CGAI: “La question humaine”, de Nicolas Klotz, e “L’autre”, de Patrick-Mario Bernard e Pierre Trividic

martes, 27 setembro 2011, 9:03 | Category : cinema
Tags : , , , , ,

Mércores A cuestión humana28
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

No ciclo "Foules sentimentales", proxección de "La question humaine" (Francia, 2007, 141 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Nicolas Klotz. Un psicólogo de 40 anos, Simon, leva o departamento de recursos humanos de SC Farb, un complexo petroquímico filial en Francia dunha multinacional alemá. Un día Simon recibe un encargo especial do codirector da empresa, Karl Rose, que lle pide que faga unha avaliación psiquiátrica do seu socio, Mathias Just. Simon non só queda atrapado entre os seus xefes, inmerso nunha crise persoal, senón que irá descubrindo un mundo de horror onde se acabarán establecendo inquietantes ramificacións entre nazismo e capitalismo; e "L'autre" (Francia, 2009, 97 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Patrick-Mario Bernard e Pierre Trividic. Anne-Marie e Alex deciden separarse porque ela quere ter máis liberdade e el, polo contrario, desexa formalizar o casamento. Cando Anne-Marie descubre que Alex sae con outra muller, ten un ataque de ciumes e ansiedade. Filme excelentemente interpretado, cheo de ritmo narrativo e creatividade formal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum

mércores, 23 febreiro 2011, 11:40 | Category : cinema
Tags : , , , ,

"La buena vida", de Andrés Wood (Arxentina-Chile-España, 2009, 100 minutos, V. O. en castelán), N. R. M. de 13 anos, dentro do ciclo Alén mar, na Sala Marilyn Monroe. Un universo pechado e angustioso, percorrido polos cruces de personaxes e a asfixia do vivir cotián. Proxeccións: xoves 24 ás 20:15; venres 25 ás 20:15 e 22:45; sábado 26 ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.
"La question humane (A cuestión humana)", de Nicolas Klotz (Franza, 2007, 120 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 13 anos, dentro do ciclo Mathieu Amalric, na Sala Fernando Rey. Retrato dun universo de que se subtrae a capacidade expresiva da linguaxe e a posibilidade de sentir unha emoción auténtica. Non é unha película fácil, polo que ten de exercicio de toma de conciencia cerebral, distante e cruel, pero a súa extrema lucidez faina completamente recomendable para aqueles que aínda pensan que vivimos no mellor e máis libre dos mundos posibles. Proxeccións: xoves 24 ás 20:30; venres 25 ás 20:30 e 23:00; sábado 26 ás 17:30 e 20:30. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 23:00 e a do sábado ás 17:30, 1,50 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: La question humaine

mércores, 27 maio 2009, 12:30 | Category : cinema
Tags : , , , ,

O filme La question humaine (A cuestión humana) de Nicolas Klotz, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Saíndo da fábrica.

Horario: Xoves 28, 20:15. Venres 29, 20:15. Sábado 30, 20:15. A proxección do venres contará coa participación de Miguel Castelo, cineasta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Saíndo da fábrica

Polas rúas de A Coruña camiña un carpinteiro polaco, que de heroe nacional convertido en Home de Mármore antes da caída do muro de Berlín pasou a percorrer as estradas da precariedade neste Mundo Libre e onde a Concepción Humana do control e a explotación convertese en normalidade. Esta persoaxe camiña pelexando con Uñas e Dentes por sobrevivir nunha sociedade que expulsa ao obreiro das súas fabricas e o converte en simple consumidor da maxestosa vista dos Centros Comerciais, mentres nos seus barrios péchanse comercios e o desemprego campa polas esquinas creando as sombras no Ovo da Serpe da violencia, o individualismo e a intolerancia. Un cartel de Benvendido ao mundo da privatización e a especulación recibe ao noso compañeiro na oficina de desemprego onde está a pensar como cambiar este mundo de explotación e exclusión. Nos seus paseos atopouse no Forum Metropolitano co II Ciclo de Cinema "Saíndo da Fabrica", lugar público e libre onde a participación, discusión e os nosos soños seguen a loitar por un mundo mellor. El quedou con nós, comprendendo que na soidade é imposíbel cambiar as cousas e empregando o cinema como evento cultural colectivo e de discusión, o cinema convertese en ferramenta de transformación.

"Materiales y herramientas nos son imprescindibles pero el capitalista no hace falta para nada." (Fragmento da película Con Uñas e Dentes).

Adolfo Naya

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os cineastas Nicolas Klotz e Elizabeth Perceval visitan o CGAI

luns, 20 abril 2009, 9:45 | Category : cinema
Tags : , ,

O director Nicolas Klotz e a súa compañeira e guionista Elizabeth Perceval visitarán esta semana o CGAI, onde presentarán os tres filmes que compoñen a chamada “Triloxía dos tempos modernos”, Paria, La blessure e La question humaine. A parella de cineastas participará ademais o venres 24 nun coloquio sobre a súa obra. A entrada a todos os actos é gratuíta. O mesmo venres 24 desenvolverase no CGAI o seminario A herdanza de Shoah. A propósito de La question humaine, dirixido por Angel Quintana e que ten coma ponentes a Miguel Morey, Adán Kovacsics, Santos Zunzunegui e Santiago Filloll. A asistencia ao seminario é gratuíta previa inscrición.

Luns 20 de abril, 20:30: Paria (2000)
Martes 21 de abril, 20:30: La blessure (2004)
Xoves 23 de abril, 20:30: La question humaine (2007)
Venres 24 de abril, 19:30: coloquio con Elizabeth Perceval e Nicolas Klotz. Despois, ás 21.30 h., proxección das curtametraxes Jeunesse D’Hamlet e La consolation (Klotz-Perceval) e do documental Les amants cinéma, dirixido pola filla da parella, Héléna Klotz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google