Exposicións de Outonarte#2010, “Cartografías quebradas”, no Palexco

DoOutonarte 2010 sábado 2 de outubro ao domingo 7 de novembro
Sala Municipal de Exposicións do Palexco
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Neste espazo poderanse visitar as seguintes exposicións:
- Fruela Alonso (Lloro, Asturias, 1974). Vive e traballa en Pontevedra. Pintura. Momentos e fragmentos da paisaxe capturada polo ollo inquedo, e as vistas aéreas de cidades en grandes e pequenos formatos, que evidencian a ollada dun pintor na procura de imaxes ate esgotar tentativas para ubicarse no visual e no mental. A súa obstinación nas diferentes series, convida ao feito de ollar como un anxo, entre nubes e alturas, atravesar o aire ate agotar un lugar na memoria ou mesmo reinventalo.
- Christian García Bello (A Coruña, 1986). Vive e traballa entre A Coruña e Pontevedra. En soportes sobre parede ás súas obras son transferencias, fotografías, serigrafías e debuxos ao redor da idea da terra de ninguén, dun non-lugar entre poéticas de paseante ilustrado, urbanismos e arquitecturas, as utopías dos lugares nunca visitados, a forza da natureza selvaxe por riba da domesticación humana e urbana. Derivas situacionistas na procura dunha entropía que atopará máis adiante
- Sofía Grandío (Vilalba, Lugo, 1986). Vive e traballa entre Vilalba (Lugo) e Bilbao. "Acción en 3 partes" (2009), proxección de vídeo (15 min. en bucle), nunha sala pechada e acondicionada dentro do Palexco, amósanos a imaxe da propia artista, progresivamente, encintando de negro o seu corpo, embarrándoo, e retirando a cinta ate deixar un labirinto de pegadas brancas sobre o pel. Unha dobre lectura que combina conceptualmente os principios do positivo-negativo do gravado, pero que, máis alá, con forza visual, tensiona a reflexión sobre a violencia corporal, e en particular a exercida sobre as mulleres.
- Borxa Guerrero (Feás, Cariño, A Coruña, 1983). Vive e traballa en Pontevedra. "Cosmogonías" (2008) tamén nos amosa outra maneira de alterar espazos cunha montaxe de caixas de luz que superpoñen interiormente acuarelas de perfís montañosos e liñas orográficas, cotas e códigos, transparencias encadradas na construción dunhas Cosmogonías metade ficción, metade realidade
- Holga Méndez (Pontevedra, 1971). Vive e traballa en Teruel. "Velocidad + Sentimiento = Luz" (2010) combina dúas proxeccións de diapositivas de mica cunha paisaxe sonora de 60 minutos, para crear un espazo de tránsito ou quietude, aberto ás reaccións emocionais do espectador, dun xeito máis ambiental, leve pero intenso, orgánico, mesmo mineral.
- Andrés Pinal (Vigo, 1969). Vive e traballa entre Vigo e Pontevedra. Fotografía. Serie Faros. 28 Fotos de 130x130 cm c/u con vinilos con mapa do litoral de Galicia e a liña de costa para ubicación xeográfica dos faros e as súas alturas. Todo un perfil metafórico de entradas e saídas dunha terra que mira ao mar.
- Pisando Ovos. Compañía de Danza Contemporánea. Rut Balbis (Ourense, 1979). Vive e traballa en Oleiros. Peza de danza contemporánea, “MENOS 1”, para o Sábado 2 Outubro, día da inauguración, no interior da Sala de Exposicións do Palexco. (Duración aprox. 15-20 min.)
- Mar Vicente (Lugo, 1979). Vive e traballa en Wolfsberg, Graz, Austria. Pintura, obxeto, instalación. Estructuras cromáticas de cores primarias e secundarias, xogos de complementarios, con branco. Un xeito subtil de alterar unha aparente orde xeométrica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro e danza esta fin de semana no Rosalía

venres, 26 febreiro 2010, 17:00 | Category : danza, teatro
Tags : , , ,

Tres_8Bn

Pisando ovos é unha compañía de danza contemporánea liderada pola coreógrafa Ruth Balbís que se caracteriza por centrar os seus espectáculos en elementos que definen e condicionan a vida das persoas, procurando novos e persoais rexistros que van dende os movementos máis radicais aos máis minimalistas. Chegan mañá 27 de febreiro ao Rosalía coa súa última produción, Tres, na que amosan os encontros e desencontros de tres mulleres condicionadas pola súa sexualidade. Encontros que se definen entre o individual e o común, a fantasía e as obsesións, o mimetismo dos corpos, e todo iso nun mundo novo no que se redescobren as tres nelas mesmas. Nesta montaxe estarán con Ruth Balbís as bailarinas Janet Novás e Andrea Quintana. A función comezará ás 21 horas no Rosalía. O prezo das entradas é de 9 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 6 €).

APiraguaWeb

Tres años despois da súa estrea, o director, equipo artístico e reparto que participou na montaxe que o Centro Dramático Galego fixo de A piragua de Cándido Pazó, volven reunirse para dar vida a esta historia que aborda o tema da violencia de xénero. A peza levou catro premios María Casares en 2007 (mellor texto orixinal, mellor actriz protagonista, mellor iluminación e mellor música orixinal), e conta coas actuacións de Xosé Manuel Olveira “Pico”, Susana Dans, Marcos Orsi, Iolanda Muíños, César Martínez “Goldi”, Ricardo de Barreiro e Mariam Bañobre. Dirixe Cándido Pazó. A función será o domingo 28 de febreiro ás 19:00. O prezo das entradas é de 9 € (usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 6 €)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google