Mulleres, espello de culturas, exposición no Kiosco Alfonso

mércores, 3 febreiro 2010, 22:00 | Category : exposicións
Tags : , , ,

mulleres

Dende hoxe e ata o 4 de abril poderase visitar no Kiosco Alfonso a exposición Mulleres, espello de culturas, unha mostra etnográfica sobre o universo feminino a través de 135 obxectos de todo o mundo organizada polo Concello da Coruña e a Fundación "La Caixa". Esta exposición traza un percorrido a través dunha selección de atractivas pezas, cedidas polo Museo Etnolóxico de Múnich, que adquiren nova vida como testemuños das mulleres que un día foron as súas usuarias. Cada unha das 135 pezas que compoñen a mostra é un fragmento de vida, aparentemente exótico e afastado, pero que permite abordar temas universais e compartidos por todas as mulleres do mundo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Reter o tempo: a pintura de Fernando Prieto chega ao Kiosco Alfonso

mércores, 16 decembro 2009, 15:00 | Category : exposicións, pintura
Tags : ,

Desde o pasado 20 de decembro até o vindeiro 17 de xaneiro podemos ver no Kiosco Alfonso a exposición Reter o tempo dedicada ao pintor Fernando Prieto. A seguir deixámosvos unhas liñas escritas pola comisaria da exposición, Pilar Corredoira:

"O tempo, entendido como elemento de percepción humana, vincúlase á obra de Prieto e actúa no seu trasfondo; tempo e espazo inciden na configuración dunha estrutura de apoio á creación; son conceptos importantes para o artista, que os percibe como elementos sensibles que interveñen alá onde ten lugar a representación pictórica (…)

(…) De sólida formación, Prieto dedicouse con intensidade á pintura e estudou e coñeceu en directo a obra de grandes mestres da historia da arte, clásicos e contemporáneos; reflexionou sobre aqueles aspectos afíns, envorcouse na investigación en torno a figuras excepcionais como Velázquez, Picasso, Magritte ou Dalí. Esa herdanza deixou unha profunda pegada no significado do seu labor ao tempo que influíu no seu discurso e que lle proporcionou unha base ampla pola que transitar: o legado dunha tradición universal que o pintor asimila e integra na súa propia ideoloxía, sempre apoiado por unha coidada e académica técnica froito dunha estrita disciplina na elaboración.

(…) A súa pintura expresa, desde unha óptica particular e subxectiva, unha visión especial da existencia, que plasma desde o ámbito dunha realidade que xorde na medida da experiencia individual"

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Últimos días para ver a exposición de Rodin

luns, 9 novembro 2009, 15:00 | Category : escultura, exposicións
Tags : ,

exp rodin

O vindeiro domingo, 15 de novembro, pechará as 21:00 no Kiosco Alfonso da Coruña a mostra Rodin e a mitoloxía simbolista, que inclúe 85 obras entre esculturas -a maioría na súa versión en bronce- e debuxos do artista.

Organizada pola Obra Social Fundación “la Caixa” coa colaboración do Museo Rodin de Paris e o Concello da Coruña, a mostra afonda na conexión do escultor coa corrente simbolista e a interpretación da mitoloxía. Auguste Rodin (1840-1917) é coñecido como un dos escultores que mellor marcaron o camiño cara a arte do século XX, sacándoo da fase académica e convirtíndoo nunha creación absolutamente persoal, plena de análises formais e de enerxía.

A exposición divídese en diferentes apartados a través dos cales o visitante poderá coñecer ao artista, a súa vida e a súa obra; o seu interese pola mitoloxía, a interpretación antropomórfica dos grandes elementos naturais, a natureza salvaxe ou a expresión das pasións e os sentimentos a través das súas esculturas.

Entre as obras mostradas atópanse algunhas das máis importantes creadas polo escultor: O home do nariz roto, considerada polo artista a súa primeira obra importante, Os Burgueses de Calais, Balzac, A Catedral, As Portas do Inferno, O Pensador, O Bico...

Ata o momento visitaron a mostra máis de 20.000 persoas. O gran interese da exposición reflictouse tamén nas visitas de grupos, concertadas previa cita de luns a venres, co seu calendario cuberto ata a clausura da exposición. Aínda temos a posibilidade de facer unha visita guiada para particulares o vindeiro mércores ás 18 horas (sen cita previa). O horario da exposición é de luns a domingo de 12 a 14 e de 18 a 21 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Rodin e a mitoloxía simbolista, gran exposición no Kiosco Alfonso

sábado, 26 setembro 2009, 16:00 | Category : escultura, exposicións
Tags : ,

rodin

Onte inaugurouse a exposición Rodin e a mitoloxía simbolista, que estará aberta ao público até o 15 de novembro de 2009 no Pazo Municipal de Exposicións Kiosco Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez, 3). O horario é de luns a domingo de 12 a 14 h e de 18 a 21 h. A exposición conta co patrocinio da Obra Social Fundación ”la Caixa”.

Podedes descargar o folleto informativo picando nesta ligazón

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google