Catálogo Outonarte 2009

luns, 26 xullo 2010, 9:28 | Category : Arte
Tags :

Aquí poñemos á disposición de todos e todas a portada e o Catálogo de Outonarte 2009.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outonarte 09: performance de Servando Barreiro no Rosalía

luns, 19 outubro 2009, 11:00 | Category : audiovisual, música
Tags : ,

w34 live av session

"W34 LIVE AV SESSION" ou "ENTRE LUSCO E FUSCO" é unha performance audiovisual na que se mostran fotografías e vídeos tomados en diferentes lugares, principalmente de Galicia e Berlín. Estas imaxes van ser mesturadas en "tempo real".

A banda sonora da performance foi gravada, composta e interpretada por Servando Barreiro (gravacións de campo e piano de cola), e tamén será alterada durante a actuación; a música sincronizarase á imaxe e viceversa. Dado que tanto o son como a imaxe van ser tratados nese momento a performance será "irrepetible". A entrada é libre até completar a capacidade do recinto.

ESTA ACTIVIDADE FORMA PARTE DO CERTAME "OUTONARTE", que se ven levando a cabo na cidade durante todo mes de outubro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outonarte 09: programa de actividades

venres, 2 outubro 2009, 12:00 | Category : Arte
Tags :

Descargar o programa en PDF (646 KB)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outonarte 09: Son e poder, seminario de Chiu Longina

martes, 29 setembro 2009, 11:20 | Category : Arte, obradoiros, seminario
Tags :

escoitar-outonarte

Dentro da programación de Outonarte do 5 ao 9 de outubro terá lugar un taller/seminario co título Son e poder. Tecnoloxías sonoras de control social. Armas acústicas, impartido por Chiu Longina, Escoitar.org. O taller trata de mostrar unha panorámica actual dos diferentes usos, desenvolvementos e implementacións tecnolóxicas baseadas en tecnoloxía sonora cuxa utilización ten como obxectivo exercer control social e poder ou atacar e defenderse (o caso das armas acústicas).

DIRIXIDO A: Artistas, músicos, científicos sociales, activistas sonoros e creadores nas áreas da imaxe, o son ou a produción multimedia interesados na experiencia acústica. Maiores de 16 anos.

INFORMACIÓN E MATRÍCULA: picar aquí

Dossier informativo: [descargar]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de Outonarte 09

venres, 28 agosto 2009, 10:00 | Category : Arte, exposicións
Tags :

outonarte

A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou onte a segunda edición da Mostra de Arte Emerxente da Coruña, Outonarte 09 que se realizará do 1 de outubro ata o 1 de novembro nas rúas da cidade e tamén nas salas de exposición da Casa do Concello, a Sala de exposicións do Palexco e a sala de Salvador de Madariaga. Baixo o lema Irmos de escaparates e co espacio público, isto é, a cidade, coma leitmotiv, esta nova edición de Outonarte espallará durante o vindeiro mes de outubro polas rúas, soares e mesmo cristaleiras dos comercios da Coruña a obra de 29 autores emerxentes galego-portugueses, todos eles novos valores da expresión artística contemporánea máis vangardista. A cidade entendida coma espacio urbano de convivencia e recreo é, xa que logo, o fío condutor das revolucionarias propostas que traerán en outubro os artistas e grupos seleccionados polo comisario da mostra, Nilo Casares, un recoñecido promotor, investigador e crítico de arte.

O obxectivo é achegar o arte a todos os cidadáns saíndo ao seu encontro sen esperar a que sexan eles os que se acheguen as salas de exposicións. Outonarte 09 contará coa participación de máis dunha treintena de obras doutros tantos artistas galegos e unha pequena representación portuguesa. O obxectivo céntrase en ensinar o que están a facer os artistas máis mozos e de feito algúns dos artistas que participarán no Outonarte 09 será a primeira vez que expoñan ao público a súa obra.

O comisario, Nilo Casares, experto en arte dixital e arte público, explicou que ademais de obras físicas haberá outra serie de actuacións que se realizarán pola cidade e que non deixarán a ninguén indiferente. Algunhas das obras anunciou serán donadas ao remate da exposición ao Concello.

Na presentación acompañaron á Concelleira o director da Mostra, Jaime Oiza, o comisario, Nilo Casares, e o autor do cartaz de Outonarte 09, Suso Montero.

O comisario: Nilo Casares

Nilo-Manuel Casares Rivas (A Coruña, 1963) é polígrafo, investigador na área de estética e teoría das artes, comisario crítico de arte, promotor de arte dixital e arte público, coordinador e director de actividades culturais, conferenciante, consultor e asesor artístico con máis dun cento de actividades realizadas en Arxentina, Chile, Canadá, Corea do Sur, Dinamarca, España, Estados Unidos de América, Italia, México, Portugal, Sudáfrica e Suecia. Nilo Casares foi director do Konceptkonstmuseum de Valencia, fundador de Frescos & Salados, Lda. (Asociación cultural sen ánimo de lucro para a promoción da arte, en Valencia), da Fundación Cultural Privada Lavandería Fundació (Barcelona, España), de La Cor.Poració (Asociación Cultural para a Promoción da Arte Pública, en Valencia), membro de Artificialia (Asociacione culturale per la tutela e sviluppo dell'arte elettronica, en Pescara, Italia) e colaborador de prensa diaria e especializada, así coma autor dos libros Del net.art al web-art 2.0. (en prensa: Alfons el Magnánim. Valencia); De memoria (xunto a Francis Naranjo), Ediciones Metales Pesados, Las Palmas de Gran Canaria, 2009; Informe, Gas Editions, Las Palmas de Gran Canaria, 2007;Casa de citas/House of words, Gran Canaria espacio digital, Las Palmas de Gran Canaria, 2006; La restauración del significado. Arte, otra vez, Institució Alfons el Magnánim, Valencia, 2004; Niuistmos ou Labirinto, en Çopyright. Pensamento, crítica e criação em galego-português. Nº 27, A Coruña, 1997.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google