“Negro brillo”, proxecto escultórico de Manuel Mas na Fundación Luís Seoane

martes, 3 agosto 2010, 9:15 | Category : escultura, exposicións
Tags : , ,

Do 3 de agosto ao 10 de outubro
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Domingos de 11:00 a 14:00. Luns pechado
Fundación Luís Seoane (rúa San Francisco, s/n)
Entrada libre até completar capacidade.

O proxecto escultórico "Negro brillo" estará exposto no patio central da Fundación. A obra de Manuel Mas (Elche, 1976) é un intento de ver alén da propia inmediatez. Coa sobriedade e a elegancia propias dun truco de maxia, proponnos unha toma de conciencia do paso do tempo como dimensión que abre un lugar no espazo; un tempo estático, inmóvil, que se ralentiza como nun soño, organizando os obxectos nunha constelación propia. Un lugar hermético, lunar, atravesado polo reflexo das superficies e disposto a mostrar os ángulos máis esquecidos de mobles e obxectos, a reconstruir o afecto perdido polas costas dos grandes volumes domésticos, a xeometría agachada que somente o equilibro da ilusión pode recuperar. Así, o acto de ilusionarse é a única vía de acceso, e percorrer esa vía, unha ilusión. Deste xeito, materialidade e inmaterialidade, volume e luz, claridade e escuridade, estatismo e movemento configuran un xogo de alternancias no que o escultórico acaba por aproximarse ao ilusorio. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google