Facemos
público o programa de actividades do Achegarte 2011, que se desenvolverá no Palexco (salvo algunhas actividades que sinalamos máis abaixo) con estes horarios:
Sábado 2 de abril: de 11:30 h. a 14:30 h., e de 16:30 h. a 22:00 h.
Domingo 3 de abril: de 11:30 h. a 14:30 h., e de 16:30 h. a 21:00 h.
En total hai 114 participantes, co seguinte desglose:
- Editoriais: 20.
- Librarías: 9.
- Institucións: 6.
- Asociacións profesionais: 7.
- Entidades culturais: 11.
- Distribuidoras: 8.
- Teatro: 14.
- Danza: 6.
- Audiovisuais: 4.
- Servizos culturais: 5.
- Outros: 6.
O programa completo pódese descargar aquí: Programa Achegarte 2011:
- Música:
* Sábado 2: Rap Regueifa: Noe Orosa, Ninguén Melide e Senlleiro, Marta Quintana, Coral Follas Novas, Manu Clavijo, Xacarandaina, Xoán Curiel, Habelas, Luar na Lubre, Fuco Xabier, Pradairo: "Pateado", Noitarega: "Vinteún", Silvia Penide e Tiruleque.
* Domingo 3: Pablo Díaz e o grupo "Tic-Tac", Pel de noz, Bellón Maceiras (no stand de Abada), A nena e o grilo, Pesdelán: "Na punta do pé", Saltanocribo, Luvas Verdes, Os da Troula e Cignus, Guillerme Fernández e Xabier Díaz: "Arrolos de Salitre", Combo Dinamo, Tonecho Castelos & Pablo Esqueira, Ulträqäns, Maghúa, Tres Azoteas, Doa e Duplo Son.
- Teatro:
* Sábado 2: "Carlota e Marieta van en bicicleta". A Locamotora; Recital de poesía satírica galego-portuguesa por Celso Parada, do Teatro do Morcego; "Tristán". Elefante Elegante; "Pa cama". Katarsis; "Carapuchiña vermella ou o conto do lobo". Danthea Teatro; "Formigas". CasaHamlet e "Cabaret". Manicómicos.
* Domingo 3: "Contos para un caldiño". Baobab Teatro; "Historia dunha semente". Caramuxo Teatro; Cabraret; Viravolta Títeres; "A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz". Teatro do Andamio; "Os Feirantes". Ramiro Neira e "O trolebús de Celso". Gari.
- Danza:
* Sábado 2: "Territorio marcado", por Fran Riveiro, de Danesga e "Rede na rede". Aula de danza da UDC.
* Domingo 3: "IN-NOVA danza". As Dríadas; "Blondy’s coffe", de Danesga e Nova Galega de Danza.
- Maxia:
* Sábado 2: espectáculo de maxia a cargo de Magos profesionais de Galicia. Ademais, actuacións de maxia no seu stand.
- Obradoiros. Para escolares. Podes apuntarte no AcheGARTE ou garantir a túa praza inscribíndote previamente nas Bibliotecas Municipais:
* Sábado 2: "Demostración de pintura en directo". Pedro Bueno; "Obradoiro de pintura (+ 6 anos)". Begoña Tojo; "Obradoiro de escrita creativa e reciclaxe de camisetas"; Obradoiro "Pequenos deseñadores. Moda creativa". Proxecto GV; "Sesión de retrato fotográfico". A. C. Alexandre Bóveda; Concurso "Tinta de Lura: canto sabes de literatura?". (Agasallo de camisetas e libros aos gañadores); "Obradoiro de ilustración". Pablo Otero (Kalandraka); "Obradoiro de títeres e monicreques". Colectivo Bululú; "Obradoiro de formas e cor. Técnica: plantillas con ceras". Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso; "Obradoiro de caligrafía artística". Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso; "Obradoiro de clown". Manicómicos; "Exhibición de pintura dixital". Diego Ogando; "Obradoiro de Ilustración (+ 7 anos)". Carlos Arrojo e "Obradoiro de danza". Compañía Bruma.
* Domingo 3: "Demostración de xadrez", pola A. C. Alexandre Bóveda; "Demostración en directo do acuarelista Manolo Gandullo"; "Obradoiro de pintura (+ 6 anos)". Begoña Tojo; "Obradoiro de baile". Xacarandaina; "Creación de personaxes de banda deseñada". Kiko Dasilva; "Obradoiro de animación á lectura". Reverso; "Obradoiro de baile". Donaire; "Mira e xoga con Luís Seoane. Obradoiro de arte para familias". Crearte; "Obradoiro de baile". Cántigas da Terra; Obradoiro "Sen novas de Gub". Reverso; e "Obradoiro de barquiños". Músicas de Salitre. Durante todo o día "Obradoiro Infancia creativa" no stand de Reverso, "Obradoiro de videoxogos" diante do stand de Imaxín Software.
- Presentacións:
* Sábado 2: Entrega do premio "Meiga Moira". Baía; Presentación da Normal. Luís Caparrós, vicerreitor da UDC; "Noente Paradise". Ugia Pedreira; Presentación das novidades de Demo Editorial. Manel Cráneo; 25 aniversario de "O misterio das badaladas" de Xabier P. DoCampo. Conversa co autor e co ilustrador (Xosé Cobas), Xerais; Animación "Abrapalabra!", con Antón Cortizas e o mago Carlos Coira. Galaxia; Presentación do Boletín da Real Academia Galega "Xosé María Álvarez Blázquez", con presidente Xosé Luís Méndez Ferrín e o secretario Xosé Luís Axeitos; "Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación", con Pilar García Negro. Laiovento; Presentación de MEUBOOK; Colección de ensaio "Supertextos". 2.0 Editora.
* Domingo 3: "Páxinas de Carricanta". Ana Mª Fernández. Ilustrador D.N.L; Lectura dramatizada de collage, de Esther F. Carrodeguas. Edicións Barbantesa. Con Raquel Nogueira como Alicia e a colaboración especial de Antonio Mourelos como Alberto; "Planeta Mincha". Manel Cráneo; "Divírtete co paxaro Rodribico". Baía; Presentación do programa "E-ducando". AS-PG; Conclusións do foro sobre o estado da cultura. Tati Mancebo; "Antoloxías Poéticas Sonoras". Xosé María Álvarez Cáccamo e Chus Pato. Cumio; "Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935", Federica Montseny. Trifolium; presentación de "S8 Mostra de cinema periférico", 2ª edición. Ángel Rueda; presentación de "Señardade da luz: a obra poética de Manuel María", de Miguel Mato.
- Audiovisuais:
* Sábado 2: Programación da Academia Galega do Audiovisual: proxección de curtas de animación finalistas dos Premios Mestre Mateo, "Checkout", de Ficción Producciones e Audiovisual de Servicios Kairos, "Cribba, o vampiro", de Matriuska Producciones e "Gato encerrado", de María Helena Varela Sánchez e Silvina Cornillón; "A escola das areas" de Algarabía Animación e Lúa Films; "A Xaguarana" de Algarabía Animación e Lúa Films; "Alistán, o demo oveiro" de Algarabía Animación e Lúa Films; "O Soldadiño de Chumbo" de Algarabía Animación e Continental Producciones; Curtas de animación de OQO Editora: "Corre corre, cabaciña"; "A princesa do Caurel"; "A bruxa regañadentes"; "Os sete cabritos" e "Un gato na árbore"; Entrega de premios e proxeccións "Curtas para Rosalía". AS-PG.
* Domingo 3: Proxección de "Contra a morte". Documental sobre Lois Pereiro. IBCinema; proxección de curtas de Mr. Misto Films: "Cousiñas", "O castelo da meiga", "A nena que tiña unha soa orella", "Neggy coñece a Sammy", "A flor máis grande do mundo"; "O pintor de ceos"; e pase promocional da película "A casa da Luz" (esta última no Teatro Rosalía [con convite]) e presentación do guión de "O divino ferrete". Reverso.
- Cara a cara. Dous creadores e un xornalista conversan sobre os seus últimos traballos, sobre o proceso e o contexto da creación, os públicos, os medios, ...
* Sábado 2: Daniel Salgado fala con Emilio José e Oliver Laxe.
* Domingo 3: Alberto Ramos fala con Manuel Rivas e Mercedes Peón; Iolanda Casal fala con Uxía e Xurxo Souto.
- Espazos vertebrados. Experiencias e actividades de asociacións e colectivos culturais, organizados e/ou vertebrados nos últimos tempos. Na Sala de Conferencias:
* Sábado 2: Fundación Manuel María; A Central Folque; Musiqueoh!; Milpedras; Teatro Resoante; El Fracaso; Presentación do selo "Pulp Books". Rinoceronte; Presentación da nova colección "Alcaián". Urco; e "Casa de Manuel Antonio en Rianxo". Xosé Luís Axeitos e Grupo Revisión.
- Mesas de debate. Na Sala de Conferencias:
* Sábado 2: Situación do teatro infantil en Galiza.
* Domingo 3: A escrita de guión audiovisual en Galiza.
- Encontros sectoriais. No Kiosko Alfonso:
* Sábado 2: Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Xestión e xestores culturais en Galiza.
* Domingo 3: Federación de Asociacións Galiza Cultura. Encontro Nacional de Asociacións Culturais.
- Chat ao vivo. Sala de audiovisuais:
* Sábado 2: Ataque Escampe.
* Domingo 3: Manolo González; Lino Braxe.
- Lecturas compartidas:
Diversos autores lerán o sábado e o domingo, de 17:00 a 21:00 no stand da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.