“Encontros sobre novos modelos participativos de xestión cultural”, o 19 e 20 de novembro

A NOVOS MODELOS XESTION CULTURAL Concellaría de Cultura organiza, en colaboración con eSe8, os "Encontros sobre novos modelos participativos de xestión cultural", que se celebrarán o venres 19 e o sábado 20 de novembro co obxectivo de favorecer o diálogo entre os distintos sectores e a xente da cultura emerxente de Galiza, creando un foro de intercambio de ideas arredor doustros modelos de organización, desenvolvemento, produción e xestión dentro do ámbito social e cultural. Neste contexto analizaranse as diferentes opcións de implantación e asentamento destes modelos de xestión aplicados á rehabilitación e recuperación do edificio do antigo cárcere da Coruña, como novo espazo cultural e motor de dinámicas de renovación dos sistemas artísticos, educativos, sociais e económicos dos espazos públicos.

O programa xeral está formado por:

Venres 19. No C. I. F. P. Ánxel Casal:
- 11:00 a 12:00 h. Presentación do proxecto de investigación, C.C.I. (Centros de Cultura Independente), a cargo do seu coordinador José Luis Rodríguez, e da Rede Europea de Centros Culturais Independentes, Trans Europe Halles, a cargo do seu representante en España, Xavi Pérez.
- 12:00 a 13:00 h. Debate entre os asistentes para analizar a situación actual dos centros culturais independentes en España e a cooperación con outros centros nacionais e internacionais.
- 16:30 a 18.00 h. Presentación de WUK, 30 anos de espazo cultural e compromiso social. Tras a presentación abrirase un diálogo entre o representante de WUK (David Stelzig) e os asistentes ás xornadas.
- 18:30 a 20:00 h. Presentación do HANGAR, centro para a produción e investigación artística. Tras a presentación abrirase un diálogo entre o representante de HANGAR, Joana Cervà, e os asistentes ás xornadas.

Sábado 20 No Antigo Cárcere Provincial.
- 11:00 h. Visita dos participantes do encontro ao antigo Cárcere Provincial da Coruña.
- 12:15 a 13:30 h. Mesa redonda "Alternativas para a implantación de modelos de xestión participativa na cidade de A Coruña" cos asistentes onde se abordará o potencial de edificios como en desuso como o Cárcere como novos espazos de cultura, onde se abordará o potencial de edificios como en desuso como o Cárcere como novos espazos de culturae clausura.

Estes encontros contarán coa presenza de José Manuel Sande, que exercerá de moderador dos debates. Programador cultural, licenciado en Filoloxía Hispánica, master en Teatro e Cine, traballa desde 1998 como historiador e escritor cinematográfico, colaborando na organización de numerosas iniciativas socioculturais e artísticas, predominantemente desde ámbitos autónomos, autoxestionarios e de intervención no espazo público, cunha ampla experiencia en centros sociais radicados en Galiza.

Os interesados en participar nestes encontros deberán inscribirse na páxina web. Dita inscrición será gratuíta. As prazas serán limitadas e asignaranse por orde de inscrición. O venres 12 de novembro xa se completou o aforo, co que rematou xa o prazo para inscribirse por non haber máis prazas libres.

Neste arquivo en .pdf pódese descargar toda a información: Encontros novos modelos participativos 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Club de lectura científica na Domus

Hoxe 18 de maio ás oito da tarde a Domus acolle un club de lectura científica dentro do ciclo Os luns con ciencia. No acto colabora o Museo Emilia Pardo Bazán. Durante a actividade presentarase unha selección de libros e autores relacionados coa ciencia. O acto estará moderado por Marilar Jiménez Aleixandre, narradora, poeta, tradutora e profesora de Didáctica da Bioloxía e Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela. Ás presentacións das obras correrán a cargo de Pedro Ángel Ramos García, José Manuel Sande e Xurxo Mariño.

Os Luns con Ciencia é unha actividade patrocinada por Caixanova. A entrada libre e gratuíta

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: O home de mármore

xoves, 14 maio 2009, 12:14 | Category : cinema
Tags : , , ,

O filme O home de mármore de Andrzej Wajda, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Saíndo da fábrica.

Horario: Xoves 14, 20:15. Venres 15, 20:15. Sábado 16, 20:15. A proxección do venres contará coa participación de José Manuel Sande, traballador do CGAI.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Luces, cámara… evolución

luns, 30 marzo 2009, 10:00 | Category : ciencia
Tags : , ,

O ciclo de divulgación científica Os luns con ciencia, patrocinado por Caixanova, ofrece hoxe un zapping científico con secuencias de películas, series de TV, anuncios e outras produccións audiovisuais que reflicten ideas sobre a evolución de Darwin. A actividade estará conducida por José Manuel Sande, membro do equipo de programación do CGAI e do consello de redacción da Revista AG, quen dará paso ás intervencións de Ernesto Carmena, biólogo que actualmente traballa no campo da imaxe dixital e autor do blog El Paleofreak, unha das referencias mundiais en español sobre a evolución e a crítica ás teses creacionistas, e de Martin Pawley, un dos responsábeis da Mostra de Ciencia e Cinema e autor do blog días estranhos, unha das bitácoras veteranas da Internet galega.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google