Teatro Colón Novacaixagalicia: concerto “Os grandes estándares do jazz”, pola OSG Jazz Band, no Festival Mozart 2011

Venres BANNER_festival_mozart_castellano215px17
Teatro Colón Novacaixagalicia
21:00
Entradas: 8, 12, 14 e 20 euros (máis información aquí).

Prosegue o Festival Mozart 2011 co concerto "Os grandes estándares do jazz", pola OSG Jazz Band, cun programa composto polas seguintes obras:
- "Perdido", de Juan Tizol.
- "Don’t Get Around Much Anymore", de Duke Ellington.
- "Rhapsody in Blue", de George Gershwin.
- "Bye bye blackbird", de Ray Henderson.
- "Maids of Cadiz", de Léo Delibes.
- "On Green Dolphin Street", de Bronislau Kaper.
- "Taste of Honey", de Bobby Scott e Rick Marlow.
A Jazz Band da Orquestra Sinfónica de Galicia está formada por Gertraud Brilmayer e Julián Gil (violíns), Scott Hardy (violonchelo), Roberto Somoza (saxo), John Aigi e Tom Purdie (trompetas), John Etterbeck (trombón), Petur Eiriksson (trombón baixo e teclados), Gastón Rodríguez (guitarra), Risto Vuolanne (contrabaixo e director) e Vladimir Rosinskij (batería).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Banda Municipal de Música e o Trío Vaamonde, Lamas e Romero

Domingo Banda Municipal de Música17
Palacio da Ópera
Horario: 12:15
Entrada libre até completar capacidade.

Concerto da Banda Municipal de Música, baixo a dirección de Marcel van Bree, coa colaboración do Trío Vaamonde, Lamas & Romero, cos que contactou para axeitar unha serie de pezas do repertorio tradicional para ser interpretadas acompañadas por un colectivo sinfónico. O resultado é este programa composto por:

- "A lenda de Montelongo", de B. del Río.
- "Os trintas", de R. Courtier e Pedro Lamas, con arranxos de Roberto Somoza.
- "A miña burriña", popular e Pedro Lamas, con arranxos de Roberto Somoza.
- "Desperniquebradeira", de R. Courtier e o Trío Vaamonde, Lamas e Romero.
- "Los larpeiros del vedado e Vilamaior", de José Posada.
- "Foliada de San Pedro de Visma", popular, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero.
- "Cantar de seitura de Trives", popular e Pedro Lamas, con arranxos de Roberto Somoza.
- "Pola", de R. Courtier e o Trío Vaamonde, Lamas e Romero.
- "Unha noite na fraga", de Pedro Lamas.
- "Viloria", de R. Courtier e Pedro Lamas, con arranxos de Roberto Somoza.
- "La alegría de la huerta (Xota)", de Federico Chueca.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Iberojazz 2010: concerto de Roberto Somoza

mércores, 27 xaneiro 2010, 19:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

Roberto Somoza, un dos mellores saxofonistas e frautistas de jazz de Galicia, presenta o seu novo disco The Vangard coa súa gran formación Roberto Somoza Jazz Orquestra no auditorio do Forum Metropolitano no marco do Festival Iberojazz mañá xoves 28 de xaneiro ás 21 h. O auditorio do Forum convertiuse ao longo do ciclo nun auténtico clube de jazz onde poder escoitar o mellor jazz ibérico nun ambiente distendido e co servicio da cafetería ao dispor do público.

Roberto Somoza é hoxe por hoxe un dos grandes músicos de jazz do noso país. Con esta nova formación non só rinde homenaxe aos grandes formatos senón que ademáis experimenta coas súas propias composicións, fermosas melodías inspiradas nos grandes da historia do jazz mais tamén nas orixes desta música.

Roberto_SomozaROBERTO SOMOZA Jazz Orquestra:

ROBERTO SOMOZA, saxofonista, compositor e arranxador, é
profesor de Saxofón (especialidade de Jazz) no Conservatorio de Música
da Coruña, líder de varias formacións (coas que editou catro discos) e
saxofonista dos grupos Clunia e Atlantic Bridge.

The Vanguard (Xingra / Jazz) é un tributo ao saxofón alto, cheo de composicións e arranxos contemporáneos que explotan ao máximo o formato da orquestra moderna de Jazz. O disco que se presenta foi gravado nos estudos Bruar para a discográfica Xingra e está composto, arranxado e dirixido por Roberto Somoza. Unha sección de cinco ventos e trío de ritmo danlle forma a este disco, que conta tamén coa colaboración do gran pianista e compositor Nani García e coa produción de Javier Ferreiro.

MÚSICOS: Roberto Somoza (saxofón alto), Hansel Luís Díez (trompeta e fliscorno), Ricardo Costa (trompeta e fliscorno), Edward Machado (trombón), Nandor Kasza (trombón), Jacobo de Miguel Bueres (piano), Kin García (contrabaixo), Fernando Llorca (batería).

Máis información: web oficial / MySpace

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google