Viñetas desde o Atlántico: exposición no Palacio Municipal

sábado, 6 agosto 2011, 11:14 | Category : comic, exposicións
Tags : , , ,

Do Viñetas 20118 de agosto ao 4 de setembro
De luns a domingo, de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 22:00 h.
Palacio Municipal María Pita.
Entrada libre.

Exposición "Valentina", de Guido Crepax, unha oportunidade única para ver o traballo orixinal nesta serie que revolucionou o cómic a nivel mundial nos anos '70.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala de Exposicións do Palacio Municipal: recital poético en “Homenaxe á Torre de Hércules”

Martes Miradas dunha Torre12
Sala de Exposicións do Palacio Municipal
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Recital poético en "Homenaxe á Torre de Hércules", no que participan Ánxeles Penas, Luz Pozo, Eva Veiga, Xavier Seoane, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xulio L. Valcárcel, Olga Patiño, Francisco X. Fernández Naval, Miguel Mato, Diana Varela e Dores Tembrás.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio Municipal: exposición “Miradas dunha Torre”, de Pablo Candamio e Ánxeles Penas

Do Miradas dunha Torremartes 31 de maio ao domingo 26 de xuño
Sala de Exposicións do Palacio Municipal
De 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

"Miradas dunha Torre" é un proxecto aberto e heteroxéneo da pintora poeta Ánxeles Penas e do fotógrafo Pablo Candamio, no que, cautivados pola beleza, o magnetismo e a maxia da coruñesa Torre de Hércules, buscan reflectir as súas caras ocultas e dimensións artísticas a través das súas persoais miradas. Neste mes de xuño no que se celebra o segundo aniversario do recoñecemento da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, fotografía, pintura e poesía renden homenaxe á icona da nosa cidade. A inauguración terá lugar o martes 31 de maio ás 20:00 horas. Deixamos aquí a portada: Miradas dunha Torre 2011-06 portada, e o interior:  Miradas dunha Torre 2011-06 interior, do catálogo desta exposición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Baixo as estrelas”, o sábado 14 de maio, Día Internacional dos Museos

O Baixo as estrelassábado 14 de maio celebraremos  BAIXO AS ESTRELAS o Día Internacional dos Museos: un día de festa cun amplo conxunto de actividades: teatro, música, obradoiros, xogos, visitas guiadas... Entre as 18:00 e as 24:00 horas. Este é o programa previsto: BAIXO AS ESTRELAS 14 DE MAIO 2011:

* BRANCAS: ITINERARIO ESCÉNICO URBANO NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS:
Un equipo multidisciplinar de profesionais da danza, do mimo, da performance, do teatro, do cabaré ou do teatro de rúa crearán un espazo imaxinario en branco no medio da cidade que irá percorrendo diferentes prazas e Casas Museo. Formarán o elenco Bea Bravo, Cristina Casas Pou, Fabiana Gastaldello, Greta Mari Rodríguez, Inés Barcia, Iván Villar, María Polo, María Manero, Uxía Vázquez ou Yolanda Paz, de compañías como Femme Fatale, Contra2, A Pie Alzado, entre outras, nunha proposta coordenada por Nélson Quinteiro:
- 18:00 h. Xardíns de Méndez Núñez (25 minutos).
- 19:00 h. Praza de Pontevedra (25 minutos).
- 20:00 h. Casa Museo Emilia Pardo Bazán (25 minutos).
- 21:00 h. Casa Museo María Pita (25 minutos).
- 22:00 h. Casa Museo Casares Quiroga (25 minutos).

* UN ENCONTRO ESPECIAL COAS PERSONAXES DAS CASAS-MUSEO:
Visitas dramatizadas ás catro Casas Museo realizadas por Crearte Servizos Culturais:
- CASA MUSEO PICASSO:
18:00 h. "María Picasso fai memoria". A nai de Picasso, Dona María, simpática andaluza, lévanos de viaxe ao tempo no que a familia vivía na cidade e cóntanos as aventuras do seu fillo. Familias e público xeral.
- CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN:
18:00 h. "Dona Emilia é moita Emilia". Dramatización lúdica sobre a escritora. A Sra. Condesa convídanos a particiar da súa paixón polos contos na súa ilustre casa.
"Esa chapa é moita chapa"... Obradoiro de chapas durante toda a xornada dos museos.
20:45- 21:00 h. Audiovisual "Autobiografía" de Ana Domínguez. A proxección será en bucle durante toda a xornada.
21:00-21:50 h. Obradoiro de Tammorriata, baile tradicional do sur de Italia (Rexión de Campania). Irene Gonzalez.
22:00-22:30 h. "Cidades de Vento e de Mar". Ruta temática sobre Xénova e A Coruña a través das imaxes, da literatura e da música. Irene Gonzalez y Rellero e Nadia Pilsinelli.
- CASA MUSEO MARÍA PITA:
18:00 h. "Coñece a María Pita e axúdaa a vencer ao alférez abandeirado!". María Pita, aguerrida coruñesa, amósanos a súa casa e convídanos a participar na emocionante persecución e loita contra os ingleses. (Familias e público xeral).
- CASA MUSEO CASARES QUIROGA:
19:30 h. "I Encontro de personaxes históricos da Coruña". María Picasso, María Pita e Dona Emilia viaxan no tempo para acudir ao convite de Casares Quiroga na súa casa. Cada un trae consigo a súa memoria da cidade e todos comparten co público divertidas vivencias. Todos os públicos.

* MÚSICA:
- 19:00 h. Concerto do grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña. Xardíns de Méndez Núñez (Diante do Kiosco).
- 23:00 h. Concerto de Melanie Marañón e Amaia Garrido (Conservatorio Superior de Música): "Dúos do repertorio de violoncello dos séculos XVIII, XIX e XX)". No xardín da Casa Museo Casares Quiroga.

* TEATRO:
- 19:00 h. Número de clown "Total training chair", de Marta Iglesias Martín. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
- 19:30 h. Extracto da obra "In-comunicando", da Compañía Mequetrefes: Patricia Coucheiro, Estevo Azañón e Lucía Abarrategui. Na Casa Emilia Pardo Bazán (20 minutos).
- 21:00 h. Fragmento de "A noite vai como un río", de Álvaro Cunqueiro, pola Aula de Teatro do Forum Metropolitano. Casa Museo Casares Quiroga.
- 22:45 h. Número de clown "Desclowntrol", de Mónica Suárez e Marta Iglesias. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).

* CINEMA (en colaboración co CGAI):
De 22:00 a 24:00 h. "La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero" (Ramón Sáiz de la Hoya, 1965). Diante do Kiosco Alfonso.

* DANZA:
- "Fragmentos", unha obra composta por diferentes pezas coreográficas. Centro Coreográfico Galego. Diante do Kiosco Alfonso ás 20:00 h. (30 minutos).
- "Trop...PeZ...eime". Performance Danza-Teatro. Lía Pichel Garrido. Ás 23:00 h. na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
- "Eu=x + (o resto)". Danza Contemporánea. Compañía Ciacisma Danza: Isabel Sánchez e Fiona B. McCuden. Ás 23:30 h. na Casa Emilia Pardo Bazán. (10 minutos).

* SALAS DE EXPOSICIÓNS:
- Kiosko Alfonso: "Quintana Martelo, escultor e pintor". Un dos nosos autores máis profundos cunha linguaxe moi persoal e moderno. Visita guiada por Tonecho Otero ás 18:00 h.
- Sala de exposicións do Concello: "Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna" (Homenaxe a Lois Pereiro). Visita guiada por Xurxo Taxes ás 19:00 h.
- Casa da Cultura Salvador de Madariaga: "Elos". As visións fotográficas de Paula Gómez del Valle, fusiónanse con textos de distintos autores. Ven ler con nós ás 22:00 h. Lectura poética "Poesía e Nocturnidade".
- Normal (Paseo de Ronda 47 – Antiga Escola de Maxisterio): exposición "Action/Reaction: O Universo Creativo de David Lynch".

* VISITAS GUIADAS A OUTROS ESPAZOS:
- Casa do Concello / María Pita: Visitas guiadas á Pinacoteca e ao Museo dos Reloxos. Ás 20:00 e as 22:00 h.
- Teatro Rosalía de Castro: Ven coñecer o teatro por dentro: visita guiada ás 23:00 h.
- Museo Arqueolóxico de San Antón. Visita guiada ás 22:00 h.
- Torre de Hércules: entrada de balde a partires das 18:00 h.
- Museos Científicos Coruñeses: o Aquarium abrirá o día 14 até as 24:00 h. A entrada é de balde desde ás 18:00 h. Exposición "World Press Photo 2011".

* OBRADOIROS NA RÚA:
- Obradoiro de caligrafía artística, pola Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso. Na Praza das Bárbaras de 18:00 a 19:00 h.
- Encaixas: Artefacto plástico. Obradoiro didáctico para nenos e nenas de 1 a 10 anos nun espazo artístico e dinámico. Diante do Kiosco Alfonso. Unha proposta de Aula de Ideas desenvolvida por Anxela Caramés, Eva Alfonso e Adriana Pazos.

* MUSEO DE BELAS ARTES (Rúa Zalaeta, s/n). Aberto até as 23:30 h.
- Visita guiada ao Museo "O Museo en torno á memoria". Ás 20:30 h.
- Concerto de jazz de Quinito Mourelle-Roberto Somoza Dúo. De 21:30 a 22:30 h.
- Visita guiada "O que contan os cadros". Ás 22:30 h.

* FUNDACIÓN BARRIÉ (Cantón Grande). Aberto até as 02:00 h.:
- "A Cultura está máis cerca do que cres" é o lema baixo o cal a Fundación Barrié se suma o sábado 14 de maio á celebración da Noite dos Museos 2011 coa apertura especial do seu vestíbulo, no que amosará en imaxes a historia das exposicións da Fundación desde 2005 até a actualidade, para facer memoria e recordar as exposicións máis destacadas nas sedes da Coruña e Vigo, sobre arquitectura, deseño, fotografía e patrimonio. Ademais, a Fundación instalará un gran painel no que o público poderá deixar as súas mensaxe de apoio á cultura e a cambio levarse unha chapa commemorativa da celebración.

* FUNDACIÓN LUÍS SEOANE (Rúa San Francisco, s/n):
- Exposicións "Cabanas para pensar" e "Arquitectura escrita".
- Obradoiro para rapaces e rapazas sobre a figura de Luís Seoane: "Un edificio, un mar, un artista" (para maiores de 4 anos) ás 19:00 h.

* MACUF Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (Avenida de Arteixo, 171):
- Presentación da actividade "Académicos sen barba". A partir das 22:00 h. Nenos e nenas de 7 a 10 anos de idade descobren a Colección de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa aos nosos visitantes, a través de comentarios gravados en dispositivos portátiles de vídeo.
- Visita guiada á exposición "Frecuencias", de Eugènia Balcells, de Eugenia Ballcels.

* Sede Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24). Aberta até as 22:00h.:
- "Descubrindo outras culturas a través da arte". Obradoiros para rapaces e rapazas. Das 11:00 ás 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
- Exposición "Amelia Pérez, unha mirada retrospectiva".

* GALERÍAS DE ARTE. Anímate a visitar as súas exposicións:
- Galería 981 Style: "Pintura en directo" (Óscar Cabana). "Fotografía e retoque en directo" (Pablo Mella). "Proxección dun filme sobre arquitectura". (As actividades comezan a partir das 21:30 h.). Rúa Marqués de Pontejos 7.  981style at 981style.com
- Galería 9THE13: Inauguración ás 18:00 h. da exposición "Prometeo y la caja de Pandora", de Yolanda Relinque. Rúa Tabernas, 9-baixo.  9the13 at 9the13.com
- Galería A botica das artes: Horario ininterrompido de 11:00 a 24:00 h. "Exposición de pintura e escultura de Guada". Obradoiros para todo tipo de público a partir de 6 anos: "Actividade de pintado e esmaltado sobre pezas de cerámica" polo Obradoiro Androx de Tomiño (artistas: Patricia Cardoso e María Teresa Iglesias) de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h. "Obradoiro de pintura pola artista Guada": realización dunha obra en acrílico de 18:00 a 20:00 h. Obradoiro de arte realizado por Emilio Celeiro de 20:00 a 21:30 h. Actuación de Xurxo Mares ás 21:00. Avenida da Pasaxe, Estrada do Burgo 37 - Parking privado Farmacia Rilo.  info at boticaarte.com
- Galería Alen Klass (aberta até ás 23:00 h.): "Exposición da artista Serra Sanabra". "Obradoiro en directo de creación artística" a cargo de dous pintores. (Para todos os públicos. De 18:00 a 21:00). Realización do mural de creación libre "Pezas da Memoria" entre todos os visitantes da galería. De 18:00 a 23:00. Rúa Dolores Rodríguez Sopeña 9 – Zona Santa Margarida.  Alenklass at yahoo.es
- Galería Ana Vilaseco (aberta até ás 22:00 h): Exposición "Frame", de Nico Munuera. "Obradoiro para nenos e nenas" ás 18:00 h. Rúa Padre Feijoó, 5 1ª.  galeria at anavilaseco.com
- Galería ARGA: "Exposición Colectiva de ARGA" e "Mural colectivo" realizado coa participación dos visitantes. Horario especial de 10:00 a 13:30 h. e 17:30 a 24:00 horas. Rúa Real 34. Primeira Planta.
- Galería Arte-Imagen: Exposición "Músicos y vida cotidiana", de Juan Galdo. Rúa Ramón y Cajal, 5 baixo.  Arimagen at ozu.es
- Galería Atlántica Centro de Arte: Aberta até ás 22:00 h. Rúa Federico Tapia 15 – baixo.  Atlantica at atlantica-arte.com
- Galería de Arte COLECCIONan: Inauguración ás 21:00 h da mostra colectiva de 15 artistas que leva por título "De libros y de artistas". Travesía do Orzán, s/n.  coleccionan at gmail.com
- Galería de Arte Julia Ares: "Exposición permanente". "Tertulia con artistas da cidade". Rúa Curros Enríquez 5, baixo.  info at elreflejo.com;  juliares at live.com
- Galería de Arte Xerión: Exposición "Jordi Isern". Rúa Modesta Goicouría 7.  Galeriaxerion at hotmail.com
- Galería Monty4arte: Inauguración da exposición: "Obra seleccionada, Os nosos artistas" (Abelenda, Caruncho, Caneda, Benito Freire, Yolanda Dorda, Victoriano Fernández...). Obradoiros, Artistas na rúa (dirixidas a público de 7 a 13 anos. Precísase previa inscrición no 881-968519 begin_of_the_skype_highlighting              881-968519      end_of_the_skype_highlighting). De 18:00 a 20:30. Santiago Caneda, Victoriano Fernández (pintura); Colectivo Mano Izquierda (intevencións en cabezas de manequín); Mariola Romero (escultura en barro); Jorge Vázquez Carmona (xogos de pintura e luz). Montroig 4.  Info at monty4.com. Actuación do grupo ÁNAGA.
- Galería Moret Art (aberto até as 20:00). Obradoiro didáctico "Unha viaxe a través da escultura: modela en Moret Art". De 12:00 a 13:30 h. (de 4 a 8 anos- inscrición previa en 981 927 376 –  moretart at moretart.com). Rúa Olmos 12-14, 1º B.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio Municipal: exposición “Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi posmoderna (Homenaxe a Lois Pereiro)”

Do martes 19 de abril ao martes 17 de maio
Sala de Exposicións do Palacio Municipal
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición "Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna (Homenaxe a Lois Pereiro)", comisariada por Xosé Manuel Pereiro, recolle obxectos e imaxes do arranque da modernidade en Coruña, desde os discos dos nosos grupos, as diferentes revistas e fanzines (e algún dos foráneos e que máis influíron), diferentes imaxes das accións culturais máis destacadas, xunto as videocreacións que daquella constituían unha arte emerxente, sen esquecer os principais grupos de artistas plásticos e literarios. Un capítulo especial está dedicado a Lois Pereiro, protagonista destacado desta eclosión. A exposición é unha mostra de orixinais que se articula en oito espazos: "Marea de modernidade"; "Todo naceu cos Ramones"; "Novos tempos, novos templos"; "A banda sonora do futuro"; "VHS"; "Cadernos de Bitácora"; "A Coruña Faro da posmodernidade" e "Lois Pereiro". Con esta mostra quérese recordar unha época de grande trascendencia cultural, que tivo un grande eco nos medios, e que estivera marcada pola gran participación dende a rúa, rompendo cos tradicionais itinerarios da produción e presentación. A grande renovación cultural en toda España tivo na nosa cidade un dos epicentros, como se quere plasmar na exposición.
Deixamos a disposición da cidadanía o seu catálogo: Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi posmoderna.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio Municipal: Hoxe inaugúrase a exposición “Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna (Homenaxe a Lois Pereiro)”

Do martes 19 de abril ao martes 17 de maio
Sala de Exposicións do Palacio Municipal
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición "Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna (Homenaxe a Lois Pereiro)", comisariada por Xosé Manuel Pereiro, recolle obxectos e imaxes do arranque da modernidade en Coruña, desde os discos dos nosos grupos, as diferentes revistas e fanzines (e algún dos foráneos e que máis influíron), diferentes imaxes das accións culturais máis destacadas, xunto as videocreacións que daquella constituían unha arte emerxente, sen esquecer os principais grupos de artistas plásticos e literarios. Un capítulo especial está dedicado a Lois Pereiro, protagonista destacado desta eclosión. A exposición é unha mostra de orixinais que se articula en oito espazos: Marea de modernidade; Todo naceu cos Ramones; Novos tempos, novos templos; A banda sonora do futuro; VHS; Cadernos de Bitácora; A Coruña Faro da posmodernidade e Lois Pereiro. Con esta mostra quérese recordar unha época de grande trascendencia cultural, que tivo un grande eco nos medios, e que estivera marcada pola gran participación dende a rúa, rompendo cos tradicionais itinerarios da produción e presentación. A grande renovación cultural en toda España tivo na nosa cidade un dos epicentros, como se quere plasmar na exposición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pazo Municipal: “Mesturando as catro estacións”, de Francisco Pérez Porto

martes, 1 marzo 2011, 15:09 | Category : exposicións
Tags : , ,

Do martes 1 de marzo ao domingo 3 de abril
Sala de Exposicións do Pazo Municipal
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "Mesturando as catro estacións", de Francisco Pérez Porto (1938), un dos nosos maiores investigadores no campo da cerámica, autor dunha iconografía propia. A súa obra expúxose en localidades de Galicia, Portugal e Franza, principalmente a través da rede de Galerías Sargadelos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Homenaxe dos poetas a Luís Caruncho”, no Pazo Municipal

Xoves 2011-02-10 convite dixital Caruncho10
Sala de Exposicións do Pazo Municipal
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Como complemento á exposición "Sete momentos", terá lugar esta "Homenaxe dos poetas a Luís Caruncho", un recital onde participarán: Lino Braxe, Yolanda Castaño, X. H. Rivadulla Corcón, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Emma Pedreira, Ánxeles Penas, Henrique Rabunhal, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Dores Tembrás, Xulio Valcárcel, Eva Veiga e Fidel Vidal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio Municipal: exposición de Luís Caruncho, “Sete momentos. Unha homenaxe da súa cidade”

venres, 14 xaneiro 2011, 11:52 | Category : escultura, exposicións, pintura
Tags : , ,

Do Caruncho Mi ciudad_enbajavenres 14 de xaneiro ao domingo 20 de febreiro
Sala de Exposicións do Palacio Municipal
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición "Sete momentos" convértese nunha homenaxe da súa cidade á figura do artista contemporáneo Luís Caruncho, onde se recollen unha vintena de pezas nas que podemos seguir as principais etapas da súa producción artística, tanto en pintura como en escultura, grazas a unha moi coidada selección de pezas especialmente significativas de cada unha delas e que abranguen dende os anos cincuenta ata hoxe. Luis Caruncho é, sen dúbida, un dos autores galegos máis recoñecidos. Destaca a súa interpretación da pintura dende presupostos constructivistas, aos que aporta unha lírica moi especial co emprego da cor. Ten feito exposicións nas principais cidades do mundo. A súa vinculación coa súa cidade de nacemento é constante, e tivo sempre un intenso e prolongado labor de promoción das artes xa coa célebre Galería Giannini como todo o seu traballo coa Fundación Fenosa e, especialmente coa antiga Bienal Fenosa e os Museos de Arte Contemporánea. Por todo, Salvador Corroto, Xavier Seoane e un gran grupo de amigos promoveron esta homenaxe que o Concello materializou. Ao longo da exposición faranse diversas actividades. A inauguración terá lugar ás 20:00 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pazo Municipal: exposición filatélica “Centenario de Luís Seoane”

Do mércores 24 ao domingo 28
Sala de Exposicións do Pazo Municipal (Praza de María Pita)
Todos os días de 12:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición filatélica "Centenario de Luís Seoane" é unha mostra conmemorativa da Sociedade Filatélica da Coruña con dezanove coleccións filatélicas de Galicia e da Penísula, baseadas especialmente na pintura, que encherán a sala de exposicións axudándonos a comprender a importancia das artes plásticas e da figura do noso artista. Outras coleccións fálannos de diferentes aspectos da actividade e do saber. Como é habitual confeccionouse un selo personalizado ilustrado co debuxo do pintor titulado "Homenaxe á Torre de Hércules" para o que a Fundación Luís Seoane e no seu nome o seu Director, don Alberto Ruiz de Santiago, cedeu amablemente os dereitos de reprodución. Así mesmo pedirase un cuño conmemorativo que recreará tamén o citado debuxo. Tamén como sempre se editará unha nova Revista Porteo que contará con artigos literarios e filatélicos dedicados a conmemorar as efemérides. A inauguración terá lugar o mércores 24 de novembro ás 19.30 horas a cargo da concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, que estará acompañada polo presidente da Sociedade Filatélica da Coruña, José Barreiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “A Coruña na creación do libro galego”

Do mércores 13 de outubro ao domingo 21 de novembro
Pazo Municipal
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre.

En 1810, hai agora douscentos anos, imprímese na cidade da Coruña o primeiro libro en galego, tres anos depois edítase o primeiro supervendas da literatura galega, pero é no período 1885-1931 cando se configura nesa cidade a moderna empresa editora. A partir de 1885, a Biblioteca Gallega de Martínez Salazar comeza a formar un público e a seguinte xeración de editores xa é quen de soñar un mercado. Leandro Carré e Ánxel Casal comezan a cadrar os números do libro galego. Sentido empresarial e compromiso ideolóxico están sempre presentes nos editores galegos. Aquí se pode descargar o folleto da exposición: A Coruña na creación do libro galego, e neste outro ficheiro as Pezas doadas para a exposición A Coruña na creación do libro galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “Celebrando o Códice Calixtino”, de Francisco Leiro

xoves, 26 agosto 2010, 9:19 | Category : escultura, exposicións, pintura
Tags : , ,

Do mércores 25 de agosto ao domingo 26 de setembro
De 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h., todos os días
Pazo Municipal
Entrada libre.

O grande artista galego Francisco Leiro ilustrou a edición de luxo traducida da obra mestra do Medievo galego, o manuscrito en latín do século XII, conservado na Catedral de Santiago e considerado a primeira guía de viaxes, onde se exalta o universo xacobeo e a figura do Apóstolo Santiago. O traballo do prestixioso escultor de Cambados, residente en Nova York, inclúe as 34 letras capitais coas que comeza cada capítulo do Códex Calixtinus e as seis portadas que creou sobre papel e técnica mixta. A mostra complétase con dúas esculturas de madeira que dan forma, en tres dimensións, a dúas das letras utilizadas como capitulares: a B e a T. As portadas deseñadas por Leiro ilustran o principio da obra e o inicio de cada un dos cinco libros dos que se compón o Códice Calixtino. E as letras capitulares inician cada un dos seus capítulos. Os visitantes poderán, ademais, manipular e consultar un exemplar da edición de luxo traducida ao galego, sempre acompañados pola música de ambiente do Códice Calixtino da que se fai especial mención nos textos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2010: exposición de Will Eisner no Pazo Municipal

luns, 9 agosto 2010, 9:03 | Category : comic, exposicións
Tags : , , ,

Do 9 ao 22 de agosto2010 08 Denis e Will Eisner
De luns a sábado de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h. Domingo de 12:00 h. a 14:00 h.
Pazo Municipal
Entrada libre.

Unha das mellores exhibicións que un afeccionado pode contemplar hoxe en día, co mestre Will Eisner e a súa obra como protagonistas, achégase a Viñetas grazas ao fundamental labor de comisariado realizado por Denis Kitchen. Na escolma non fallarán pranchas orixinais de cómics como The Spirit, Contrato con Deus, O corazón da tormenta e un longo etcétera. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición Yoshiro Tachibana no Pazo Municipal

venres, 2 xullo 2010, 11:18 | Category : exposicións, pintura
Tags : ,

Do 1 de xullo ao 1 de agosto
De 12 a 14 h. e de 18 a 21 h., todos os días
Sala de Exposicións do Pazo Municipal
Entrada libre
Organiza o Concello da Coruña.

Esta exposición amosa algo máis de vinte obras recentes, feitas en acrílico sobre táboa, de Yoshiro Tachibana, que leva case corenta anos afincado en Muxía dedicado á pintura. Dende unha formación artística no seu Xapón natal –seu pai era tamén pintor- sempre se interesou pola arte primitiva así como pola arte europea contemporánea. Presenta bodegóns, paisaxes e, especialmente, mulleres, que son unha constante na súa obra, e a lúa unha consecuente protagonista. O seu persoal estilo, brillante, intenso, está marcado na súa concepción plástica pola súa visión da vida e da arte, como se recollen nas súas propias declaracións (2007): "O meu traballo é ordenar harmoniosamente no lenzo a caótica realidade, reflectir a alma do home que quere regresar ao paraíso perdido do que saíu. Por iso intento involucionar cara as orixes, cara as formas primitivas e esenciais cunha linguaxe mínima onde o concepto de oriental estea presente".

Pódense descargar aquí a portada e o interior do catálogo da exposición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición sobre Ramón Cabanillas no Pazo Municipal

luns, 1 febreiro 2010, 15:00 | Category : Libro e lectura, exposicións
Tags : ,

Ramón CabanillasMañá martes 2 de febreiro ás 19:30 inaugúrase a exposición Ramón Cabanillas, a roseira dos recordos na sala de exposicións do Pazo Municipal da Coruña (Praza de María Pita, 1).

Podedes descargar aquí o díptico da exposición, organizada pola Editorial Galaxia: PDF, 1,2 MB.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google