Luisa Castro e Luis Alberto de Cuenca, hoxe no ciclo Poetas Di(n)versos

martes, 16 marzo 2010, 8:00 | Category : poesía, recitais
Tags : , ,

castrodecuenca

Os poetas Luis Alberto de Cuenca e Luisa Castro participarán hoxe martes 16 de marzo nunha nova sesión do exitoso ciclo Poetas Di(n)versos. Será na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, a partir das 20:30 e con entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Poetas di(n)versos: José Luís Peixoto e Miguel Anxo Fernán-Vello

luns, 22 febreiro 2010, 11:00 | Category : poesía, recitais
Tags : , ,

peixotomiguelanxo

Continúa o ciclo de recitais poéticos dirixido pola poeta Yolanda Castaño e organizado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña coa participación mañá martes 23 de febreiro dos escritores José Luís Peixoto e Miguel Anxo Fernán Vello. O acto comezará ás 20:30 na Casa da Cultura Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga, 10).

José Luís Peixoto é unha das principais revelacións literarias da última década en Portugal, cunha proxección extraordinaria que o levou a ser traducido xa a vinte idiomas e a acadar un gran recoñecemento tanto no seu propio país coma no estranxeiro. Literariamente polifacético e ambicioso, Peixoto é todo un ídolo das letras portuguesas actuais que chegou a vender quince mil exemplares dun dos seus poemarios.

Miguel Anxo Fernán Vello non precisa presentación no noso país. Dende os oitenta até a actualidade a obra poética de quen tamén é o meirande editor de poesía en galego foise convertendo nunha das máis sólidas e prolíficas do noso panorama. Finalista do Nacional e gañador do Premio da Crítica Española en varias ocasións, Miguel Anxo é un dos autores galegos máis respectados fóra de Galicia.

Descargar dossier en PDF (311 KB)

Apúntate ao recital no evento en Facebook.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital de Joan Margarit e Pepe Cáccamo, hoxe na Coruña

martes, 19 xaneiro 2010, 11:30 | Category : poesía, recitais
Tags : , ,

Lembrámosvos que hoxe martes 19 de xaneiro terá lugar a terceira sesión do ciclo Poetas Di(n)versos, desta volta coa participación do catalán Joan Margarit, Premio Nacional de Poesía 2008, e o galego Xosé María Álvarez Cáccamo. Será ás 20:30 na Casa de Cultura Salvador de Madariaga (Durán Loriga, 10, A Coruña), con entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Joan Margarit e Pepe Cáccamo no ciclo “Poetas di(n)versos”

venres, 15 xaneiro 2010, 13:00 | Category : poesía, recitais
Tags : , ,

O martes 19 de xaneiro terá lugar a terceira sesión do ciclo Poetas Di(n)versos, desta volta coa participación do catalán Joan Margarit, Premio Nacional de Poesía 2008, e o galego Xosé María Álvarez Cáccamo. Será ás 20:30 na Casa de Cultura Salvador de Madariaga (Durán Loriga, 10, A Coruña), con entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital de Luz Pozo e Luís García Montero no ciclo Poetas di(n)versos

martes, 15 decembro 2009, 0:25 | Category : poesía, recitais
Tags : , ,

Hoxe martes 15 de decembro ás 20:30 na Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10), recital de Luz Pozo e Luís García Montero. Entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Poetas di(n)versos, novo ciclo de recitais

mércores, 11 novembro 2009, 15:00 | Category : poesía, recitais
Tags :

PoetasDinversos1

PoetasDinversos2

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google