Biblioteca do Fórum: Conferencia “Sempre nos quedará o Forum”, de Martin Pawley, dentro de “De película”

martes, 15 febreiro 2011, 12:18 | Category : bibliotecas, cinema, conferencias
Tags : , ,

Mércores Biblioteca do Fórum16
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia "Sempre nos quedará o Fórum. Números do negocio cinematográfico", por Martin Pawley. "Agora que algúns se empeñan en recitar coma un mantra que a crise é por culpa da piratería. O caso é que en Francia, 2010 foi o mellor ano en número de espectadores dos últimos corenta anos en Italia viviron o mellor ano da década, en Finlandia duplicaron a venda de entradas, en Arxentina foi de fábula... e noutros países non, claro. "Copia certificada" de Abbas Kiarostami pode ser un pequeno éxito en España con máis de cen mil espectadores, pero ten absolutamente imposíbel a estrea comercial en Galicia, de maneira que só nun espazo coma o Fórum (viuse este mes) é posíbel vela. Falar diso, dos novos espazos de negocio, os visionados online, explicar como en Francia tamén as salas comerciais "programan", ordenan ben as proxeccións para fidelizar o público, e por iso alí se ven en cidades máis pequenas que Coruña pelis que aquí non veríamos nin en soños...". Dentro de "De película", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: ciclo “De película”, os mércores de febreiro e o 2 de marzo ás 19:30 h.

Todos Forum para blogos mércores do mes de febreiro, con motivo da reinauguración da Biblioteca do Fórum, e dentro das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta", terán lugar estas conferencias, baixo o título xenérico de "De película", todas elas dirixidas a un público maior de 14 anos e con entrada libre até completar capacidade (na do 2 de marzo será precisa inscrición previa):

- Mércores 9. 19:30 h.: "Encontro co director de cine Oliver Laxe", xa recoñecido internacionalmente a pesar da súa xuventude.
- Mércores 16. 19:30 h.: "Sempre nos quedará o Fórum. Números do negocio cinematográfico", por Martin Pawley. "Agora que algúns se empeñan en recitar coma un mantra que a crise é por culpa da piratería. O caso é que en Francia 2010 foi o mellor ano en número de espectadores dos últimos corenta anos en Italia viviron o mellor ano da década, en Finlandia duplicaron a venda de entradas, en Arxentina foi de fábula... e noutros países non, claro.  Falar diso, dos novos espazos de negocio, os visionados online, explicar como en Francia tamén as salas comerciais "programan", ordenan ben as proxeccións para fidelizar o público".
- Mércores 23. 19:30 h.: "Do audiovisual á literatura: proxección de curtas. Mr. Misto." Proxección das curtas 'Dous homes e un suicidio', unha comedia de Iria López; 'O soldadiño de chumbo', de Virginia Curiá e Tomás Conde e 'A flor máis grande do mundo', de Pablo Etcheverry, baseada no relato de Saramago. As tres pezas serán presentadas brevemente polos seus directores, e ó fin do visionado o público poderá entablar conversa con eles para charlar acerca do audiovisual e a súa relación coa literatura.
- Mércores 2. 19:30 h.: "Obradoiro: No ollo da arte. Un xeito de entender a literatura a través da arte", por Antía Otero. Con inscrición previa. Obradoiro destinado a tod@s @s interesad@s na arte, na literatura, na expresión, na ollada, na linguaxe... dunha maneira lúdica e interdisciplinar.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe en Cannes será o día de Oliver Laxe

mércores, 19 maio 2010, 13:52 | Category : cinema
Tags : , , ,

As proxeccións de Todos vós sodes capitáns, de Oliver Laxe, no Festival de Cannes poden consultarse en Días Estranhos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación (tamén) na Coruña do libro 55 mentiras sobre a lingua galega

O libro 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinado por Xosé-Henrique Costas, preséntase hoxe venres 5 de febreiro ás 20:30 na Sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande (a entrada é pola Rúa da Estrela). Participarán Pancho Pillado, Martin Pawley, Mercedes Queixas e Alfredo Ferreiro. O acto forma parte da multipresentación organizada por ProLingua para dar a coñecer o libro. Haberá presentacións en 69 localidades de todo o mundo, en Galicia e fóra de Galicia: ao tempo que o libro se presenta na Coruña, en Vigo, en Guitiriz ou en Verín haberá tamén actos en Madrid, Barcelona, Vitoria-Gasteiz, Trintxerpe, París, Londres, Copenhague, Tübingen, Nova York, Madison, Bos Aires, Saraievo, Belén e Nablús. A presentación de Vigo poderá verse ademais online a través de Internet.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Luces, cámara… evolución

luns, 30 marzo 2009, 10:00 | Category : ciencia
Tags : , ,

O ciclo de divulgación científica Os luns con ciencia, patrocinado por Caixanova, ofrece hoxe un zapping científico con secuencias de películas, series de TV, anuncios e outras produccións audiovisuais que reflicten ideas sobre a evolución de Darwin. A actividade estará conducida por José Manuel Sande, membro do equipo de programación do CGAI e do consello de redacción da Revista AG, quen dará paso ás intervencións de Ernesto Carmena, biólogo que actualmente traballa no campo da imaxe dixital e autor do blog El Paleofreak, unha das referencias mundiais en español sobre a evolución e a crítica ás teses creacionistas, e de Martin Pawley, un dos responsábeis da Mostra de Ciencia e Cinema e autor do blog días estranhos, unha das bitácoras veteranas da Internet galega.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google