“Opera Aperta (en parte) volume I”, de Manuel M. Romón e Julián Hernández

Domingo 16
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco s/n.)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Opera Aperta (en parte) volume I" é un "recital performativo". É unha celebración da palabra, do silencio, da música e do silencio. É un diálogo entre a palabra e a música, onde a música ten, significativamente, a primeira e a última palabra. É un duelo irónico entre os diversos textos que le Manuel M. Romón e os diferentes instrumentos que toca Julián Hernández. "Opera Aperta" parte da crenza de que Umberto Eco leva razón (en parte). Por iso, esta "acción (en parte) falada" deixa aberta desde a súa propia formulación a posibilidade de ulteriores volumes, e/ou de, chegado o caso, aumenta-lo volume mesmo. Con este acto clausúrase a exposición Pere(t)c, sobre a figura de Georges Perec.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto de Los Secretos

lossecretos

O concerto deste sábado 30 de maio no Coliseum da Coruña non será un máis. A excepcional banda Los Secretos está preparando un concerto moi especial que contará coa colaboración de Iván Ferreiro, Julián Hernández e Rosa Cedrón como convidados de luxo. Esta será unha gala presentada polo popular Manuel Manquiña, que xunto á citada presenza de artistas galegos contribuirá a converter este evento en todo un acontecemento para os seguidores de Los Secretos. A organización tamén informa que de acordo co grupo e como consecuencia da coincidencia co horario establecido no partido de futbol que enfrontará o Depor contra o Barcelona, decidiu atrasar o inicio do concerto ata o remate do citado encontro. O prezo das entradas é de 23 e 28 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google