Palacio da Ópera: concerto homenaxe a Roxelio Groba

Domingo Roxelio Groba12
Auditorio do Palacio da Ópera
12:00
Entrada libre até completar capacidade.

Concerto de homenaxe a Roxelio Groba. Colaboran a Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba Otero, fillo do compositor, e o "Obradoiro Coral A Vila", grupo coral de Ponteareas dirixido por Alberto Abal. Na primeira parte actuará a Banda Municipal da Coruña, dirixida polo seu titular, Marcel van Bree, que interpretará "Intres lalinenses" (Ciclo étnico-galaico para Banda Sinfónica) e "Cruñesas" (Díptico sinfónico). Na segunda parte actuará a Orquestra de Cámara Galega, que interpretará "Danza de alba", "O fauno" e "Cantigas do mar" (nesta última obra cantará o Obradoiro Coral A Vila xunto á Orquestra).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto de aniversario da Orquestra de Cámara Galega

xoves, 4 febreiro 2010, 1:45 | Category : concertos, música
Tags : ,

A Orquestra de Cámara Galega, fundada en 1995, celebra este xoves o seu 15 aniversario cun concerto de balde, que terá lugar ás 20.30 horas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e que incluirá pezas de Haendel, Grieg y Tchaikovski.

Desde o ano 2003 a actividade da Orquestra de Cámara Galega está ligada ao estudo e difusión da obra de Rogelio Groba Groba, a través dunha estreita e constante colaboración coa Fundación Rogelio Groba.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google