40 Feira do Libro: actividades do sábado 6 de agosto

Estas Federación de Libreiros de Galiciason as actividades previstas para o sábado 6 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:

- 12:00 h. Feira infantil. "Como nace un personaxe". Obradoiro de ilustración realizado por Xosé Tomás. Actividade realizada coa colaboración do GALIX.
- 18:30 h. Presentación de "O señor Don Nicanor", un texto infantil de Ana Fernández - Abascal, ilustrado por Flavio Morais e publicado no selo Faktoría K, coa participación da autora e un representante da editorial.
- 19:00 h. A pintora e ilustradora Isabel Pintado asina exemplares dos libros de poesía para nenos "Parece unha rosa", de Rosalía de Castro e "Cantiga do Mazarico", de Emilio Pita, ambos publicados por Edicións Espiral Maior na colección Lúa Lueira.
- 19:30 h. O poeta e videoartista Antonio Nieto Rodríguez, presentará o seu libro "La voz del escorpión", publicado por Sial Ediciones. Xunto co autor, participarán no acto José María Paz Gago, Catedrático da Universidade da Coruña, Olga Patiño, poeta, profesora do I.E.S. Fernando Wirth, da Coruña, e Basilio Rodríguez Cañada. Editor e presidente do Pen Clube de España.
- 20:00 h. O escritor Mario Regueira asinará exemplares do seu libro "Lois Pereiro. Unha persecución", publicado por 2.0 Editora, na colección Folcsonomías.
- 20:30 h. Presentación do libro "El viajero del tiempo", publicado por Imagine Ediciones. Participarán no mesmo José Carlos Somoza, Patricia Esteban Erlés e Félix Palma Macías, coordinados por Fernando Marías. Acto patrocinado por Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro “Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria”, de Francisco Rodríguez

Martes 15
Centro Social Novacaixagalicia (Antes Centro Social Caixanova, Avenida da Mariña, s/n.)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) presenta o libro "Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe)", de Francisco Rodríguez, editado pola propia AS-PG.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe cúmprese o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro

xoves, 15 xullo 2010, 9:58 | Category : homenaxes, poesía
Tags :

"O mar castiga bravamente as penas,
e contra as bandas do vapor se rompen
as irritadas ondas
do cántabro salobre.
Chilan as gaviotas
¡Alá lonxe¡... ¡moi lonxe¡
na prácida riveira solitaria
que convida ó descanso i ós amores.
De humanos seres a compauta línea
que brila ó sol adiántase e retórcese,
mais preto e lentamente as curvas sigue
do murallón antigo do Parrote" (...)

(Do poema "¡Prá á Habana¡", Follas Novas)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia “Rosalía de Castro, voz do pobo galego”, por Marina Mayoral

luns, 21 xuño 2010, 10:43 | Category : conferencias
Tags : ,

Martes 22
19:00
Biblioteca de Estudos Locais (Durán Loriga, 10)
Entrada libre até completar capacidade.

Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Rosalía de Castro: o clamor da rebeldía. A evidencia contra a conveniencia”, conferencia de Pilar García Negro

martes, 8 xuño 2010, 14:06 | Category : conferencias
Tags : ,

Mércores 9
20:00
Salón de actos da Real Academia Galega (Tabernas, 11)
Entrada: libre até completar capacidade.

Trátase de conmemorar como merece o 125 aniversario do falecemento da autora das letras galegas e de explicar as razóns da súa María Pilar é profesora da Universidade da Coruña e escritora. As súas publicacións versan fundamentalmente sobre sociolingüística, lexislación iuslingüística, divulgación feminista e literatura galega. Rosalía de Castro, Lamas Carvajal, Castelao, Ramón Vilar Ponte, María Mariño ou Marica Campo son autoras-es por ela estudados. É directora da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe a Rosalía de Castro pola Coral Follas Novas

xoves, 29 abril 2010, 10:21 | Category : concertos
Tags : ,

Xoves 29
20:30
Teatro Rosalía Castro
Entrada: libre até completar capacidade

Como homenaxe a Rosalía de Castro, a Coral Follas Novas interpretará "PENSO QUE POR MIN CHAMADES".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Roteiro “Rosalía na Coruña”

xoves, 18 marzo 2010, 18:00 | Category : roteiros
Tags : ,

roteirorosalia

Convidámosvos a participar no roteiro Rosalía na Coruña, organizado pola Concellaría de Cultura e guiado por Diego Pardo Amado, profesor e especialista na figura de Rosalía. Será este domingo pola mañá, cunha duración aproximada de 1 hora, e co seguinte percorrido:

1. Casa de Rosalía (ás 12.00h)
2. Xardín de San Carlos
3. Peirao
4. Estatua de Curros
5. Casa de M. Murguía
6. Teatro Rosalía Castro

Descargar folleto do roteiro Rosalía na Coruña: PDF, 7,0 MB

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Acto da AELG no Día de Rosalía

A Asociación de Escritores en Lingua Galega promove para mañá mércores día 24 de febreiro a lectura dun manifesto conmemorativo do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, a celebrar en varias cidades do país. Na Coruña a lectura terá lugar ás 18:00 no monumento a Curros Enríquez e contará coa participación de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG; Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG, Manuel Rivas, Xavier Seoane e Luz Pozo. Colabora a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia sobre a pegada de Rosalía na obra de Ramón Piñeiro

rosalia-pineiro
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google