Cartaces, catálogos e dossieres, na zona de descargas do blog
Recordamos aos nosos lectores que na sección de descargas deste blog estamos subindo arquivos moi diversos para o seu uso libre por parte de todas as persoas que estean interesadas neles: catálogos de exposicións (SOBRE O ESPAZO INFINITO. A creación ao redor do mar, catálogo de Outonarte 2008; Quen puidera convosco voar, homenaxe dos artistas plásticos a Manuel Curros Enríquez e Broken chair, do not seat, exposición de Amador Iravedra), unidades didácticas, os mapas do ceo de cada mes (tomados da Guía do Ceo 2009, editada para celebrar o Ano Internacional da Astronomía), así coma os cartaces e dossieres dalgúns ciclos de actividades especialmente significativos. A zona de descargas irase actualizando constantemente con novos contidos.
Presentación dun audiovisual sobre Manuel Curros Enríquez
Mañá mércores 21 na sede da Real Academia Galega (Tabernas, 11) preséntase o audiovisual “Manuel Curros Enríquez. Na Frente unha estrela”, de X. H. Rivadulla Corcón. A proxección celebrarase ás 19:00. A entrada é de balde até completar aforo.
Poesía e música para pechar o centenario de Curros Enríquez
A Concellaría de Cultura pecha a programación de actividades realizadas no 2008 con motivo do centenario de Manuel Curros Enríquez coa presentación dun avance do audiovisual "Na fronte unha estrela" de X. H. Rivadulla Corcón, documental que aborda a obra poética e xornalística dunha figura referencial para a cultura galega. Ademais, disfrutaremos coa representación poético-musical "Quen puidera convosco voar!", un espectáculo a cargo de CASAHAMLET que ten como base literaria os poemas de Aires da miña terra. Conta coa participación dos actores Santiago Fernández e Manuel Lourenzo, a cantante Anahí Varela e o músico Brandam. A función terá lugar o martes 30 de decembro ás 20.30 no Teatro Rosalía Castro. A entrada é de balde.





















