Casa Museo Casares Quiroga: exposición “O son das buguinas”, por Implicadas no Desenvolvemento

Do O son das buguinasvenres 9 de decembro ao domingo 15 de xaneiro
Casa Museo Casares Quiroga (R/ Panadeiras nº 12).
De martes a sábado: de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición fotográfica e informativa de Implicadas no Desenvolvemento sobre a tsunami (catástrofe ocurrida o 26 de decembro de 2004 no sueste asiático, concretamente na rexión de Tamil Nadu e onde Implicadas xa estaba traballando xunto coa súa contraparte da India, PDI). Esta exposición responde ao título "O son das buguinas", e conta con fotos de Paco Vila Barros, ilustracións de Xulia Barros e textos de María Reimóndez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: presentación da campaña 1 de 200, de Implicadas no Desenvolvemento

Sábado 12
Fórum Metropolitano
12:30
Entrada libre até completar capacidade.

Organizada por Implicadas no Desenvolvemento, presentación da campaña "1 de 200" e proxección de "Quererás ser" e outras pezas audiovisuais, coa intervención de María Reimóndez, Yolanda Castaño e Antón Reixa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación da novela Pirata de María Reimóndez

mércores, 30 setembro 2009, 17:00 | Category : Libro e lectura, presentacións
Tags : , , ,

A novela Pirata de María Reimóndez será presentada mañá xoves 1 de outubro na Sala Maremágnum do Aquarium Finisterrae da Coruña. No acto participarán ademais da autora o editor Manuel Bragado, a escritora Yolanda Castaño e o músico Xabier Díaz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

María Reimóndez no II Encontro Cidade da Coruña

martes, 19 maio 2009, 14:00 | Category : conferencias, encontros e xornadas, escritores
Tags : ,

Entrevista e fragmentos do debate da primeira sesión do II Encontro Cidade da Coruña (2009), baixo o lema Mulleres na Literatura. A intervención de María Reimóndez tiña por título Por min e polas miñas compañeiras, e tratou sobre as visibilidades e invisibilidades das escritoras galegas.

O II Encontro Cidade da Coruña desenvólvese na sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11). Tralas palestras de María Reimóndez (24 de abril), Elena Poniatowska (8 de maio) e Marilar Aleixandre (15 de maio), o ciclo pechará o próximo venres 22 de maio cunha conferencia de Teresa Moure. Estas xornadas contan co patrocinio e colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e están organizados pola AELG.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

II Encontros Cidade da Coruña

mulleres-na-literatura

Este venres comezan os II Encontros Cidade da Coruña, organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Os actos desenvolveranse na Sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), sempre ás 20.00, e contarán coa presenza das escritoras María Reimóndez (24 de abril), Elena Poniatowska (8 de maio), Marilar Aleixandre (15 de maio) e Teresa Moure (22 de maio). Estes II Encontros contan co patrocinio e colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Programa en PDF dos II Encontros: [descargar]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google