Teatro Rosalía: concerto benéfico de Xoán Eiriz, xunto a Rosa Cedrón e a Coral da Gaiteira

Mércores Xoán Eiriz 228
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entradas: 8 euros.

Concerto benéfico a favor da ONG "Terra de homes", que presta axuda directa á infancia desamparada sen preocupación de orde política, racial ou confesional. Con Xoán Eiriz e Rosa Cedrón, xunto á Coral Polifónica da Gaiteira, no que Xoán Eiriz presenta o seu undécimo disco: "30 anos e unha canción de amor", acompañado polo pianista Gabriel Peso. Presenta: Juan Fernán.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sereas, sete voces galegas en concerto no Rosalía

sereasO domingo 7 de marzo a partir das 19 horas o Teatro Rosalía acolle o espectáculo SEREAS, que recolle a creación feminina de sete nomes fundamentais da música galega actual. Con este espectáculo pretenden amosar o inmenso potencial creativo das sucesivas xeracións de cantoras e escritoras que as precederon e que usaron a nosa lingua e expresaron sen complexos os seus sentimentos máis profundos. SEREAS é un punto de encontro, un xeito concreto de achegarnos e de apostar pola creación colectiva, pola comunicación e polo coñecemento entre as mulleres que transitamos pola música deste país.

sereas2

As SEREAS son:

Uxía. En 2010 cumpre 25 anos de carreira artística que a convirten nunha das voces máis populares e valoradas de Galicia, Portugal e Brasil. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador e persoal.

Mercedes Peón. Premio Nacional de Música no 2008. Da recolleita e investigación da tradición popular á vangarda da música galega, é unha das artistas galegas máis destacadas dos primeiros anos do século XXI, con recoñecementos a nivel internacional.

Rosa Cedrón. Cantora e intérprete de violoncello, coñecida por ser durante nove anos a voz do grupo Luar na Lubre, co que mantivo unha intensa actividade con numerosos concertos por todo o mundo. No ano 2.005 abandonou o grupo e iniciou a súa carreira en solitario.

Ugía Pedreira. Unha das voces mais transgresoras e eclécticas do panorama musical. Actualmente lidera o grupo Marful e participa no proxecto Nordestin@s, xunto a Guadi Galego e o pianista Abe Rábade. Ademáis, ten colaborado con numerosos artistas en discos e proxectos conxuntos.

Guadi Galego. Acaba de publicar un disco en solitario baixo o título Benzón, onde se recolle o seu proxecto máis íntimo e persoal. Participa nos proxectos Nordestin@s e Espido, xunto a Guillerme Fernández. Durante 10 anos foi a vocalista e gaiteira de Berrogüeto, banda coa que fixo xiras por todo o mundo.

Silvia Penide. Cantautora, solista pop, experimental, sincera, cercana, dóce. Cos seus tres discos editados conquistou un gran número de fans agrupados en torno ao seu foro de internet. Imparable, está xirando continuamente por toda España.

Sonia Lebedinsky. Cantora do grupo Fia na Roca, fundado nos anos 90 e considerado referencia dentro do noso panorama musical. Cun son elegante e uns arranxos sorprendentes, transforma a tradición para construír un dos repertorios máis importantes da música galega.  

Sereas é o primeiro concerto do Ciclo Caixanova "Música con raíces", que proseguerá ao longo dos meses de marzo, abril e maio.

Apúntate no evento en Facebook

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto de Los Secretos

lossecretos

O concerto deste sábado 30 de maio no Coliseum da Coruña non será un máis. A excepcional banda Los Secretos está preparando un concerto moi especial que contará coa colaboración de Iván Ferreiro, Julián Hernández e Rosa Cedrón como convidados de luxo. Esta será unha gala presentada polo popular Manuel Manquiña, que xunto á citada presenza de artistas galegos contribuirá a converter este evento en todo un acontecemento para os seguidores de Los Secretos. A organización tamén informa que de acordo co grupo e como consecuencia da coincidencia co horario establecido no partido de futbol que enfrontará o Depor contra o Barcelona, decidiu atrasar o inicio do concerto ata o remate do citado encontro. O prezo das entradas é de 23 e 28 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google