Ciclo “Os xoves na Sagrada”: concerto de Tátara Dúo (Pablo Díaz e Álex Fente)

Xoves Tátara Dúo15
Biblioteca da Sagrada Familia (Rúa Antonio Pereira, 1)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

"Tátara Dúo" cerra este xoves a temporada de concertos dos "Xoves na Sagrada". Pablo Díaz e Álex Fente conforman este grupo que interpreta folk e música tradicional galega. Os dous son sobradamente coñecidos no panorama musical galego. Pablo Díaz é compoñente de Ruote, director de Donaire e compositor da música da compañía de danza Entrecaixas, ademais de autor do libro-disco TIC TAC, mentres que Álex Fente toca en formacións tan prestixiosas como Tiruleque, TIC TAC ou a compañía Entrecaixas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2011: actuacións do mércores 17 de agosto

martes, 16 agosto 2011, 10:03 | Category : concertos, festas, música
Tags : , , ,

Xardíns de Méndez Núñez
19:00
Entrada libre.
Concerto de "Tic-Tac", de Pablo Díaz.

Praza de María Pita
22:00
Entrada libre.
Concerto de "Di Elas".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“O galego medra contigo!”: obradoiro lúdico musical na A. C. Manicómicos

Venres Cartaz_O GalegomedraContigo_A36
A. C. Manicómicos (Rúa Andrés Gaos, 16, baixo)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Prosegue a campaña "O galego medra contigo!", organizada pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, cun obradoiro lúdico musical impartido por Pablo Díaz, Olga Kirk e Álex Fente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“O galego medra contigo!”: concerto de Pablo Díaz e Tic Tac na Praza das Conchiñas

Sábado Cartaz_O GalegomedraContigo_A330
Praza das Conchiñas
12:30
Entrada libre até completar capacidade.

Comeza a campaña "O galego medra contigo!", organizada pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, co concerto de Pablo Díaz e Tic Tac.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cantos de Nadal 2010

As 2010-12 CARTAZ cantos de nadalfestas en Galiza teñen un compoñente imprescindible: o canto. Non hai festa na que os participantes non rematen cantando. Así vén sucedendo desde séculos. O mesmo ocorreu co tempo do Nadal, ocasión propicia para converter a noite nunha manifestación de alegría colectiva e ilusión. Ao longo de xeracións foise transmitindo oralmente esta tradición, estes cantos que a Igrexa reconverteu en cantigas pagano-relixiosas que chegan até os nosos días. Coa intención de recuperarmos e continuarmos cantando a tradición do Nadal, desenvolveranse obradoiros, dirixidos por Pablo Díaz e Olga Kirk, nos seguintes lugares e datas, que darán lugar ao Concerto Participativo no Forumfolk do 20 de decembro:
- Xoves 9 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal de Monte Alto, con Pablo Díaz. Inscrición previa na Biblioteca.
- Xoves 9 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia, con Olga Kirk. Inscrición previa na Biblioteca.
- Venres 10 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal do Castrillón, con Olga Kirk. Inscrición previa na Biblioteca.
- Venres 10 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, con Pablo Díaz. Inscrición previa na Biblioteca.
- Sábado 11 ás 12:30 h. na Biblioteca Municipal dos Rosales, con Olga Kirk e Pablo Díaz. Inscrición previa na Biblioteca.
- Sábado 11 ás 19:30 h. na Asociación Tempos Novos.
- Mércores 15 ás 18:00 h. no Fórum: Obradoiro conxunto.
- Luns 20 ás 19:00 h. no Fórum. Ensaio xeral.
- Luns 20 ás 20:00 h. no Fórum. Concerto Participativo de Cantos de Reis, dentro do Ciclo Forumfolk.
Máis información neste arquivo: Cantos de Nadal 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

39 Feira do Libro: programa do mércores 4 de agosto

12.00 h. Obradoiro de gardalibros a cargo de Yolanda Calvo Carballo
18.30 h. O escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares do seu último libro, "Presenza galega en Cuba" e do resto da súa obra.
19.00 h. Presentación do libro "Xenaro e a hucha do indiano", da escritora Mar Guerra, publicado por Edicións Xerais. Xunto coa autora, participará no acto Manuel Bragado, director da editorial.
20.00 h. Pablo Díaz, autor do texto e a música e Marc Taeger, autor das ilustracións, asinarán exemplares do seu libro – disco Tic–Tac, publicado por Kalandraka Editora.
20.00 h. Presentación do libro Presenza galega en Cuba do escritor e académico Xosé Neira Vilas, publicado por Edicións Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da editorial.
20.30 h. O escritor Vicente Bellón asinará exemplares do seu libro "El trueno y sus gigantes", editado por Publicaciones Arenas.
21.00 h. Presentación do número 186 da revista Grial: "Homenaxe a Luís Seoane". Participarán no acto Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Henrique Monteagudo e Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O GALEGO MEDRA, no Centro Cívico do Castrillón

venres, 23 abril 2010, 11:53 | Category : música, teatro
Tags : ,

Sábado 24;
17:00.- Contacontos: Paula e as palabras que levou o vento, por Bululú Teatro.
17:30.- Tic, tac, de Pablo Díaz.
Centro Cívico do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n)

Organiza: Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pablo Díaz en concerto, este domingo no Fórum

xoves, 18 marzo 2010, 18:15 | Category : concertos, música
Tags : ,

O Fórum Metropolitano acolle o vindeiro domingo 21 de marzo ás 18.00 horas a presentación do proxecto Tic-Tac do músico coruñés Pablo Díaz que contará coa colaboración de músicos como Xabier Díaz, Carmen Rey, Pedro Lamas, Diego Rodríguez Sánchez, Axeitadiñas e o grupo Ruote entre outros.

Tic Tac é un libro-disco do músico coruñés Pablo Díaz, con ilustracións de Marc Taeger, un deseñador suizo afincado en Galicia, e numerosas colaboracións musicais. Conta tamén coas achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo da obra, respectivamente. Está editado por Kalandraka.

O concerto celébrase o domingo 21 de marzo ás 18.00 horas no Forum Metropolitano. O prezo da entrada é de 5 euros (carné xoven, + 65 anos e desempregados 3 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro-disco Tic-Tac de Pablo Díaz

mércores, 17 febreiro 2010, 2:00 | Category : Libro e lectura, infantil, música, presentacións
Tags :

O músico Pablo Díaz presenta este venres 19 de febreiro a partir das 18:00 horas, no Fórum FNAC (A Coruña), un concerto para todos os públicos con algúns temas deste traballo. No espectáculo van participar, entre outros artistas, Carmen Rey e Xabier Díaz.

Editado por Kalandraka, Tic-Tac contén cancións do músico coruñés Pablo Díaz e ilustracións de Marc Taeger, deseñador suizo afincado en Galicia, e conta con numerosas colaboracións musicais: Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote… así como as achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo da obra, respectivamente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto de presentación do disco "A Coruña Son 2008"

O vindeiro mércores 28 de xaneiro ás 20:30 no Fórum Metropolitano da Coruña celébrase o concerto de presentación do disco A Coruña Son 2008, que nace como resultado do obradoiro que baixo a dirección do cantante e compositor Santiago Auserón se desenvolveu na nosa cidade o pasado mes de marzo. A maior parte dos artistas que participaron naquela experiencia actuarán no Fórum nun concerto no que o público que asista recibirá ademais como agasallo a edición en formato digipack do disco. O prezo das entradas será de 3 €. As bandas que confirmaron a súa presenza no concerto son as seguintes:

Mr Carácter: “Xabarín Manía” (Rock galego)
Chámalle Xis!: “Canto aquí, canto onde me peta” (Son galego)
doGma'I: “A lagoa dos soños” (Pop psicodélico)
Pablo Díaz: “O moucho” (Novo folk)
Siesta continental: “Violoncello” (Cabaret-art)
Tonhito de Poi: “Mariñeira” (Rock galego)

O disco A Coruña Son 2008 complétase coas cancións de Nat (“Nunca te quixen”, canción de autor), O sonoro maxín (“A rúa do perigo”, reggae atlántico), D-Laxe (“Túas mans”, trip-hop atlántico) e “A misteriosa”, versión en galego de “La misteriosa” con tradución de Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro e interpretada por Santiago Auserón.

Recordámosvos tamén que até o 10 de febreiro está aberto o prazo para inscribir cancións na segunda edición de ACoruñaSon’09, que terá lugar na Coruña entre o 24 e o 28 de febreiro. Organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña, este certame ten como obxectivo fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego. Os dez artistas que sexan seleccionados terán como premio a asistencia a un obradoiro de canción popular dunha semana de duración impartido por Santiago Auserón, primeira figura da creación, a interpretación e o estudo da música popular peninsular, onde traballarán as súas propias composicións. A actividade final do obradoiro será a gravación dun disco colectivo e a celebración dun concerto ao que serán convidados representantes de todos os sectores da industria musical galega. Os solistas ou conxuntos interesados en participar poden subir xa as súas cancións en vídeo ou en formato mp3 na web do proxecto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Son 2008: o disco

Tonhito de Poi: Marinheira [1]

Chámalhe Xis: Canto aquí, canto onde me peta [2]

Mr. Carácter: Xabarín-manía [3]

Pablo Díaz: O moucho [4]

Chus Silva: A lagoa dos soños [5]

O sonoro maxín: A rúa do perigo [6]

Nat: Nunca te quixen [7]

Os John Deers: De que me vale [8]

Iria Pinheiro: Violoncello [9]

Santiago Auserón: A Misteriosa [10]

D-Laxe: As túas mans [11]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google