Lúas de outono. Homenaxe a Manuel María

Martescartaz manuel maria 7
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

LÚAS DE OUTONO pretende ser a rememoración dunha vida e dunha obra e a reivindicación da súa vixencia, comemorando o sexto aniversario do pasamento do poeta Manuel María. Nesta gala de homenaxe Uxía cantará poemas do autor chairego, acompañando un recital no que participan Pilar Pallarés, Luz Pozo Garza, Cesáreo Sánchez Iglesias e Miguel Anxo Fernán Vello. O acto está organizado pola Fundación Manuel María e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación e recital de poesía no FNAC

Venres 3
FNAC (Praza de Lugo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Con motivo da presentación da antoloxía bilingüe alemán-galego: Ein Rosenfeure, das uns Verstört: 4 Dichter aus Galicien, 4 poetas galegos, publicado polo Centro de Estudos Galegos de Kiel (Alemaña), desenvolverase un recital dos seus autores: Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xulio L. Valcárcel e Xosé María Álvarez Cáccamo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Peixoto e Fernán Vello no “Poetas di(n)versos”

mércores, 12 maio 2010, 10:46 | Category : poesía, vídeo
Tags : ,

Así foi a 4º sesión do ciclo, celebrada o 23 de febreiro:

O próximo martes contaremos con Elena Medel e Marica Campo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Poetas di(n)versos: José Luís Peixoto e Miguel Anxo Fernán-Vello

luns, 22 febreiro 2010, 11:00 | Category : poesía, recitais
Tags : , ,

peixotomiguelanxo

Continúa o ciclo de recitais poéticos dirixido pola poeta Yolanda Castaño e organizado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña coa participación mañá martes 23 de febreiro dos escritores José Luís Peixoto e Miguel Anxo Fernán Vello. O acto comezará ás 20:30 na Casa da Cultura Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga, 10).

José Luís Peixoto é unha das principais revelacións literarias da última década en Portugal, cunha proxección extraordinaria que o levou a ser traducido xa a vinte idiomas e a acadar un gran recoñecemento tanto no seu propio país coma no estranxeiro. Literariamente polifacético e ambicioso, Peixoto é todo un ídolo das letras portuguesas actuais que chegou a vender quince mil exemplares dun dos seus poemarios.

Miguel Anxo Fernán Vello non precisa presentación no noso país. Dende os oitenta até a actualidade a obra poética de quen tamén é o meirande editor de poesía en galego foise convertendo nunha das máis sólidas e prolíficas do noso panorama. Finalista do Nacional e gañador do Premio da Crítica Española en varias ocasións, Miguel Anxo é un dos autores galegos máis respectados fóra de Galicia.

Descargar dossier en PDF (311 KB)

Apúntate ao recital no evento en Facebook.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que este xoves 17 de
decembro terá lugar a celebración da Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor. Na mesma terá lugar a intervención poética de diversos integrantes desta xeración como Lino Braxe, Manuel Rivas, Miguel Mato, José Devesa, Miguel Anxo Fernán Vello, Xulio L. Valcarcel ou Xavier Seoane. O acto será presentado por Consuelo Bautista e durante o mesmo presentarase un libro e cd homenaxe a esta xeración poética. Será no teatro Rosalía de Castro, ás 20:30 h. con entrada gratuíta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético en homenaxe a González Garcés

mércores, 9 decembro 2009, 11:30 | Category : homenaxes, poesía, recitais
Tags : , ,

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Alfredo Ferreiro presenta o seu poemario Metal central

Hoxe venres 5 de xuño na Galería Sargadelos da Coruña (Real, 56), ás 20:00, terá lugar a presentación do poemario Metal central (Espiral Maior), de Alfredo Ferreiro. O autor contará coa presenza de Xosé María Álvarez Cáccamo (autor do prólogo) e Miguel Anxo Fernán Vello (editor).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xavier Seoane presenta o seu novo poemario

do-ventre-da-cobrega
O venres 22 de maio ás 20 horas no Centro Social Caixanova dos Cantóns, e coas intervencións de Fidel Vidal, Eva Veiga, Miguel Anxo Fernán-Vello e o autor, Xavier Seoane.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do poemario Fíos na Galería Sargadelos

Hoxe martes 12 de maio na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) terá lugar a presentación do libro Fíos de Diana Varela Puñal, editado por Espiral Maior. O acto contará coa participación de Suso Pensado, Miguel Anxo Fernan-Vello e a autora. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético con Xulio López Valcárcel e Miguel Anxo Fernán-Vello

martes, 10 febreiro 2009, 11:00 | Category : poesía
Tags : ,

Hoxe martes 10 de febreiro no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (r/ Olmos, 16-18 – 1º, A Coruña) terá lugar unha nova sesión do ciclo de recitais poéticos A palabra na voz de quen a crea, coa participación de Xulio López Valcárcel e Miguel Anxo Fernán-Vello. Será a partir das 20:30 e a entrada é de balde até completar aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google