A exposición From I to J remata este domingo 11 de xullo

venres, 9 xullo 2010, 21:35 | Category : exposicións
Tags : , ,

Até o 11 de xullo
Horarios: de luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Antigo Cárcere Provincial
Entrada libre.

Este domingo, 11 de xullo, clausúrase a exposición de Isabel Coixet "From I to J", na que a cineasta rende unha homenaxe persoal ao escritor, pensador e artista John Berger.
Máis de catro mil persoas pasaron nestes días pola antiga prisión provincial para ver a exposición e participar nos distintos actos que se organizaron arredor da mesma.
A instalación neste espazo carcelario, escenario ideal para recrear a experiencia sensorial do texto de Berger "From I to J", sorprendou ao público asistente non podendo sustraerse ás experiencias e vivencias de moitísimas persoas que pasaron por este cárcere, pagando coa privación da liberdade, e en ocasións coa propia vida, a defensa das súas ideas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Terra Berger: homenaxe poético-musical a John Berger

Mércores 302010-06-30 Terra Berger
20:30
Antigo Cárcere Provincial da Coruña
Aforo limitado. Entrada con convite (repártense desde o luns 28, no recinto do Cárcere. Horario: de 12:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00)

Recital poético-musical coa actuación en directo de Berrogüetto. Participan: Xoán Abeleira, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Xavier Seoane, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e Cesáreo Sánchez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe de Isabel Coixet a John Berger no Antigo Cárcere Provincial

martes, 8 xuño 2010, 11:53 | Category : audiovisual, cinema, exposicións, homenaxes
Tags : , ,

Xuño 10: inauguración ás 20:00
Até o 11 de xullo
Antigo Cárcere Provincial
Horarios: de luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00

expoberger"FROM I TO J", a homenaxe de Isabel Coixet a John Berguer. É unha exposición e unha homenaxe internacional da cineasta Isabel Coixet a John Berger.
A partir do libro de John Berger From A to X, no que unha muller escribe cartas ao seu marido preso, Isabel Coixet crea unha instalación coa colaboración da arquitecta Benedetta Tagliabue e a complicidade dalgunhas das actrices máis importantes do cinema actual. A instalación mergúllanos nunha atmosfera envolvente onde a luz e o son lévannos sucesivamente polas distintas cartas do libro, que son lidas por prestixiosas actrices e artistas, como Monica Bellucci, Sophie Cale, Patricia Clarkson, Penélope Cruz, Julie Delpy, Isabelle Huppert, Maria de Medeiros, Sarah Polley, Tacha Swinton e Leonor Watling. Paralelamente poderán verse os retratos fotográficos que Isabel Coixet fixo durante a gravación das lecturas e unha entrevista filmada por ela a John Berger.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google