Volven á Domus os “Luns con ciencia”

venres, 15 xaneiro 2010, 15:00 | Category : coloquios, conferencias, museos científicos
Tags : ,

O vindeiro luns comeza a segunda edición de Luns con ciencia, ciclo de divulgación científica sobre as alternativas enerxéticas e a biodiversidade que ofrecerá unha interesante serie de conferencias e coloquios os luns de xaneiro a abril na Sala Leonardo da Vinci da Domus.

Luns con ciencia está organizado polos Museos Científicos Coruñeses (=mc2) e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña, e conta coa colaboración do Centro Ocenográfico da Coruña e o patrocinio de Caixanova. O acceso é público e gratuito. Os alumnos da Universidade da Coruña matriculados accederán a 2 créditos de libre configuración desta Universidade (teléfono de inscrición 981 189 840). Teñen máis información na web dos Museos Científicos.

Programa "Luns con ciencia":

18 de xaneiro: Facemos todos como os franceses? O espellismo nuclear, por Marcel Coderch (doutor en enxeñería Eléctrica e Informática polo Instituto Tecnológico de Massachusetts)

25 xaneiro: AHORA, unha alternativa á crise enerxética, por Juan José Gómez Cadenas (físico e novelista, Director do Grupo de Física de Neutrinos do Instituto de Física Corpuscular, CSIC, Valencia)

1 de febreiro: Cambio climático ou cambio de modelo de sociedade?, por Emilio Fernández (Profesor titular de Ecoloxía da Universidade de Vigo, ex- Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Xunta de Galicia).

8 de febreiro: Evidencias do Cambio Climático en Galicia. Introductor-moderador: Dr. Manuel Ruiz Villarreal (Centro Oceanográfico da Coruña, IEO). Ponentes Juan José Taboada (meteorólogo de Meteogalicia, Xunta de Galicia); Antonio Bode Riestra (Centro Oceanográfico da Coruña, IEO)

22 de febreiro: Nucleares, non grazas?, por Josep Puig (enxeñeiro nuclear, profesor de técnicas enerxéticas na Universidade Autónoma de Barcelona e histórico do movemento ecoloxista)

1 de marzo: A conservación dos bosque tropicais, por William Laurance (Distinguished Research Professor School of Marine and Tropical Biology James Cook University Cairns, Queensland 4870 Australia)

8 de marzo: Papel da educación ambiental na conservación da biodiversidade, por Marcos Sorrentino (Ex Director de Educación Ambiental do Ministerio del Medio Ambiente do Brasil. Profesor da Universidade de Sao Paulo)

15 de marzo: A paisaxe e a perda de biodiversidade, por Francisco Javier López (Universidade de Santiago de Compostela)

22 de marzo: O estado da conservación da biodiversidade en Galicia, por Pablo Ramil (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, Universidade de Santiago de Compostela)

29 de marzo: Os bosques galegos e a biodiversidade, por Antonio Rigueiro (Universidade de Santiago de Compostela)

5 de abril: Efectos do Prestige sobre os ecosistemas mariños, por Victoriano Urgorri (Estación de Bioloxía mariña da Graña, Universidade de Santiago de Compostela)

12 de abril: Áreas Marinas Protegidas (AMPs), unha estratexia para a conservación da biodiversidade mariña. Introductor-moderador: Santiago Parra Descalzo (Centro Oceanográfico da Coruña). Ponentes José Luis Vargas Poncini (IEO Madrid); Francisco Sánchez Delgado (Centro Oceanográfico de Santander, IEO)

19 abril: A biodiversidade no medio mariño, por Juan Freire (Universidade da Coruña)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O filme Soylent green, hoxe na Domus no ciclo "Os luns con ciencia"

luns, 25 maio 2009, 10:00 | Category : ciencia, cinema
Tags : , ,

Hoxe luns 25 de maio ás 20 horas haberá unha proxección de cinema na Domus dentro do ciclo Os luns con ciencia. Trátase do filme Soylent Green, unha película de ciencia ficción sobre o esgotamento dos recursos naturais dirixida por Richard Fleisher.

A presentación do filme correrá a cargo de Xurxo González, doutor en Historia da Arte, autor de artigos e críticas en revistas coma Tempos Novos ou Cahiers du Cinéma-España, asesor e analista audiovisual, documentalista e coordinador dos libros Manoel de Oliveira (CGAI) e Documentación da videocreación en Galicia nos anos 80 (CGAC). Xurxo González foi ademais creador de contidos da Axencia Audiovisual Galega, coordinador das plataformas na rede Teutubo e Flocos.tv e programador galego do Filminho, ademais de guionista e realizador amadorista (Argazo, 2005, Os señores do vento, 2008 e 36/75, 2009).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Club de lectura científica na Domus

Hoxe 18 de maio ás oito da tarde a Domus acolle un club de lectura científica dentro do ciclo Os luns con ciencia. No acto colabora o Museo Emilia Pardo Bazán. Durante a actividade presentarase unha selección de libros e autores relacionados coa ciencia. O acto estará moderado por Marilar Jiménez Aleixandre, narradora, poeta, tradutora e profesora de Didáctica da Bioloxía e Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela. Ás presentacións das obras correrán a cargo de Pedro Ángel Ramos García, José Manuel Sande e Xurxo Mariño.

Os Luns con Ciencia é unha actividade patrocinada por Caixanova. A entrada libre e gratuíta

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Darwin vs Lamarck, tertulia científica na Domus

Hoxe na Domus ás 20:00 Francisco Pelayo e Agustí Camós protagonizarán unha tertulia científica sobre dúas figuras básicas na construcción da teoría da evolución biolóxica, Darwin e Lamarck. Estes expertos darán respostas a moitas preguntas sobre a obra de dous científicos xeniais, identificar o que hai de Lamarck na teoría de Darwin, como foi a recepción das súas propostas, como aparecen éstas na cultura popular contemporánea, etc. A actividade está enmarcada no ciclo de divulgación Luns con ciencia e nos actos de celebración do Ano Darwin organizados polos Museos Científicos Coruñeses. A entrada ao acto é libre.

Francisco Pelayo López é Doutor en Ciencias Biolóxicas e traballa como Científico Titular do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). É un dos máis relevantes expertos en España na obra de Charles Darwin, con diversas publicacións sobre este autor e a a teoría da evolución, por exemplo: Ciencia y creencia en España durante el siglo XIX. La Paleontología en el debate sobre el darwinismo (Madrid, CSIC, 1999) ou Darwin. De la creación a la evolución (Madrid Nivola, 2001, 2ª edición 2008).

Agustí Camós Cabeceran é magister en historia das ciencias e doutor en Bioloxía e catedrático de Bioloxía no IES Miquel Martí i Pol de Cornellà en Barcelona. Entre outras cousas, escribiu a introducción, traducción e as notas da Filosofía zoolóxica de Lamarck (2007). É o experto máis relevante no Estado español na obra do grande científico francés.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe a Roberto Nóvoa Santos na Domus

Hoxe luns 4 de maio terá lugar na Domus un acto de homenaxe ao médico coruñés Roberto Nóvoa Santos, en forma de faladoiro no que intervirán o Dr. Juan José Fernández Teijeiro, que intervirá comentando a Semblanza coruñesa de Nóvoa Santos; o Dr. Julio Montes Santiago, que falará sobre Nóvoa, la inmortalidad y la depresión en mujeres artistas geniales; e o Dr. Fernando Ponte Hernando, que disertará sobre os Escritos anarquistas de Nóvoa Santos. Juan José Fernández Teijeiro é médico pediatra e autor de varias publicacións sobre a figura de Nóvoa Santos, como Roberto Nóvoa Santos: una vida, una filosofía (Premio Conde de Fenosa de la Real Academia de Medicina de Galicia), Más allá de la Patología. La Psicología de Nóvoa Santos, o Roberto Nóvoa Santos. La inmortalidad: dolor y saudade. Julio Montes Santiago é especialista de Medicina Interna no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Autor de varios libros e artigos sobre patobiografías históricas, colabora regularmente en publicacións sobre temas de biografías médicas e humanismo. Fernando Ponte Hernando é médico pediatra no Centro de Saúde de Riveira. Obtivo o Premio "Rodríguez Abaytúa" 2008 da Real Academia Nacional de Medicina polo traballo: Nóvoa Santos y las Reales Academias de Medicina, e é columnista de El Correo Gallego coa súa sección Ganando Barlovento con artigos de Historia da Medicina, divulgación médica e comentarios de actualidade.

O acto enmárcase dentro do ciclo de actividades Luns con ciencia e comezará ás 20 horas na Domus (R/ Santa Teresa 1, A Coruña). A entrada é libre e gratuíta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Eudald Carbonell na Domus

luns, 20 abril 2009, 10:00 | Category : ciencia
Tags : , , ,

Eudald Carbonell ofrece unha conferencia sobre evolución humana, enmarcada no ciclo de divulgación Luns con ciencia e nos actos de celebración do Ano Darwin organizados polos Museos Científicos Coruñeses. A súa charla, titulada Evolución, innovación e resocialización, comezará na Domus ás 20:00, con entrada libre.

Eudald Carbonell é director do Institut Català de Paleoecología Humana i Evoluciò Social da Universitat Rovira i Virgili de Barcelona, e codirector, xunto a Juan Luis Arsuaga e José María Bermúdez de Castro do proxecto da Serra de Atapuerca (Burgos). Por este proxecto, recibiu xunto aos outros dous codirectores, o premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica en 1997. Publicou numerosos artigos sobre paleontoloxía en prestixiosas revistas especializadas, e é autor e coautor dunha decena de libros de divulgación sobre estes temas, entre eles o titulado Atapuerca. Un millón de años de historia, que recibiu en 1999 o Prisma Casa das Ciencias ao mellor libro editado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tertulia na Domus: Novos medios para divulgar as matemáticas

cartel-divulgar-matematicasMañá luns 13 de abril ás 20 horas na Domus terá lugar a tertulia científica Fórmulas estimulantes. Novos medios para divulgar matemáticas. A charla estará moderada polo profesor Pancho Álvarez Fontenla, da Universidade da Coruña, e contará cos coordinadores dos tres boletíns de divulgación matemática que se publican na Coruña: Xose Enrique Pujales (Hipatia, IES Fernando Wirtz), Santiago López Arca (Matesis, IES Ramón Otero Pedrayo) e Gonzalo Temperán (Tetractis, IES Monelos). A entrada ao acto é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Luns con ciencia: Vitoriano Urgorri presenta a última campaña do buque Hespérides

luns, 16 marzo 2009, 11:30 | Category : ciencia
Tags : , , , ,

Na segunda sesión do ciclo de divulgación científica Luns con ciencia, hoxe 16 de marzo Vitoriano Urgorri, director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, presentará na Domus a última campaña do buque Hespérides. O pasado outono, un equipo de científicos dirixidos por Vitoriano Urgorri, embarcouse no buque Hespérides para realizar un estudo dos fondos profundos mariños de Galicia. O obxectivo da campaña DIVA-Artabria II (2008) comprende o estudo e descrición da biodiversidade nesas áreas, contribuír a unha estimación real do número de especies que viven nos fondos abisais de Galicia e como se distribúen en función da profundidade e o tipo de substrato.

Urgorri falará hoxe, luns, ás 8 da tarde na Domus, sobre o desenvolvemento desta campaña, na que participou o Aquarium Finisterrae (representado polo xefe de bioloxía mariña, Antonio Pérez Cribeiro). Durante a presentación, proxectarase un vídeo da expedición. O acto celébrase na Sala Leonardo da Vinci da Domus a partir das 20 horas, e a entrada é libre e gratuíta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google