Normal: “Tour de Lecturas do Oeste”

Martes 8
Normal (Paseo de Ronda, 47)
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das "IV Xornadas sobre Normalización da Lingua e a Cultura no Ámbito da Educación", ten lugar o "Tour de Lecturas do Oeste", con este programa:
- 16:30 h. Mesa redonda "Xestionando a lectura pública [BoasPrácticas]", con Catuxa Seoane, da Rede de bibliotecas do Concello da Coruña, Marcos Lorenzo, Cristina Novoa e Albino Alonso, moderados por Héctor Pose.
- 18:15 h. Mesa redonda "Iniciativas empresariais ao redor do libro", con Iria Sobrino (Estaleiro editora), Begoña Varela (Nova Colón), Manel Cráneo (Demo Editorial) e Antón Lado (2.0 Editora), moderados por Héctor Pose.
- 19:30 h. Lois Pereiro segundo Marcos Calveiro. Presenta: Neves Arza.
- 20:30 h. Espectáculo poético-musical con María Lado e Lucía Aldao, presentadas por Eva Espido.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festa do Libro: actividades do martes 17, último día

FinalizaFesta do libro esta nova edición da FESTA DO LIBRO, aberta desde o venres 13 nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o seu último día: PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:

* Martes 17:
- 12:00 h.- Lectura colectiva e música. Organiza Queremos Galego. No Obelisco.
- De 17:30 a 19:30 h.- "Se queres un retrato faicho Xurxo Lobato". Se compras libros na Festa agasallámosche cun retrato que che fará Xurxo Lobato e que poderás visualizar, engadir notas, comentarios e descargar en tamaño e resolución orixinal desde Flickr. No Palco da Música.
- 18:00 h.- Presentación da serie de novelas "Suso Espada", de Francisco X. Fernández Naval (Ed. Everest). Lectura de fragmentos da última entrega "Suso Espada. Nota Roja". Participan Irene Penas, directora de Everest Galicia e o propio autor. No Kiosco Alfonso.
- 18:00 h.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo. No Kiosco Alfonso.
- 19:00 h.- Actuación de Nova Galega de Danza: "Tradicción". Diante do Kiosco Alfonso.
- 20:00 h.- "Declaración audiovisual: Lois Pereiro", por Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso.
- 20:30 h.- "Moita poesía, pouca diversión". Lucía Aldao e María Lado. Diante do Kiosco Alfonso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: “Moita poesía, pouca diversión”, con Lucía Aldao e María Lado

Martes Moita poesia pouca diversión8
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Espectáculo poético-musical de Lucía Aldao e María Lado: "Moita poesía, pouca diversión", dentro de "En feminino", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta". "Moita poesía, pouca diversión" é unha peza híbrida e pouco convencional na que mesturan poesía desenfadada, música e performance, que pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de reollo. Para iso sérvense da provocación, que só encerra unha verdade: para elas a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza ao espectador. Partindo deste presuposto, presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo. Durante o recital hai música en directo, xogos, historias que rodean os poemas, momentos de reflexión... pero sobre hai comunicación poética pura e verdadeira. Os textos que compoñen o recital son poemas propios, creados polas dúas poetas, algúns inéditos e outros recollidos en libros ou revistas. A música, parte substancial do espectáculo, pona a guitarra e a impresionante voz de Lucía.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: ciclo “En feminino”, todos os martes de febreiro e o 1 de marzo ás 19:30 h.

Todos Forum para blogos martes do mes de febreiro, con motivo da reinauguración da Biblioteca do Fórum, e dentro das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta", desenvólvese o ciclo "En feminino", todas elas dirixidas a público de máis de 14 anos e con entrada libre até completar capacidade:

- Martes 8. 19:30 h. "Moita poesía, pouca diversión", con Lucía Aldao e María Lado. Peza híbrida e pouco convencional na que mesturan poesía desenfada, música e performance, que pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de reollo. Para iso sérvense da provocación, que só encerra unha verdade: para elas a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza ao espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo.
- Martes 15. 19:30 h.: "Recital multimedia", con Yolanda Castaño. As novas tecnoloxías ao servizo da poesía desta recoñecida autora.
- Martes 22. 19:30 h.: "O porto da Coruña e a emigración de mulleres. Intertítulos para tres historias", por Dores Tembrás, no que se xunta historia e narración para acceder á verdade.
- Martes 1 de marzo. 19:30 h.: "Entre o universo e a tinta", por Estíbaliz Espinosa, coa rigorosa profundidade desta poeta na súa abordaxe da relación entre literatura e realidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

IV Encontros Milpedras: recital conxunto de poesía, música e arte

Venres Foto Milpedras17
21:00
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

No Taller de Litografía Milpedras desenvólvese a cuarta edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e arte. Actuarán recitando poemas Antía Otero, Chelo Suárez, Eduardo Estévez e María Lado, en paralelo á música de Manu Clavijo e a creación pictórica de Manoel Bonabal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

V Encontro de Escritores/as novos/as ante vellas preocupacións

O sábado 6 de novembro, no Palacio de Exposicións Kiosko Alfonso da Coruña, terá lugar o V Encontro de Escritores/as novos/as ante vellas preocupacións, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, co patrocinio do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO), a Deputación Provincial da Coruña e a Concellaría de Cultura da Coruña, e que pretende amosar o que se está a facer a día de hoxe na literatura. O programa está formado por:

10:00 a 11:30 h.
Mesa redonda: Que ten a poesía que ninguén a le pero todos a precisamos.
Con Celso Fernández Sanmartín, Óliver Laxe e Álvaro Negro.
Coordinación de Antía Otero.

12:00-14:00 h.
Mesa redonda: MAIS tan importantes son os premios literarios?
Con Ledicia Costas, Olalla Cociña e Lucía Novas.
Coordinación de Francisco Castro.

17:00-18:30 h.
Mesa redonda: Recóllote i érgote no verbo inteiro. A literatura galega de hoxe ante o seu idioma.
Con María Lado, Olalla Tuñas e Xosé Daniel Costas.
Coordinación de Marta Dacosta.

19:00-20:00
Recital e clausura.

Toda a información está disponíbel neste enlace á páxina do V Encontro. O acceso será libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival Artístico Paralelo 43º 21’ 45” (ARTES LITERARIAS)

ParaleloSábado 15

Mercado das Conchiñas:
11:30.- “O MERCADO DA POESÍA” (recital poético): Celso Álvarez Cáccamo, Dores Tembrás, Enma Pedreira, Eva Veiga, Francisco F. Naval, Françoise Davós, Luís Maças, Xosé Luís Otero Cebral, María Lado, Maruxa Martínez Baleirón, Natalia Margalejo, Pedro Casteleiro, Ramiro Torres, Xavier Seoane, Xoán Abeleira, Eduardo Estévez. Acompañados da música de César Morán e Dúbi Baamonde.

Rúa Barcelona (entre o 113 e o 117):
20.00.- “SLAM PROPÓLIS”: Aurora Abelaidas Vilariño, Ramón Chrarliú Osores, papis Diao e Nico. Acompaña Danza Duende de Cristina Morán.

Patrocina: Concellaría de Igualdade e Participación. Colaboran: Concellaría de Cultura e Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Poesía e música de María Lado e Lucía Aldao

mércores, 12 maio 2010, 0:01 | Category : música, poesía
Tags : ,

Venres 14
23:00
O Alfaiate (San Xoán 7)
Entrada: libre até completar capacidade

Dentro do ciclo "CONTAMOS CONTIGO: A palabra como protagonista".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Lucía Aldao e María Lado (poesía e música) no Patachim

mércores, 5 maio 2010, 10:48 | Category : música, poesía
Tags : ,

Venres 7cartazac
23:00
O Patachim (Orillamar 16)
Entrada: libre até completar capacidade

LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO (poesía e música) actuarán dentro do ciclo "CONTAMOS CONTIGO: A palabra como protagonista". É unha actividade da campaña "A cidade que le".

MOITA POESÍA, POUCA DIVERSIÓN

Despois de pasear durante uns cantos anos o xa mítico "Onde estea un cubata que se quite un soneto", María Lado (Cee, 1979) e Lucía Aldao (A Coruña, 1982) voltan aos bares coa mochila chea de versos. O formato é clásico, a actitude non. Trátase dun recital desenfadado onde sobre todo haberá poesía, como ten que ser, e algunha que outra sorpresa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Kirmen Uribe e María Lado no ciclo Poetas Di(n)versos

luns, 19 abril 2010, 11:12 | Category : 1
Tags : , ,

PDinVersos_6_kuribeUn paso máis do ciclo de recitais poéticos dirixido pola poeta Yolanda Castaño e organizado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña coa participación mañá martes 20 de abril dos escritores Kirmen Uribe e María Lado. O acto comezará ás 20:30 na Casa da Cultura Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga, 10).

Kirmen Uribe "naceu nunha familia vencellada á pesca. Licenciouse en Filoloxía Vasca en Vitoria e cursou estudos de postgrao de Literatura Comparada en Trento (Italia). O seu primeiro premio literario importante recolleuno en 1995 cando estaba a cumprir condena por ser insumiso e negarse a ir ao servizo militar obrigatorio. O 14 de outubro de 2009 concédenlle o Premio Nacional de Narrativa 2009 pola súa obra Bilbao-New York-Bilbao." (Wikipedia)

PDinVersos_6_mlado«A maría lado parírona alá por 1979 nun coche da velvet underground nalgún lugar da nada que une a nada do cee que figura oficialmente como lugar de nacemento e santiago de compostela, a gran nada no centro da nada.

Pero ela non podía con ese baldeiro e medrou enchéndoo de pegadas. ten publicados tres libros con textos deses que non chegan ao final da liña: a primeira visión (letras de cal, 1997), casa atlántica casa cabaret (xerais, 2002) e berlín (concello de santiago-El correo gallego-aelg, 2005). [...]» (AELG)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google