Cinema no Fórum: As consecuencias do amor

xoves, 4 febreiro 2010, 18:45 | Category : cinema
Tags :

Le consequence dell'amore de Paolo Sorrentino, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum dentro do ciclo Un chisco de Italia.

Horario: xoves 4 ás 20:15; venres 5 ás 20:15 e 22:45; sábado 6 ás 17:15 e 20:15. Os pases do venres ás 22:45 e o sábado ás 17:15 son "sesións do espectador" con entrada reducida (1,5 €). O resto de sesións teñen o prezo de 3 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Un chisco de Italia

xoves, 4 febreiro 2010, 14:30 | Category : cinema
Tags : , , , ,

Despois da Segunda Guerra Mundial o cinema italiano iniciu un período de esplendor que encheu a memoria dos afeccionados con centos de películas e ducias de directores, guionistas, actores e actrices. Sexa no ámbito dos dramas apegados ás rúas do neorrealismo, das comedias populares ou do cinema de autor máis intelectual, a listaxe de nomes lendarios parece non ter límite: Roberto Rossellini, Vittorio de Sica, Federico Fellini, Michelangelo Antonioni, Mario Monicelli, Luchino Visconti, Pier Paolo Pasolini... Unha colleita impagábel que achou continuidade en cineastas posteriores coma os irmáns Taviani, Ermanno Olmi, Bernardo Bertolucci, Ettore Scola ou Marco Belloccio, todos eles aínda en activo e nalgúns casos (Centochiodi de Olmi ou Vincere de Bellocchio) con enerxías renovadas.

O peso histórico desta ilustre serie de creadores produce por comparación unha tan inevitábel coma inxusta sensación de esmorecemento e febleza na actualidade. A industria italiana produce arredor de cen filmes por ano e presenta hoxe problemas equivalentes ao da española: unha certa debilidade industrial e unha evidente dificultade para competir no resto do planeta cos seus mellores produtos, fóra de excepcións puntuais coma Gomorra de Matteo Garrone. Aínda así, Italia seguiu a ter figuras de prestixio, caso de Nanni Moretti, e nos últimos anos viu nacer unha nova xeira de cineastas coma Emmanuele Crialese (Nuovomondo), Vincenzo Marra (Vento di Terra), Marco Tullio Giordana (La meglio goventú), Paolo Sorrentino (Il divo), Paolo Franchi (La spectatrice), Saverio Costanzo (Private), Kim Rossi Stuart (Anche libero va bene), Andrea Molaioli (La ragazza del lago) ou Gianni di Gregorio (Pranzo di ferragosto).

A primeira consecuencia deste renacemento é medíbel non só en termos de calidade senón tamén económicos: en cinco anos a cota de pantalla das producións deste país mellorou en dez puntos porcentuais até situarse outra vez por riba do 30%. A programación do Fórum xa ofreceu nos últimos anos varias mostras desta vitalidade e dedícalle ao cinema italiano o ciclo de febreiro na Sala Marilyn Monroe.

4, 5 e 6: Le consequence dell'amore (Paolo Sorrentino, 2004)
11, 12 e 13: La spectatrice (Paolo Franchi, 2004)
18, 19 e 20: Caterina va in cittá (Paolo Virzi, 2003)
25, 26 e 27: La sconosciuta (Giuseppe Tornatore, 2006)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Il divo

xoves, 10 setembro 2009, 9:00 | Category : cinema
Tags : ,

O filme Il divo de Paolo Sorrentino, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Estreas en V.O..

Horario: Xoves 10, 20:15. Venres 11, 20:15 e 22:45. Sábado 12, 17:15 e 20:15.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Estreas en V.O.

Comeza unha nova tempada de cinema na Sala Marilyn Monroe, e faino cumprindo un dos obxectivos prioritarios da programación do Fórum Metropolitano: recuperar filmes actuais que os coruñeses e coruñesas non puidemos ver nas salas comerciais, co privilexio engadido de disfrutalos na súa versión orixinal.

Abre o ciclo Estreas en V.O. o último traballo do francés nacido en Túnez Abdellatif Kechiche, que con só tres filmes parece terse convertido nunha das figuras máis aprezadas da industria francesa, alguén capaz de concitar o aprezo do público e da crítica ao mesmo tempo. O seu debut con La faute á Voltaire levouno até o Festival de Venecia, mais foi a seguinte, L'esquive, estreada en España co título La escurridiza, o cómo esquivar el amor, a que o situou definitivamente no mapa ao gañar por sorpresa os premios César ao mellor filme e director nun ano no que competía con títulos de enorme éxito popular coma Os mozos do coro ou de tanto prestixio coma Rei e Raíña de Arnaud Desplechin. O seu triunfo nos César repetiuse este ano con Cuscús (La graine et le mulet), unha brillante mestura de drama familiar e cinema social que se beneficia das excelentes interpretacións de todo o reparto e desemboca nun emocionante final.

O napolitano Paolo Sorrentino fíxose coñecido entre nós en 2004 coa estrea de Le conseguenze dell'amore, un thriller esteticista que participou no Festival de Cannes e obtivo logo en Italia cinco premios David de Donatello, entre eles un para o protagonista, Toni Servillo, con quen repite en Il divo, biografía do político italiano Giulio Andreotti que lle serve ao director para construír un retrato demoledor e satírico sobre as ambigüidades e contradicións inherentes a aqueles que se perpetúan no poder.

A primeira longametraxe de Christopher Zalla, Padre nuestro, participou a concurso no Festival de Donostia 2007 e recibiu unha acollida quizá non entusiasta, mais si cando menos cálida. A dura historia dos inmigrantes mexicanos e a súa loita pola supervivencia nos Estados Unidos acabou facéndose un oco a principios de ano nas candidaturas dos Independent Spirit Awards, que recoñeceron os valores desta obra necesariamente incómoda.

Rematamos o mes co último froito da parella sentimental e creativa que forman Agnès Jaoui e Jean-Pierre Bacri, guionistas da célebre On connaît le chanson de Alain Resnais. Na súa múltiple condición de escritores, intérpretes e no caso de Agnès tamén a de directora, os Jaoui-Bacri lévannos ofrecido abondosas mostras do seu exquisito gusto e do seu talento para facer comedias elegantes. Le goût des autres e a gozosa Comme une image foron dous fitos que teñen continuidade neste Parlez-moi de la pluie que nos permitirá acabar o mes cun sorriso intelixente nos beizos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google