Normal: obradoiro “O cinema de Luis Buñuel: a imaxinación en liberdade”

Do luns 11 ao venres 15 de abril
Normal (Paseo de Ronda, 47)
De 16:00 a 20:00
Inscrición: 55 euros público xeral, 35 euros membros da Universidade da Coruña. Máis información aquí, en  aulacine at udc.es ou 981-167000 (ext. 3697/1975, en horario de 9:00 a 14:00).

O obradoiro "O cinema de Luis Buñuel", impartido por Julio Pérez Perucha (historiador e Presidente da AEHC, Asociación Española de Historiadores do Cinema), fará unha análise exhaustiva da obra do xenial director español, un dos maiores creadores da historia do cinema, na que se traballará sobre os seus primeiros filmes surrealistas ("Un can andaluz", "A idade de ouro"), os filmes máis importantes da súa etapa mexicana ("El", "O anxo exterminador", "Nazarín", "Ensaio dun crime"), francesa ("Belle de Jour", "A vía láctea") así como a súa experiencia en Hollywood ("A moza"), e os seus lamentablemente escasos pero fundamentais filmes en España ("Tristana", "Viridiana" e "As Hurdes, terra sen pan").

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación dun libro sobre o director Fernando Fernán Gómez

O Centro Galego de Artes da Imaxe (Rúa Durán Loriga, 10 baixo, A Coruña) presenta mañá sábado día 13 de marzo (20.30 horas) a publicación (editada por Cátedra) dun estudo monográfico dedicado polo historiador galego José Luis Castro de Paz ao polivalente e malogrado director, actor, guionista e literato Fernando Fernán-Gómez. O acto, no que o autor estará acompañado por Julio Pérez Perucha, presidente da Asociación Española de Historiadores del Cine (AEHC), e José Ramón Garitaonaindía, profesor da Universidade da Coruña, permite volver a unha das obras magnas da filmografía de Fernán-Gómez, El mundo sigue (1963). A entrada é gratuíta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google