Teatro Rosalía: Homenaxe ás familias das vítimas do franquismo

Martes 21
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Homenaxe ás familias das vítimas do franquismo, cun recital poético e a actuación musical de A Quenlla, Xosé Taboada, César Morán e Paco Campos. O acto estará presentado por Xurxo Souto e Isabel Risco. Organizado desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético-musical na Biblioteca González Garcés

Venres 10
Biblioteca Miguel González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n.)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Con motivo do Día dos Dereitos Humanos, Amnistía Internacional organiza un acto coa participación Yolanda Castaño, Xulio López Valcarcel, Pedro Ramos, Xosé Taboada, Xurxo Mares, Silvia Penide, Paco Campos, Francisco Pillado e Xulio Correa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Teatro Rosalía acolle a obra Náufragos

imagen-705

A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou onte a obra de teatro Náufragos de André Roussin a cargo Teatro Galileo que acollerá o Teatro Rosalía de Castro os vindeiros xoves e venres ás 21.00 horas. Trátase dunha comedia que fala da convivencia humana tal e como destacou a Concelleira durante a presentación.

Un matrimonio de clase alta e o seu amigo común son víctimas dun naufraxio. Afortunadamente conseguen chegar até unha illa aparentemente deserta, onde deben facer fronte a un novo xeito de vida. Naquela illa os personaxes mestúranse entre eles, e os diálogos de dobre sentido funcionan coma un bisturí que vai abrindo a esencia das paixóns humanas. As tres persoas agardan un barco como quen agarda a Godot, máis na espera establécense novos xeitos de relacións sentimentais que cuestionan as relacións humanas contemporáneas. Mais logo intervén un cuarto personaxe que rompe novamente a orde sentimental establecida entre os personaxes. Deste xeito o espectáculo amósanos o míolo das relacións humanas e descúbrenos as raras complicacións destas, nun texto cargado de humor e ironía.

A obra está dirixida por Pedro Rubín e interpretada por Ana Santos, César Cambeiro, Paco Campos e Raúl Varo. As representacións terán lugar o vindeiro xoves 17 e venres 18 de setembro ás 21.00 horas e a entrada será de sete euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google