Memoria histórica: arqueoloxía na sepultura de García Lorca

xoves, 19 agosto 2010, 10:15 | Category : conferencias, historia
Tags : , ,

amigosmuseosgaliciaVenres 20
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 baixo)
20:00
Actividade aberta a todos.

En “Portas Ártabras”, o espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia (tras ábside da Colexiata de Santa María, na Cidade Vella), o arqueólogo coruñés Daniel Quiroga, que participou na excavación das fosas do barranco de Viznar (Granada), dará a conferencia "Memoria histórica: arqueoloxía na “sepultura” de García Lorca".

Máis información na web de Amigos dos Museos de Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe a Luisa Viqueira Landa, Republicana de Honra 2010

venres, 16 abril 2010, 11:30 | Category : historia, homenaxes
Tags : , ,

Dentro das actividades organizadas pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña con motivo do Día da República, este venres réndese unha homenaxe a Luisa Viqueira Landa, nomeada por esta Asociación Republicana de Honra 2010, na que participarán o seu fillo Manuel Rodríguez Viqueira, profesor de arquitectura da Universidade Autónoma Metropolitana de México, e o profesor Manuel Miragaia, membro da Xunta Directiva da Comisión organizadora. Será ás 20 horas, na Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras 12). A entrada é libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega

Do xoves 15 ao sábado 17 de xaneiro vaise celebrar no Paraninfo da Universidade da Coruña (Rúa da Maestranza, s/n) o Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega, organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. A inscrición no congreso é gratuíta e foi solicitada a súa homologación por 19 horas lectivas. Detallamos a seguir o programa do congreso:

Xoves 15:
19:00 - Inauguración
19:15 - Hartmut Heine: Visión de conxunto da guerrilla galega
21:00 - Actuación de Miro Casabella

Venres 16:
10:00 - Bernardo Máiz Vázquez: A lexislación represiva ata a creación do TOP. Xosé Luís Rodríguez Pardo: Do TOP e do xuízo aos 23 de Ferrol
11:45 - Emilio Grandío Seoane: A primeira resistencia. Xoán Carlos Garrido Couceiro: Os do monte 1936-1939 (Os primeiros). Xulio Prada Rodríguez: Os primeiros fuxidos ourensáns.
16:30 - Bechir Yazidi: El exilio de los republicanos en África del Norte. Javier Rodríguez: La guerrilla en el nordeste de León. Alejandro Rodríguez Gutiérrez: A guerrilla no Bierzo: Manuel Girón Bazán.
19:00 - Francisco Xavier Redondo Abal: As fontes documentais para o estudio da guerrilla antifranquista galega no Arquivo Histórico do PCE. Carlos Nuevo Cal: A represión contra a guerrilla na Mariña lucense.

Sábado 17:
10:00 - Carlos Reigosa: Vidas cruzadas, vidas paralelas. Carlos Parrado: Curuxás: a guerrilla antifranquista na terra de Melide e a Ulloa. Fernando Vidal Collazo: A guerrilla na Costa da Morte bergantiñán. Manuel Pazos: A guerrilla na bisbarra de Ordes: 1936-1952.
12:15 - Eliseo Fernández: O anarquismo galego e a resistencia antifranquista: unha historia esquecida. Uxío Breogán Diéguez Cequiel: A resistencia armada e o nacionalismo galego. Víctor Santidrían Arias: O PCE e a guerrilla.
16:30 - Proxección de A Illa de Chelo.
17:30 - Intervención de guerrilleiros e enlaces da guerrilla.
19:00 - Secundino Serrano: A guerrilla antifranquista española, unha visión de conxunto.
20:30 - Actuación de A Quenlla.

Máis información, na web do congreso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google