A. C. Alexandre Bóveda: mesa redonda “O xogo das cadeiras e outras invisibilizacións”

Xoves A. C. Alexandre Bóveda1
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

En conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, terá lugar unha mesa redonda baixo o título "O xogo das cadeiras e outras invisibilizacións", en que participarán Mercedes Queixas, Ana Pontón, Pilar García Negro e Ana Rúa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

40 Feira do Libro: programa do martes 2 de agosto

Estas Federación de Libreiros de Galiciason as actividades previstas para o martes 2 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:

- 12:00 h. Feira infantil. Obradoiro de marca páxinas a cargo de Brétema Animación.
- 19:00 h. O escritor Francisco Castro presentará o seu libro "In vino veritas", publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e Mercedes Queixas.
- 19:30 h. O escritor Manuel Fuentes González asinará exemplares do seu libro "Ecos del camino" (ensaio), publicado polo Instituto Cepedano de Cultura.
- 20:00 h. Conversa con Agustín Fernández Paz, Óscar Sánchez e Iago Martínez arredor da novela "Non hai noite tan longa", publicada en Xerais.
- 20:00 h. O escritor e fiscal Luis Anguita Juega asinará exemplares do seu libro "Mi lugar. Mi pequeño sueño", publicado por Ed. Vitrubio (selo Nostrum).
- 20:30 h. O ilustrador David Pintor e o autor Carlos López (Pinto e Chinto), asinarán exemplares das súas obras.
- 21:00 h. "A nova literatura de terror". Charla coloquio do escritor e piloto de aviación Francisco Narla, autor da novela "Caja negra", publicada por Alberto Santos. Imágica Ediciones.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Curso de verán “Literatura e espazo urbano: ‘Os libros arden mal’, de Manuel Rivas”, do 11 ao 15 de xullo

O curso "Literatura e espazo urbano: 'Os libros arden mal' de Manuel Rivas", celébrase do luns 11 ao venres 15 de xullo na Reitoría da Universidade da Coruña, Casa Museo Casares Quiroga e Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, organizado pola Universidade da Coruña, a Fundación Vicente Risco e a colaboración do Concello da Coruña e a Xunta de Galicia, centrándose na análise da presenza da cidade da Coruña a partir dunha obra literaria, neste caso: "Os libros arden mal", de Manuel Rivas. Como obxectivo final do curso, o alumnado terá que elaborar propostas para roteiros e/ou unidades didácticas que teñan esa obra como referente e punto de partida. Estas propostas serán presentadas ao Concello da Coruña para a súa publicación e difusión. No primeiro día, despois dunha breve introdución á obra realizada polo propio autor, Manuel Rivas, explicarase o plano de traballo para o que se distribuirá o alumnado en catro grupos pequenos (máximo 10 persoas). Cada grupo estará tutorizado por un/unha profesor/a que será quen lle dea as indicacións pertinentes para guiar o seu traballo durante o curso. Este traballo terá unha primeira fase a partir das sesións (teóricas e prácticas) que se levarán a cabo nos talleres multidisciplinares, cada un deles dirixido por un/unha docente pertencente a diferentes ámbitos do coñecemento (arquitectura, urbanismo, socioloxía e arte); a segunda fase do traballo consistirá na elaboración, sempre guiada polos/as profesores/as tutores/as, de materiais didácticos sobre a cidade da Coruña creados a partir da novela de Manuel Rivas, que serán entregados á Concellaría de Cultura para a súa difusión e utilización no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
Nota: Sería necesario que o alumnado lese a obra antes do comezo do curso, polo que a obra se entregará (na Oficina de cursos da UDC) como agasallo ao formalizar a matrícula -para un máximo de 36 alumnos- (toda a información sobre este proceso aquí).
* RELACIÓN DE TUTORAS/ES:
- 2 profesoras-tutoras: María dos Anxos González Refoxo e Mercedes Queixas Zas.
- 2 profesores-tutores: José Alfeirán e Luis Martínez-Risco Daviña.
Os/as catro son profesores/as de Ensino Secundario, con recoñecida experiencia na elaboración de unidades didácticas e outros materiais para o ensino e a difusión do noso patrimonio cultural.
* RELACIÓN DE PROFESORES/AS DOS OBRADOIROS MULTIDISCIPLINARES:
- Arquitectura: Pablo Gallego Picard (Arquitecto e profesor da UDC).
- Arte: Xosefa Cerviño Lago (Catedrática de Historia e prof. Asociada na UDC).
- Socioloxía: Xosé Leira López (Profesor Titular de Socioloxía na UDC).
- Urbanismo: María José Piñeira (Profesora Asociada na USC).

PROGRAMA DO CURSO

Luns 11 de xullo
MAÑÁ [Reitoría: sala de xuntas do Consello de Goberno]
- 10:00 h. Recepción de asistentes.
- 10:30-11:00 h. Inauguración polas autoridades académicas e institucionais.
- 11:15-12:15 h. Conferencia inaugural a cargo de Manuel Rivas: "O autor fala da súa obra [título por definir]".
- 12:30-13:30 h. Presentación do plano de traballo e organización dos grupos.
TARDE
- 16:30-20:30 h. Traballo de campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña].

Martes 12 xullo
MAÑÁ

- 10:00-14:00 h. Traballo de campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
- 16:30-20:30 h. Posta en común co/a tutor/a.

Mércores 13 xullo
MAÑÁ

- 10:00-14:00 h. Traballo de Campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
- 16:30-20:30 h. Posta en común co/a tutor/a.

Xoves 14 xullo
MAÑÁ

- 10:00-14:00 h. Traballo de Campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
- 16:30-20:30 h. Traballo co/a tutor/a. Posta en común con correccións.

Venres 15 xullo
MAÑÁ [Filoloxía]
- 10:00-14:00 h. Posta a punto das propostas co/a tutor/a. Elaboración final das diversas propostas de materiais didácticos para seren entregadas a Concellaría de Cultura para o seu uso no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
TARDE [Casa Casares Quiroga]
- 17:00-19:00 h. Presentación pública das diversas propostas de publicación elaboradas para seren entregadas a Concellaría de Cultura para o seu uso no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
- 19:00-20:00 h: Conferencia de clausura a cargo de Javier Gómez Montero: "O conxuro anamnésico de 'Os libros arden mal'".
- 20:00-20:15 h. Clausura do curso polas autoridades académicas e institucionais.
- 20:30-22:00 h. Concerto de clausura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca de Estudos Locais: conferencia “Unha tarde con Lois Pereiro”, de Mercedes Queixas e actuación de Manu Clavijo

Venres Lois Pereiro 220
Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia "Unha tarde con Lois Pereiro", a cargo de Mercedes Queixas Zas, autora do libro "Lois Pereiro, a urxencia poética dun futuro alleo", publicado en Laiovento, e a actuación do músico galego-arxentino Manu Clavijo. Os asistentes poderán ademais contemplar a mostra bibliográfica "Lois Pereiro e o posmodernismo coruñés" que presenta a Lois Pereiro na súa implicación coa movida dos anos oitenta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festa do Libro, actividades do venres 13 de maio

ComezaFesta do libro esta nova edición da FESTA DO LIBRO, do venres 13 ao martes 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o día de hoxe: PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:

* Venres 13:
- 11:30 h.- Inauguración da Festa do Libro.
- 18:00 h. - Presentación do DVD "Lois Pereiro" realizado polo alumnado do IES Urbano Lugrís e coordinado por Xulia Rodríguez Abella. No Kiosco Alfonso.
- 18:00 h.- Sinatura por parte de Mercedes Queixas Zas dos libros "Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo", publicado en Laiovento, e "Vivir, aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg", publicado en Galaxia. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00 h.- Presentación do libro "Futuro imperfecto", de Xulia Alonso. Participan Víctor F. Freixanes, Fran P. Lorenzo, Elena Pernas e a propia autora. No Kiosco Alfonso.
- 20:00 h.- Presentación do libro de Antón Patiño "Lois Pereiro. Radiografía do abismo", publicado en Espiral Maior. Conferencia do autor e proxección de imaxes sobre a figura de Lois Pereiro. Intervirá, co autor, Miguel Anxo Fernán Vello. No Kiosco Alfonso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo”, de Mercedes Queixas

Venres 13
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo", de Mercedes Queixas, acompañada por Francisco Pillado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca de Estudos Locais: presentación de “Vivir, unha aventura irrepetíbel”, de Mercedes Queixas

Luns 25
Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10, 2º andar)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Vivir, unha aventura irrepetíbel", biografía de María do Carme Kruckenberg, obra de Mercedes Queixas, publicado en Galaxia. No acto participan Francisco Castro, Mercedes Queixas, e a propia María do Carme Kruckenberg, e dado que a poeta é tan amante do jazz, está prevista a actuación do grupo Tres Azoteas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Mariasun Landa: “Creación, Lingua e Identidade”, nos IV Encontros Cidade da Coruña

Mércores CARTAZ IV ENCONTRO CIDADE DA CORUÑA6
Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Segunda conferencia dos "IV Encontros Cidade da Coruña", baixo o lema "Ser Escritor, Ser Escritora", organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega. Mariasun Landa fará un percorrido pola súa extensísima obra guiada polo título "Creación, Lingua e Identidade", nun acto presentado por Mercedes Queixas. Nada en Rentería en 1949, Mariasun Landa Etxebeste licenciouse en Filosofía en París en 1973 e en Filosofía e Letras pola Universidade de Valencia. Exerceu como profesora de Educación Básica durante varios años, así como no Servizo de Euskaldunización do Profesorado (IRALE-Goberno Vasco). Actualmente é profesora titular de Didáctica da Literatura na Escola Universitaria do Profesorado de Donostia (UPV / EHU). Colaborou en numerosas revistas e xornais do País Vasco, pero o seu labor creativo céntrase sobre todo na literatura infanto-xuvenil en lingua vasca. Autora de máis dunha trintena de títulos para nenas e nenos, grande parte da súa obra foi traducida a castelán, catalán, galego, así como a outras linguas extrapeninsulares: inglés, francés, alemán, grego, árabe, coreano albanés,... Entre algúns dos premios literarios que recibiu, destacan o premio de maior tradición na literatura vasca, o "Lizardi de Literatura Infantil" en éuscaro co conto "Txan Fantasma" en 1982 (do que existe versión en galego, "Chan, a pantasma") e o Premio Euskadi de Literatura Infanto-xuvenil en 1991 coa obra "Alex". En 2003 gañou o Premio Nacional de Literatura Infanto-xuvenil do Ministerio de Cultura coa obra "Un crocodilo debaixo da cama" escrita orixinalmente en lingua vasca ("Krokodiloa ohe azpian"). O seu libro "Iholdi" foi incluído na lista de honra do IBBY en 1992, e "Un crocodilo debaixo da cama" en 2006. "Elefante corazón de paxaro" foi seleccionado para a lista dos White Raven de 2001 que elabora a recoñecida Biblioteca Internacional do Libro Infanto-xuvenil de Múnic.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa Casares Quiroga: “Ricardo Carvalho Calero: (Re)nacer cen anos despois”, por Mercedes Queixas

martes, 16 novembro 2010, 12:29 | Category : conferencias
Tags : , ,

Mércores 17
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia de Mercedes Queixas Zas sobre "Ricardo Carvalho Calero: (Re)nacer cen anos depois".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro colectivo En defensa do poleiro

Xoves 21
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "En defensa do poleiro", publicado por Toxosoutos, libro colectivo, iniciativa da Plataforma en defensa do uso público e educativo do mosteiro de Celanova, que contou coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e no que participaron máis de 60 escritores galegos. No acto estarán presentes os representantes da Plataforma, encabezados por Xoán Carlos Domínguez Alberte , o presidente e secretaria da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias e Mercedes Queixas, así como a totalidade dos autores do entorno coruñés que participan nesta iniciativa: Olga Patiño, Diana Varela, Xulio López Varcárcel, Lino Braxe, Paco Souto e Francisco X. Fernández Naval. Expoñeranse tamén as ilustracións da pintura Mané Boán que ilustran o libro e proxectarase o audiovisual: O Iesplicable.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Acto da AELG no Día de Rosalía

A Asociación de Escritores en Lingua Galega promove para mañá mércores día 24 de febreiro a lectura dun manifesto conmemorativo do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, a celebrar en varias cidades do país. Na Coruña a lectura terá lugar ás 18:00 no monumento a Curros Enríquez e contará coa participación de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG; Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG, Manuel Rivas, Xavier Seoane e Luz Pozo. Colabora a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación (tamén) na Coruña do libro 55 mentiras sobre a lingua galega

O libro 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinado por Xosé-Henrique Costas, preséntase hoxe venres 5 de febreiro ás 20:30 na Sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande (a entrada é pola Rúa da Estrela). Participarán Pancho Pillado, Martin Pawley, Mercedes Queixas e Alfredo Ferreiro. O acto forma parte da multipresentación organizada por ProLingua para dar a coñecer o libro. Haberá presentacións en 69 localidades de todo o mundo, en Galicia e fóra de Galicia: ao tempo que o libro se presenta na Coruña, en Vigo, en Guitiriz ou en Verín haberá tamén actos en Madrid, Barcelona, Vitoria-Gasteiz, Trintxerpe, París, Londres, Copenhague, Tübingen, Nova York, Madison, Bos Aires, Saraievo, Belén e Nablús. A presentación de Vigo poderá verse ademais online a través de Internet.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mercedes Queixas presenta libro sobre Ramón Piñeiro

xoves, 18 xuño 2009, 12:00 | Category : Libro e lectura, presentacións
Tags : ,

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda informa que este xoves 18 de xuño terá lugar a presentación do libro Ramón Piñeiro, a expresión cultural dunha estratexia política de Mercedes Queixas Zas, editado por Laiovento. A autora estrá acompañada por Francisco Pillado e Pilar García Negro. Será ás 20:30h. no salón de actos da asociación (R/ Olmos 16-18, 1º) con entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google