Calígula de Albert Camus, hoxe e mañá no Rosalía

venres, 5 marzo 2010, 13:00 | Category : teatro
Tags : , , ,

Neste 2010 cúmprense 50 anos da prematura morte de Albert Camus en accidente de tráfico. En recoñecemento da súa figura literaria e ética, o Teatro Rosalía de Castro programou dúas funcións de Calígula a cargo da compañía L'OM Imprebis os días 5 e 6 de marzo dentro do ciclo Caixanova.

L'OM Imprebis é unha compañía singular dentro do panorama teatral español e caracterízase polo rigor no traballo e un coidado nas producións que sempre se basean nun núcleo actoral fixo, aberto e plural baixo a dirección de Santiago Sánchez. A obra conta coas actuacións de Sandro Cordero, Garbiñe Isausti, José J. Rodríguez, Selu Nieto, Gorsy Edú, Carles Montoliu, Carlos Lorenzo, Balbino Lacosta, Sergio Gayol, José Gamo, Martín Caló e Marina Barba. As entradas custan entre 10 e 21 euros (usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados teñen un 20% de desconto).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google