Caixanova na rúa: malabares con Javi Javichi e Roi Sixto
Javi Javichi, coñecido como El Malabarista de la Pista, é un dos clowns máis polifacéticos do momento. Actor e malabarista, o seu espectáculo é unha mestura de humor e risco mediante o uso de malabares, diábolos, mazas ou pelotas; realiza equilibrios sobre cilindros e fusiona a técnica circense e o humor máis clásico. Con esta divertida produción de rúa, Javi Javichi logra conectar co público de xeito directo, cunha proposta artística fresca e orixinal que convence dende o primeiro momento.
JAVI JAVICHI: domingo 5 de xullo ás 12:30 no Obelisco e ás 17:00 no Paseo Marítimo.
No seu divertido espectáculo Roi Sixto crea unha personaxe imaxinaria da cal xorden unha infinidade de aparellos cos que facer malabares e espectaculares xogos. A pesar da destreza que demostra, Roi non se deixa vencer polo fácil virtuosismo e combina as súas rutinas con outras técnicas artísticas, coma o clown ou o teatro de rúa. Pelotas, mazas, aros, diábolos e até un monociclo saen da súa maleta nun orixinal número que constata que estamos ante un dos mellores shows unipersoais da escena galega. Roi Sixto é un novo malabarista ferrolán que representa a nova xeración de artistas de rúa e de novo circo que emerxeu en Galicia nos últimos anos e que, pouco a pouco, están conquistando as prazas e teatros galegos.
ROI SIXTO: domingo 5 de xullo ás 13:30 na Praza de Vigo e ás 18:00 no Paseo Marítimo














