Exposición “Homenaxe a cidades e outros lugares de Luís Seoane (fondos da colección)”
Do
venres 4 de febreiro ao domingo 20 de marzo
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.
"Homenaxe a cidades e outros lugares de Seoane" ofrece ao espectador unha escolla de preto de 50 obras que son reflexo, ás veces fidedigno e outras evocador, de parte dos lugares nos que o artista habitou ou aos que viaxou nun determinado momento, e da transformación destes en óleo, xilografía, bosquexo a lapis... Un xeito diferente de achegarse a un Seoane desdobrado nesta ocasión en centos de cidades, países ou paisaxes: Galicia, Bos Aires, Venecia, Xenebra, Londres, París, Montevideo, Bonn... A utilización do material que recopilou durante estas viaxes amosa tanto a súa enorme bagaxe cultural como o uso que fai da mesma, posto que atopamos a pegada destes itinerarios non só na obra gráfia, senon en reflexións que utiliza como guía para posteriormente trasladar a súa experiencia física a un soporte artístico determinado. O resultado e a riqueza deste proceso é do que o espectador será testemuña nesta mostra. Paralelamente á realización da exposición, editarase un catálogo que recollerá a obra exposta no que participarán a través de diferentes textos Juan Manuel Bonet, Alberto Ruiz de Samaniego, Xosé Díaz e Ramón Villares.

22 de outubro ao domingo 30 de xaneiro de 2011
outubro
Mércores 30

















