Convocadas catro bolsas de prácticas no Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón
O Concello da Coruña abre o prazo de solicitude para a convocatoria 2010 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de catro bolsas de prácticas museísticas no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña destinadas a titulados universitarios, para realizaren prácticas nas tarefas museísticas propias do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. Dúas destas bolsas estarán destinadas a titulados universitarios recentes.
O prazo de presentación rematará o vindeiro 26 de xullo. Os solicitantes deberán presentar a súa instancia de solicitude segundo modelo normalizado, acompañada da documentación pertinente, no Rexistro do Concello da Coruña.
A resolución de concesión das bolsas publicarase nos taboleiros de edictos do Concello e na páxina web municipal, onde se pode consultar máis información.














