Exposición de Manuel Facal no Quiosco Afonso

Desde o 19 de febreiro e até o 22 de marzo o Palacio Municipal de Exposicións Quiosco Afonso acolle unha mostra dedicada á obra do artista galego Manuel Facal. A exposición realiza un completo repaso á obra de Facal a través de 62 obras que arrinca nos anos 70 e chega ás súas últimas creacións, deténdose naquelas etapas máis significativas: as esculturas de tecidos, as composicións cargadas dun informalismo expresivo de gran forza, os gravados, os cosidos ou os libros. Toda unha traxectoria caracterizada pola coherencia creativa, a personalidade inqueda, o dominio técnico e uns resultados tan potentes como inquietantes e intensos.
O Quiosco Afonso está aberto ao público de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00.














