Conferencia de Alberte Suras: “Dezasete letras na brétema”, na A. C. Alexandre Bóveda

Xoves Alberte Suras15
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia "Dezasete letras na brétema (unha ollada arredor de Manuel María)", a cargo do escritor e profesor Alberte Suras.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Homenaxe a Manuel María”, coa participación de Xabier Díaz e Guillerme Fernández

Mércores 7
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

"Homenaxe a Manuel María", no sétimo cabodano do seu falecemento, coa estrea do audiovisual "De amor e cantería", de Pixel Films, dirixido por Anxa G. Refoxo e realizado por Mikel Fontes, traballo de 10 minutos de duración que recrea os poemas de "Sonetos á casa de Hortas" nos que o autor chairego expresa a significación que para el tivo a súa casa natal en Outeiro de Rei. Posteriormente terá lugar a actuación musical de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, no que estrearán cinco pezas sobre poemas de Manuel María e outras gravadas en traballos anteriores.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “Galiza”, obra inédita de Manuel María, e do proxecto da súa Casa Museo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Reportaxe fotográfica de Lúas de Outono, Homenaxe a Manuel María, obra de Xiana de la Peña

martes, 21 setembro 2010, 12:00 | Category : fotografía, homenaxes
Tags : , ,

Neste enlace deixamos á disposición de todo o público esta reportaxe fotográfica do acto de homenaxe a Manuel María do pasado 7 de setembro, Lúas de Outono. Agradecemos enormemente a Xiana de la Peña a súa amabilidade para compartir con todos as súas fotografías.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe a Manuel María (descubrimento de placa e recitado de poemas) nas Festas de Monte Alto

Dentro das Festas de Monte Alto, organizadas pola Asociación de Veciños deste barrio, este sábado 11 realízanse os seguintes actos:
12:00 h. Homenaxe a Manuel María: descubrimento dunha placa conmemorativa e recitado de poemas na casa onde viviu (rúa Javier Fonte, 1).
Xa pola tarde, no Campo de Marte:
18:30. Actuación do clown infantil Peter Punk.
19:30. Actuación de Os Revoltas (folk galego).
21:00. Actuación de A Banda do Gurugú (música dos 80).
23:00. Actuación de Trapallada (Rock-ska galego).

Todas as actuacións teñen entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Lúas de outono. Homenaxe a Manuel María

Martescartaz manuel maria 7
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

LÚAS DE OUTONO pretende ser a rememoración dunha vida e dunha obra e a reivindicación da súa vixencia, comemorando o sexto aniversario do pasamento do poeta Manuel María. Nesta gala de homenaxe Uxía cantará poemas do autor chairego, acompañando un recital no que participan Pilar Pallarés, Luz Pozo Garza, Cesáreo Sánchez Iglesias e Miguel Anxo Fernán Vello. O acto está organizado pola Fundación Manuel María e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do proxecto da Casa Museo Manuel María na sede da Real Academia Galega (rúa Tabernas, 11)

martes, 15 xuño 2010, 13:00 | Category : poesía, presentacións
Tags :


Xoves 17
20:30
Real Academia Galega
Entrada: libre até completar capacidade

Presentación do proxecto da Casa Museo Manuel María. No acto intervirán o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, os responsábeis do proxecto, Xan Casabella e Xosé Díaz Vieites, o Secretario da Fundación, Alberte Ansede, e a Presidenta, Saleta Goy García. No transcurso do acto presentarase tamén a obra inédita de Manuel María "Cecais hai unha luz".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación dun libro en homenaxe a Manuel María

xoves, 12 novembro 2009, 10:00 | Category : homenaxes, presentacións
Tags :

Hoxe ás 20 horas na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande), presentación do libro Manuel María: literatura e nación. Interveñen Pilar García Negro, Teresa López, Alberte Ansede, Xoan Costa, Cesáreo Sánchez e Fernando González.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centos de persoas ateigaron o Teatro Rosalía de Castro na homenaxe a Manuel María

A Concellaría de Cultura da Coruña e a Fundación Manuel María encheron o pasado martes o Teatro Rosalía de Castro na homenaxe ao poeta da Terra Cha, Versos para sempre cantar. O xornal El Correo Gallego fíxose eco do rotundo éxito da convocatoria, da que lles ofrecemos un pequeno resumo neste vídeo:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe a Manuel María

manuelmaria

Mañá martes 8 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña, VERSOS PARA SEMPRE CANTAR: HOMENAXE A MANUEL MARÍA, cun recitado de poemas a cargo de Santiago Fernández e Dores Tembrás e a estrea da obra AVENTURAS DE DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA, unha peza dramática de Manuel María, musicada por Nani García e interpretada pola actriz María Inés Cuadrado e o cuarteto de clarinetes “Xerión”. Organiza a Concellaría de Cultura e Fundación Manuel María de Estudos Galegos. A función comeza ás 20:30 e a entrada é libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google