Sala Filomatic: Cabaré Manicómicos
Xoves
22
Sala Filomatic (Rúa San Xosé, 21)
22:00
Entradas: 4 euros.
"Despois do incrible éxito do primeiro cabaré, coa Sala Filomatic a tope de xente desfrutando do humor e o teatro, Manicómicos volta á carga cun novo cabaré de humor o vindeiro xoves 22 de nadal ás 22 horas na Sala Filomatic da Coruña! Animádevos a pasar un bo momento con todos nós!!! Máis de 10 artistas en diferentes disciplinas: clown, danza, teatro xestual, malabares, monólogos… Ven e cóntao…"
Sala Filomatic: Cabaré Manicómicos
Venres
2
Sala Filomatic (Rúa San Xosé, 21)
22:00
Entradas: 4 euros.
"O mar anda revolto… Non afoguedes!!! Invitámosvos a embarcar noutra aventura máis dos Manicómicos… delirante, metabolizante, indestructible, irónica, indecente, inagotable… con estilo propio! Máis de 10 artistas en diferentes disciplinas: clown, danza, teatro xestual, malabares, monólogos… Permitídevos ser os nosos náufragos particulares! Actuarán: Uxía Vázquez, Guillermo Portas (Guille), Marcial Blanco e Paco Alvarellos (Paco e Xaco), Marta Mato, Ángela Blanco, Carlos Sante, Lorena Tomé, Keke Díez, Vanessa Rivas, Mónica Suárez e Daniel Lozano."
Cursos de formación Manicómicos 2011-2012
A.
C. Manicómicos (Rúa Andrés Gaos, 16, baixo)
Inscricións e máis información:
- Teléfonos 692213292 – 981262604
- Correo electrónico: manicomicos at hotmail.com
- Páxina web: Formación Manicómicos 2011-2012.
Comeza unha nova tempada de formación na A. C. Manicómicos. Máis cursos, máis completos, máis divertidos, máis tolos, máis manicómicos!!!
- Ioga, con Irene Liaño – Luns 10:00–11:30 h. O Ioga comprende unha serie de posturas e exercicios de respiración que constitúe un sistema de mellora física e mental para calquera idade e condición.
- Canto e técnica vocal, con Carmen Rey – Luns 11:30–13:00 h. Aprender a respirar, colocar, afinar e proxectar a voz, como base para cantar e preparar un repertorio variado de cancións individuais ou en grupo.
- Teatro xuvenil (de 12-17 anos) con Teresa Babío – Martes 18:30–20:00 h. Dende a improvisación, o xogo, o teatro físico, a escoita grupal, e o desenrolo do talento persoal, iremos construíndo un espectáculo colectivo.
- Creación escénica, con Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro – Luns 20:00–23:00 h. Posta a punto áxil de cara á montaxe dun espectáculo colectivo que será representado a final do curso. Para antigos alumnos ou xente con experiencia.
- Pilates, con Ana Duro – Martes 10:00–11:30 h. Un programa específico de traballo corpo-mente para reeducar a nosa postura e conseguir melloras eficaces nos nosos hábitos.
- Danza, monográficos, con David Loira – Martes 11:30–14:30 h. A idea é levar adiante tres monográficos de danza contemporánea durante o curso, dende un punto de vista cercano á creación.
- Teatro infantil (de 4-11 anos), con Teresa Babío – Martes 18:30–20:00 h. Unha forma divertida de achegar os peques ao mundo do teatro mediante o xogo e a expresión corporal para facer unha creación colectiva a fin de curso.
- Teatro en movemento, con Gonçalo Guerreiro – Martes 20:30–22:30 h. Xogo físico, teatro xestual, pantomima, cine mudo, bufón, commedia dell’arte… Desenvolve a espontaneidade corporal, o instinto e a percepción.
- Escritura teatral, con Fabiana Gastaldello – Mércores 11:00–12:30 h. Aprende a producir textos a través dun método que esperta a creatividade, nutríndose de literatura, cinema, teatro, xeometría, música, movemento…
- Técnicas de circo (adultos), con Chusmi e Marta Iglesias – Mércores 20:30–22:30 h. Coñece as técnicas básicas das diferentes disciplinas circenses: malabares, acrobacias, equilibrios, aparatos…
- Clown e improvisación, con Carlos Sante – Xoves 20:30-22:30 h. Xogo dramático, presenza escénica, improvisación, clown, creación de personaxes. Un xeito rápido de aprender as normas do xogo teatral escénico.
- Técnicas de circo (peques), con Chusmi e Marta Iglesias – Venres 17:30-19:00 h. Toma de contacto inicial co mundo do circo a través das técnicas de malabares, acrobacias e equilibrios, potenciando a actividade física dun xeito lúdico.
- Mimo, con Fabiana Gastaldello – Sábados 11:00-13:00 h. Coñece as técnicas fundamentais do mimo contemporáneo: o mimodrama moderno de Marcel Marceau e o mimo corporal dramático de Étienne Decroux.
As clases comezan o luns 17 de outubro no local da asociación e rematan cunha mostra pública de fin de curso a mediados de Xuño.
Descarga o dossier coa información completa dos cursos e profesores: DOSSIER FORMACIÓN MANICÓMICOS e o DÍPTICO FORMACIÓN coa información máis básica.
Manicómicos: taller de improvisación libre con Chefa Alonso, do 11 ao 13 de outubro
Do
martes 11 ao xoves 13 de outubro
Manicómicos (Rúa Andrés Gaos, 16, baixo)
De 17:00 a 21:00 h.
Contacto e inscripcións: manicomicos at hotmail.com – Tlfnos: 981262604 / 692213292. O prezo xeral é de 60€, pagables o primeiro día do taller (prazas limitadas: reservas por orde de inscrición).
Taller de improvisación libre para músicos, bailaríns, artistas escénicos, poetas... con Chefa Alonso. "Para os que aínda non me coñecen e para os que se están preguntando e que nos ensinará Chefa?, aquí van unha serie de ideas e propostas de traballo, que non vos explico en detalle porque para iso está o taller, pero que vos poden dar unha idea do que imos facer. En termos xerais, exporei diversos exercicios para traballar aspectos específicos da improvisación e tamén (máis ben ao final), contareivos un pouco sobre os meus sinais e os meus criterios de condución:
1. Apertura e procura: desaprender o aprendido. Sós e dúos encadeados.
2. Debuxando o esqueleto: outras referencias. Miniaturas.
3. Buscando o propio espazo: onde e cando bailar. O tres desexos.
4. O só e o fondo: cando asollar e cando integrarse no grupo. Grupos con solistas.
5. Buscar o noso propio material ou desenvolver un material dado. Os sós.
6. O traballo en grupo. A orquestra ou o corpo de baile."
Máis información neste enlace á web de Manicómicos.
XII Festival Manicómicos: actuacións do domingo 7 de agosto
A XII edición do
Festival Manicómicos remata con este programa para o domingo 7 de agosto. Todas as actuacións son de entrada libre e gratuíta:
Praza de María Pita:
- 19:00 h. DJ. Capuzzi & Srta. X: "Disco delivery" (Arxentina - Galicia).
- 20:00 h. Gala do Novo Circo Galego.
Xardíns de Méndez Núñez:
- 18:30 h. Circo Escarranchado: "Circo loco" (Euskadi-Galicia).
- 19:30 h. Circo Escarranchado: "Circo loco" (Euskadi-Galicia).
Campo da Leña / Praza de España:
- 19:00 h. Tanxarina: "Trogloditas" (Galicia).
- 20:00 h. Jiribilla: "Las polis" (Galicia).
- 21:00 h. Tanxarina: "Trogloditas" (Galicia).
XII Festival Manicómicos: actuacións do sábado 6 de agosto
A XII edición do
Festival Manicómicos continúa co seguinte programa para o sábado 6 de agosto. Todas as actuacións son de entrada libre e gratuíta:
Praza de María Pita:
- 19:00 h. Djammal: "Clown on popping" (Portugal - Galicia).
- 20:00 h. DJ. Capuzzi & Srta. X: "Disco delivery" (Arxentina - Galicia).
- 21:00 h. Anchuán de la cream: "Anchuán de la cream" (Andalucía - Galicia).
Xardíns de Méndez Núñez:
- 18:30 h. Cabeza de pie: "Harto de ti" (Madrid-Arxentina).
- 19:30 h. Guille: "No estoy solo" (Galicia).
Campo da Leña / Praza de España:
- 19:00 h. Tanxarina: "Trogloditas" (Galicia).
- 20:00 h. Jiribilla: "Las polis" (Galicia).
- 21:00 h. Tanxarina: "Trogloditas" (Galicia).
XII Festival Manicómicos: actuacións do venres 5 de agosto
A XII edición do
Festival Manicómicos continúa co seguinte programa para o venres 5 de agosto. Todas as actuacións son de entrada libre e gratuíta:
Praza de María Pita:
- 19:00 h. Circo Escarranchado: "Circo loco" (Euskadi - Galicia).
- 20:00 h. Los Green Chinchón: "¡¡¡Greennkirikiii...!!!" (Madrid).
- 21:00 h. Boni: "In Situ" (Cataluña).
- 22:00 h. Taiyuán Circus: "Circo acrobático" (China).
Praza de Pontevedra:
- 19:00 h. Anchuán de la cream: "Anchuán de la cream" (Andalucía - Galicia).
- 20:00 h. Cabeza de pie: "Harto de ti" (Madrid - Arxentina).
- 21:00 h. Djammal: "Clown on popping" (Portugal - Galicia).
Campo da Leña / Praza de España:
- 19:00 h. Ouch Entertainment: "Cirque du Sally" (Irlanda).
- 20:00 h. Guille: "No estoy solo" (Galicia).
- 21:00 h. Circo Escarranchado: "Circo loco" (Euskadi - Galicia).
XII Festival Manicómicos: actuacións do xoves 4 de agosto
O
Festival Manicómicos chega á súa XII edición, co seguinte programa para o xoves 4 de agosto. Todos os espectáculos teñen entrada libre e gratuíta:
Praza de María Pita:
- 19:00 h. Boni: "In Situ" (Cataluña).
- 20:00 h. Los Green Chinchón: "¡¡¡Greennkirikiii...!!!" (Madrid).
- 21:00 h. Capitán Maravilla Productions: "Mono A - Mono B" (Madrid).
Xardíns de Méndez Núñez:
- 19:00 h. Amontonados por azar: "h2oLGA" (Arxentina).
- 20:00 h. Ouch Entertainment: "Cirque du Sally" (Irlanda).
- 21:00 h. Amontonados por azar: "h2oLGA" (Arxentina).
Centro Ágora: “Aparente-mente”, por A. C. Manicómicos
Mércores
29 e xoves 30
Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n. Ao lado do IES Agra do Orzán)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
"Aparente-mente" é un espectáculo que xorde logo do obradoiro de Creación Escénica que se leva a cabo dentro do programa de formación en artes escénicas da A. C. Manicómicos, cun elenco que mestura artistas de diferentes disciplinas como o clown, o teatro xestual, o bufón, o cabaré, a danza ou o novo-circo, baixo a dirección de Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro. "Aparente-mente" trata, aproveitando as disciplinas antes mencionadas, o tema tan actual na sociedade moderna das apariencias, do que amosamos na nosa capa social externa que ás veces oculta o noso verdadeiro ser. Que hai baixo a variedade de máscaras que nos poñemos cada días das nosas vidas para estar aquí ou alá? como aprendemos a xestionar o seu uso segundo a situación social na que nos desenvolvemos? que deixamos de dicir cando non nos atrevemos a facelo? que imaxe ofrecemos de nós mesmos ante un mundo que xa por si mesmo non sabe vivir sen elas? Con: Vanessa Rivas, Paco Alvarellos, Cristina Ramallal, Maruxa Marsal, Teresa Babío, Raquel Mosquera, Carmen Cotelo, Yago Concejo, Ate, Uxía Vázquez, Tareixa Cambeiro, Mónica Suárez, José Varela e Marcial Blanco. A Asociación Cultural Manicómicos ven desenrolando dende o seu nacemento no 2004 un enorme labor de promoción das artes escénicas, con numerosas actividades, aparte das súas creacións teatrais, tales como o seu "Festival Internacional de Teatro Cómico", a súa escola de formación -que na actualidade desenvolve un amplo programa que dá cabida a 12 cursos diferentes-, ou a xestión e dinamización cultural con cantidade de proxectos, desenvolvidos polos seus máis de 60 socios na actualidade, e leva participado en diferentes circuítos culturais con espectáculos de creación propia, que levaron o sorriso e a diversión a cantidade de espectadores, tales como "Casting", "Os Colombaíños", "Cabaré Manicómico", "Almacabra", "Making of" ou "Deprimidos ao río".
Fórum Metropolitano: actuacións do venres 17 na ‘Mostra de Escolas de Teatro 2011′
Venres
17
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 3 euros.
Remata a "Mostra de Escolas de Teatro 2011", representación das seguintes obras:
* T. E. N. (Teatro Escola de Narón): "Pasatempo", creación colectiva dos alumnos, coordinada por Pablo Sánchez.
* Escola de Artes Ardebullo: "Unha de vaqueiros", dirixida por Xosé Leis.
Fórum Metropolitano: actuacións do xoves 16 na ‘Mostra de Escolas de Teatro 2011′
Dentro da "Mostra de Escolas de Teatro 2011", este día representaranse as seguintes obras:
- 17:00 h. (Para nenos: entradas a 2 euros).
* O Baixiño: "Circo Alegre", creación colectiva coordinada por Teresa Babío.
* Manicómicos: "Os vagabundos" e "Patasarriba", creacións colectivas con grupos de diferentes idades, coordinadas por Teresa Babío e Cristina Ramallal.
- 20:30 h. (Para todos os públicos: entradas a 3 euros).
* Espazo Aberto: "Poema visual - morea de ratos", creación colectiva dos alumnos, coordinada por Carlos Neira.
* Manicómicos: "Mostra colectiva", escolma de números de teatro de movemento, acrobacia, clown e canto, creados para a ocasión polos seus alumnos, baixo a coordinación dos seus profes Gonçalo Guerreiro, Alfredo Pérez, Carlos Sante e Carmen Rey.
Fórum Metropolitano: actuacións do mércores 15 na ‘Mostra de Escolas de Teatro 2011′
Mércores
15
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 3 euros.
Dentro da "Mostra de Escolas de Teatro 2011", representación das seguintes obras:
- CasaHamlet: "Travesía" , sobre textos de Manuel Lourenzo e outros autores.
- Teatro do Andamio: "El aniversario", de Anton Chekhov, dirixida por Tatiana Likhacheva.
Fórum Metropolitano: ‘Mostra de Escolas de Teatro 2011′, organizada pola A. C. Manicómicos
A
Mostra de Escolas de Teatro é un proxecto que coordina Manicómicos coa colaboración da Concellaría de Cultura e o Fórum Metropolitano. Trátase dun punto de converxencia de distintas escolas de teatro de Galicia. Un viveiro de artistas das artes escénicas e unha grande oportunidade de amosar a evolución de novos intérpretes e creadores de teatro, clown, mimo, circo… Este é o programa previsto, con entradas a 3 euros, salvo a sesión do xoves 16 de xuño ás 16:30 horas, en que custarán 2 euros:
- Mércores 15 de xuño, 20.30 h.
* CasaHamlet: "Travesía" .
* Teatro do Andamio: "El aniversario".
- Xoves 16 de xuño:
17:00 h. (Para nenos: entradas a 2 euros).
* O Baixiño: "Circo Alegre".
* Manicómicos: "Os vagabundos" e "Patasarriba".
20:30 h.
* Espazo Aberto: "Poema visual".
* Manicómicos: "Mostra colectiva".
- Venres 17 de xuño, 20.30 h.
* T. E. N. (Teatro Escola de Narón): "Pasatempo".
* Escola de Artes Ardebullo: "Unha de vaqueiros".
“Xornadas do Cárcere”, actividades do mércores 8 de xuño
Comezan
as "Xornadas do Cárcere" na Antiga Prisión Provincial, promovidas polo Proxecto Cárcere, cun amplo programa de actividades que chegará até o sábado 11 de xuño.
As actividades do mércores 8 son as seguintes:
- 19:00 h. Inauguración das Xornadas: Lectura do manifesto da Plataforma Proxecto Cárcere, acompañados do saxofonista Marcos Casás.
- 19:15 h. Inauguración da exposición "Liberdad.é".
- 20:00 h. Debate aberto: "Producción e xestión cultural". Debate sobre alternativas aplicábeis ao Proxecto Cárcere de xestión e producción cultural. CSO Atochas, Culture Workers, Manicómicos…
- 21:30 h. Obradoiro a cargo de Fredi Muíños (A. C. Manicómicos).
- 22:00 h. Concerto de Manu Clavijo.
Actividade continua:
- Demostración e degustación: "Cociña solar e consumo responsábel". Juan Bello e Cooperativa Zocamiñoca.
- Mural participativo: "Cultura-Sociedade-Memoria". Plataforma Proxecto Cárcere.
















