo percusionista e batería José Antonio Rodríguez Outeda, que completan o batería Noli Torres e o tablista Vikas Triparti. Este proxecto fusiona a través da percusión de parche, os estándares do jazz cos sons latinos e hindús. En segundo lugar, tocará o trío do saxofonista José Manuel Rodríguez que completan o contrabaixista Gustavo Hernán e o propio Noli Torres na batería: unha arriscada e non menos interesante formación con temas propios. Ao final, terá lugar unha jam session a cargo dos dous grupos fusionados nos que se renderá homenaxe musical a Irving Berlin. Entradas: 5 euros.
O programa completo pódese descargar aquí: Iberojazz 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

6ª edición do Iberojazz 2011

Esta sexta edición do Iberojazz 2011, que coincide co comezo da segunda década do século XXI, quere homenaxear a Irving Berlin: quen, sen chegar a ler música máis alá dun nivel elemental, conquistou coas súas composicións a sensibilidade da cultura norteamericana e occidental do século XX. Logo de estrear o "Alexander´s Ragtime Band", un tema que o catapultou á fama no ano 1911, pasou a formar parte do grupo editorial "Tin Pan Alley" da Gran Mazá. A partir desta composición, todo foi unha suma de éxitos para Irving Berlin nunha longa carreira artística. Esta composición honrou as primeiras bandas itinerantes da historia do Jazz, que hoxe cómpre lembrar. É a sexta edición dun festival que, como cada ano, pretende ofrecerlles aos cidadáns da Coruña e a todos os visitantes unha actividade musical con algo máis de tres décadas de actividade na nosa comunidade, que medra silenciosamente cun público cada día máis crítico e cun elenco artístico de alta calidade, dentro do ámbito autonómico, nacional, ibérico e internacional. A organización do Iberojazz toma como fío condutor a composición de Berlin e aposta nesta edición por unha programación relacionada directamente coa creación de novos proxectos musicais: no plano da composición, dos arranxos, da interpretación de temas inéditos, creados para ser estreados no marco do festival. Nestes proxectos participarán artistas noveis xunto a artistas de recoñecido prestixio nacional e internacional e a colaborarán diferentes institucións públicas e privadas de ámbito autonómico e internacional que apostan pola creación e polo apoio aos novos talentos do jazz e da música creativa. Esta edición ofrecerá seis actuacións en directo e dúas máster class concentradas en catro días que terán lugar no Teatro Rosalía de Castro, no Auditorio do Fórum Metropolitano, o Club Filloa Jazz e o Auditorio Andrés Gaos do Conservatorio Superior de Música (C.S.M.) da Coruña:
- Xoves 20. Fórum Metropolitano – 21:00 h. André Sarbib (piano) - Antonio Serrano (harmónica). Ofrecerán un espectáculo creado para o Iberojazz con novas composicións que se estrearán nesta sexta edición, na que tamén interpretarán temas do citado disco de Sarbib. Entrada: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 5 euros).
- Xoves 20. Filloa Jazz - 22:30 h. Sesión dobre do Grupo Perkutone (José Antonio Rodríguez Outeda, Noli Torres e Vikas Triparti), proxecto que fusiona a través da percusión de parche, os estándares do jazz cos sons latinos e hindús; e o trío formado por José Manuel Rodríguez, Gustavo Hernán e o propio Noli Torres: unha arriscada e non menos interesante formación con temas propios. Ao final, terá lugar unha jam session a cargo dos dous grupos fusionados nos que se renderá homenaxe musical a Irving Berlin. Entradas: 5 euros.
- Venres 21. Fórum Metropolitano - 21:00 h. Chema Sáiz (guitarra) - Israel Sandoval (guitarra), dúo que porá a súa creatividade dentro do marco da improvisación e da interpretación de música propia e estándares de diferentes procedencias culturais, con referencia especial á música norteamericana e española. Entrada: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 5 euros).
- Venres 21. Filloa Jazz - 22:30 h. Gabriel Peso trío, formado por Gabriel Peso (piano), Gustavo Hernán (contrabaixo), Borja García (batería). Presentarán material de composición propia e temas do repertorio de jazz, desde unha perspectiva histórica, evolutiva e sen esquecer a figura de Irving Berlin. Entradas: 5 euros.
- Martes 25. Auditorio Andrés Gaos do Conservatorio Superior de Música - De 10:00 a 14:00 h. Clase maxistral a cargo de Antonio Solimene: "Composición motívica".
- Martes 25. Fórum Metropolitano - De 10:00 a 14:00 h. Clase maxistral a cargo de Rosario Giuliani: "Saxo e Improvisación".
Ambos cursos están abertos a todo o mundo e a inscripción pode facerse no propio Conservatorio Superior de Música da Coruña. Entregaranse diplomas acreditados polo Conservatorio e asinados polos profesores italianos.
- Mércores 26. Teatro Rosalía de Castro - 21:00 h. Presentación do proxecto orixinal "Galitalia Jazz Meeting", que une a riqueza e madurez do jazz italiano coa frescura do jazz das novas xeracións galegas, encargado pola organización do Iberojazz ao Departamento de Jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña e á Saint Louis College of Music de Roma: un encontro musical de creación propia que servirá para celebrar a primeira licenciatura de Jazz de Galicia. Actuará a Big Band do C. S. M. da Coruña con Rosario Giuliani como artista invitado. Kin García e Antonio Solimene dirixirán a banda. O concerto será gravado en directo para realizar posteriormente un DVD. Entrada: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 5 euros).
Aquí pode descargarse o programa completo: Iberojazz 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Iberojazz 2010: Baldo Martínez Grand Ensemble

venres, 29 xaneiro 2010, 10:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

proxectominho

O Teatro Rosalía de Castro acolle hoxe o último concerto do Festival Iberojazz coa actuación de Baldo Martínez Grand Ensemble, que presentará o seu Projecto Minho. A formación está composta por Baldo Martínez (contrabaixo, composición e dirección), Maite Dono (voz), Germán Díaz (zanfona), Chiaki Mawatari (tuba), David Herrington (trompeta e fiscorno), Antonio Bravo (guitarra eléctrica), Alejandro Pérez (saxos tenor e soprano, clarinete), Pedro López (batería e percusión electrónica) e Lucía Martínez (vibráfono e percusión). A función comezará ás 21.00 horas e as entradas van desde os 6 aos 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, desconto dun 20% ).

Despois, e para pechar o festival Iberojazz, o dúo de baixistas ourensáns Loren Tabarés e David Cid ofrecerán un concerto no pub Garufa que baixo o nome Beatles Jazz Bass recreará a música dos Beatles.

Descargar dossier "Proxecto Miño": PDF, 115 KB

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Iberojazz 2010: concerto de Roberto Somoza

mércores, 27 xaneiro 2010, 19:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

Roberto Somoza, un dos mellores saxofonistas e frautistas de jazz de Galicia, presenta o seu novo disco The Vangard coa súa gran formación Roberto Somoza Jazz Orquestra no auditorio do Forum Metropolitano no marco do Festival Iberojazz mañá xoves 28 de xaneiro ás 21 h. O auditorio do Forum convertiuse ao longo do ciclo nun auténtico clube de jazz onde poder escoitar o mellor jazz ibérico nun ambiente distendido e co servicio da cafetería ao dispor do público.

Roberto Somoza é hoxe por hoxe un dos grandes músicos de jazz do noso país. Con esta nova formación non só rinde homenaxe aos grandes formatos senón que ademáis experimenta coas súas propias composicións, fermosas melodías inspiradas nos grandes da historia do jazz mais tamén nas orixes desta música.

Roberto_SomozaROBERTO SOMOZA Jazz Orquestra:

ROBERTO SOMOZA, saxofonista, compositor e arranxador, é
profesor de Saxofón (especialidade de Jazz) no Conservatorio de Música
da Coruña, líder de varias formacións (coas que editou catro discos) e
saxofonista dos grupos Clunia e Atlantic Bridge.

The Vanguard (Xingra / Jazz) é un tributo ao saxofón alto, cheo de composicións e arranxos contemporáneos que explotan ao máximo o formato da orquestra moderna de Jazz. O disco que se presenta foi gravado nos estudos Bruar para a discográfica Xingra e está composto, arranxado e dirixido por Roberto Somoza. Unha sección de cinco ventos e trío de ritmo danlle forma a este disco, que conta tamén coa colaboración do gran pianista e compositor Nani García e coa produción de Javier Ferreiro.

MÚSICOS: Roberto Somoza (saxofón alto), Hansel Luís Díez (trompeta e fliscorno), Ricardo Costa (trompeta e fliscorno), Edward Machado (trombón), Nandor Kasza (trombón), Jacobo de Miguel Bueres (piano), Kin García (contrabaixo), Fernando Llorca (batería).

Máis información: web oficial / MySpace

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Iberojazz 2010: Carlos Blanco presenta o espectáculo

venres, 22 xaneiro 2010, 10:00 | Category : teatro
Tags : ,

socarlosblanco

Dentro da programación do festival Iberojazz esta fin de semana poderemos disfrutar do espectáculo de Carlos Blanco no Fórum Metropolitano de A Coruña. As dúas funcións programadas son o sábado 23 de xaneiro, ás 20:30, e o domingo 24 de xaneiro, ás 19:00. O prezo das entradas é de 7 euros (5 euros as entradas de prezo reducido).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Iberojazz 2010: concerto do Carlos López Quinteto

venres, 22 xaneiro 2010, 8:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

Hoxe venres 22, ás 21.00 h, na Terraza Jazz do Fórum Metropolitano, o baterista coruñés Carlos López en formación de quinteto.

Carlos López dirixe un elenco de novos talentos do jazz español e portugués. Cunha actual posta en escena, presentará o seu novo The last minute experience, un traballo musical baseado en ritmos hip hop, funky, e clásicos de Pink Floyd, acompañados por un Videojockey.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Iberojazz 2010: concerto da Big Band do Conservatorio da Coruña

xoves, 21 xaneiro 2010, 8:15 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Hoxe xoves 21 ás 21:00 no Teatro Rosalía presentarase por primeira vez no Iberojazz a Big Band do Conservatorio Superior de Música da Coruña dirixida polo seu titular, Pepe Evangelista e actuarán como director invitado o guitarrista Steve Brown, e como artista invitado o trompetista Walter. Este espectáculo está avalado polo proxecto educativo que vén desenvolvendo o Departamento de Jazz do dito conservatorio superior. Interpretaranse composicións do repertorio orixinal da orquestra, de Steve Brown e do propio Walter White.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Iberojazz 2010: concerto de Walter White

luns, 18 xaneiro 2010, 11:00 | Category : concertos, música
Tags : , , , ,

Un ano máis o Festival Iberojazz presenta as novas perspectivas que afloran no jazz ao longo da Península coa mirada posta en novos talentos e novos proxectos. Este ano, a organización fixo fincapé nas creacións e adaptacións dos grandes formatos, desde a clásica Big Band até os proxectos máis vangardistas e actuais na creación orquestral. Para conseguir un amplo abano nesta disciplina, ampliouse a colaboración co Conservatorio Superior de Música da Coruña, que este ano presenta a súa orquestra en formato Big Band con dúas colaboracións artísticas de excepción no ámbito internacional.

O martes 19 de xaneiro, abrirá o festival o concerto que ofrecerá o trompetista Walter White (Detroit) no club Filloa ás 23.00 h, sen dúbida un dos máis importantes tiplistas do mundo. Gravou dúos históricos con Maynard Ferguson no Ronnie Scott, rexistrados no CD Live from London, e destacou tamén como intérprete de jazz e clásica nas súas colaboracións coa Lincoln Center con Wynton Marsalis, a Woody Herman, a Jaco Pastorius e a Mingus Big Bands, e como solista da Sinfónica de Detroit, á parte de colaboracións con Bob James, Dave Holland ou Kenny Wheleer. Neste concerto, formará cuarteto co trío galego-asturiano-arxentino composto por Miguel Queixas (batería), Jacobo de Miguel (piano) e Gustavo Hernán (contrabaixo), e interpretará composicións do propio Walter e do pianista Jacobo de Miguel.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentada a programación de Iberojazz 2010

luns, 21 decembro 2009, 12:30 | Category : concertos, música
Tags :

IberoJazz2010

O ano comeza con jazz na cidade da Coruña. O pasado venres foi presentada a quinta edición de Iberojazz, que ofrecerá sete concertos e dúas master class en diferentes espazos da cidade: o Teatro Rosalía, o Fórum Metropolitano e os clubs Filloa e Garufa, que se verán incrementados co Auditorio Andrés Gaos do Conservatorio Superior de Música da Coruña e coa Terminal, club de recente creación situado na Termaria Casa da Auga.

O martes 19 de xaneiro abrirá o festival o concerto que ofrecerá o trompetista Walter White (Detroit) no club Filloa ás 23.00 h, sen dúbida un dos máis importantes tiplistas do mundo. Gravou dúos históricos con Maynard Ferguson no Ronnie Scott, rexistrados no CD Live from London, e destacou tamén como intérprete de jazz e clásica nas súas colaboracións coa Lincoln Center con Wynton Marsalis, a Woody Herman, a Jaco Pastorius e a Mingus Big Band, e como solista da Sinfónica de Detroit, á parte de colaboracións con Bob James, Dave Holland ou Kenny Wheleer. Neste concerto, formará cuarteto co trío galego-asturiano-arxentino composto por Miguel Queixas (batería), Jacobo de Miguel (piano) e Gustavo Hernán (contrabaixo), e interpretará composicións do propio Walter e do pianista Jacobo de Miguel.

O mércores 20, entre as 10.00 e as 14.00 h, o guitarrista Steve Brown (Nova Iorque), director dos estudos de jazz de Ithaca College, membro do Chuck Israels-Nacional Jazz Ensemble of New York, que colaborou e tocou con músicos como Ray Charles, Chuck Mangione, Phill Woods ou Jimmy Smith. Impartirá unha master class no Auditorio Andrés Gaos do Conservatorio Superior de Música da Coruña, centrada principalmente na improvisación e na historia do jazz. Paralelamente, o trompetista Walter White ofrecerá outra master class na Terraza do Fórum Metropolitano, entre as 10.00 e as 14.00 h da mesma data.

O xoves 21, ás 21.00 h, no Teatro Rosalía, presentarase por primeira vez no Iberojazz a Big Band do CSM da Coruña dirixida polo seu titular, Pepe Evangelista e actuarán como director invitado o guitarrista Steve Brown, e como artista invitado o trompetista Walter. Este espectáculo está avalado polo proxecto educativo que vén desenvolvendo o Departamento de Jazz do dito conservatorio superior. Interpretaranse composicións do repertorio orixinal da orquestra, de Steve Brown e do propio Walter White.

O venres 22, ás 21.00 h, na Terraza Jazz do Fórum Metropolitano, o baterista coruñés Carlos López en formación de quinteto, dirinxindo un elenco de novos talentos do jazz español e portugués e cunha actual posta en escena, presentará o seu novo The last minute experience, un traballo musical baseado en ritmos hip hop, funky, e clásicos de Pink Floyd, acompañados por Videojockey.

O sábado 23, ás 23.30 h, no club A Terminal, presentará o seu primeiro proxecto artístico en solitario o trompetista cubano afincado na Coruña, Hansel Luis, que actuará en formación de cuarteto cun proxecto baseado na fusión da tradición cubana co jazz de vangarda europeo. Estará acompañado por recoñecidos músicos da escena coruñesa, como o pianista Sergio Delgado, o baterista Miguel Cabana e o baixista Octavio Vargas.

Na seguinte semana, o xoves 28, ás 21.00 h, na Terraza Jazz do Fórum, o saxofonista Roberto Somoza presentará o seu novo CD The vanguard, disco gravado para unha formación de octeto e dedicado ao saxo alto, cunha sección rítmica de luxo formada polo baixista Kin García e polo baterista Fernando Llorca, onde o metal adquire un gran protagonismo e onde o saxofonista galego amosa a súa versatilidade musical a través deste instrumento.

O venres 29, ás 21.00 h, e coincidindo co peche do festival, o contrabaixista ferrolán afincado en Madrid, Baldo Martínez, presentará no Teatro Rosalía o seu último traballo discográfico Projecto Minho, en formación de Grande Ensamble, que vén de estar nominado aos Premios da Música pola SGAE e considerado mellor disco de jazz do ano 2008 pola revista Cuadernos de Jazz, conta cun elenco de intérpretes e solistas de alta calidade, como a vocalista Maite Dono, o saxofonista Alejandro Pérez, o trompetista David Herrigton, o zanfoñista Germán Díaz, o guitarrista Antonio Bravo, e a percusionista Lucía Martínez, o baterista Pedro López e o tubista Chiaki Mawatari.

Para o peche, o mesmo venres 29, no club Garufa, o dúo de baixistas ourensáns Loren Tabarés e David Cid, nun novo proxecto co pseudónimo Beatles Jazz Bass, recreará a música dos Beatles adaptada a ese instrumento como solista e en formación de cuarteto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Iberojazz 2009: concerto de Terela Grandín e Manolo Gutiérrez

Remata hoxe venres 30 o ciclo Iberojazz co concerto que ofrecerán no Fórum Metropolitano a vocalista Terela Grandín e o pianista Manolo Gutiérrez, que presentarán o seu novo traballo Pascala, un disco que afonda no pop de Radiohead e nas creacións propias desde a estética do Jazz. A banda estará formada por Terela Grandín, Manuel Gutiérrez (piano), Thomas Warbultan (baixo), Marcelino Galán (guitarra), Dani Domínguez (batería). A función comeza ás 21 horas e o prezo das entradas é de 7 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 5 €).

A serie paralela de concertos nos clubes tamén conclúe hoxe coa actuación a partir das 23 horas no Jazz Filloa do trío Citric, que presentará o seu primeiro traballo discográfico. Citric é un trío que vén de participar no circuíto de jazz do Injuve 2008 e está composto polo saxofonista Luis Verde, o contrabaixista Ander García e o baterista Hilario Rodeiro. A entrada é de balde.

Lembramos que o concerto de Clunia inicialmente previsto para mañá sábado 31 foi suspendido hai unhas semanas por causas alleas á vontade da organización e da banda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Iberojazz 2009: Combo ESMAE de Porto + CSM da Coruña

xoves, 29 xaneiro 2009, 12:00 | Category : concertos, música
Tags :

En colaboración coa Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Iberojazz 2009 ofrece un novo intercambio entre músicos de diferentes escolas superiores da Península e un grupo da nosa comunidade. Nesta edición compartirán escenario un combo da Esmae (Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo de Porto) con outro de diferentes características do Conservatorio Superior de Música da Coruña. A función será hoxe xoves a partir das 21 horas no auditorio do Fórum Metropolitano. A entrada é libre até completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Iberojazz 09: Jorge Pardo + Antonio Carbonell "El Bola"

O ciclo Iberojazz 09 chega mañá venres 23 ao Teatro Rosalía de Castro, que se encherá de sons flamencos e de jazz coa presentación do disco Desvaríos de Jorge Pardo e Antonio Carbonell “El Bola”, editado polo selo RTVE-Música dentro da colección Jazz en España. A banda que se subirá ao escenario do Rosalía está formada por Jorge Pardo (saxo e frauta), Agustín Carbonell “El Bola” (guitarra), Ariadna Rivas (piano), José Miguel Guzmán (contrabajo), Sergio Martínez (percusión), Antonio Amador “El Ciervo” (cantaor) e Raúl Márquez (violín). A función comeza ás 21:00 e o prezo das entradas é de 6, 7, 9 e 13 € (os usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados teñen un desconto dun 20%).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google