Iberojazz 2009: concerto de Terela Grandín e Manolo Gutiérrez

Remata hoxe venres 30 o ciclo Iberojazz co concerto que ofrecerán no Fórum Metropolitano a vocalista Terela Grandín e o pianista Manolo Gutiérrez, que presentarán o seu novo traballo Pascala, un disco que afonda no pop de Radiohead e nas creacións propias desde a estética do Jazz. A banda estará formada por Terela Grandín, Manuel Gutiérrez (piano), Thomas Warbultan (baixo), Marcelino Galán (guitarra), Dani Domínguez (batería). A función comeza ás 21 horas e o prezo das entradas é de 7 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 5 €).

A serie paralela de concertos nos clubes tamén conclúe hoxe coa actuación a partir das 23 horas no Jazz Filloa do trío Citric, que presentará o seu primeiro traballo discográfico. Citric é un trío que vén de participar no circuíto de jazz do Injuve 2008 e está composto polo saxofonista Luis Verde, o contrabaixista Ander García e o baterista Hilario Rodeiro. A entrada é de balde.

Lembramos que o concerto de Clunia inicialmente previsto para mañá sábado 31 foi suspendido hai unhas semanas por causas alleas á vontade da organización e da banda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google