Teatro e danza esta fin de semana no Rosalía

venres, 26 febreiro 2010, 17:00 | Category : danza, teatro
Tags : , , ,

Tres_8Bn

Pisando ovos é unha compañía de danza contemporánea liderada pola coreógrafa Ruth Balbís que se caracteriza por centrar os seus espectáculos en elementos que definen e condicionan a vida das persoas, procurando novos e persoais rexistros que van dende os movementos máis radicais aos máis minimalistas. Chegan mañá 27 de febreiro ao Rosalía coa súa última produción, Tres, na que amosan os encontros e desencontros de tres mulleres condicionadas pola súa sexualidade. Encontros que se definen entre o individual e o común, a fantasía e as obsesións, o mimetismo dos corpos, e todo iso nun mundo novo no que se redescobren as tres nelas mesmas. Nesta montaxe estarán con Ruth Balbís as bailarinas Janet Novás e Andrea Quintana. A función comezará ás 21 horas no Rosalía. O prezo das entradas é de 9 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 6 €).

APiraguaWeb

Tres años despois da súa estrea, o director, equipo artístico e reparto que participou na montaxe que o Centro Dramático Galego fixo de A piragua de Cándido Pazó, volven reunirse para dar vida a esta historia que aborda o tema da violencia de xénero. A peza levou catro premios María Casares en 2007 (mellor texto orixinal, mellor actriz protagonista, mellor iluminación e mellor música orixinal), e conta coas actuacións de Xosé Manuel Olveira “Pico”, Susana Dans, Marcos Orsi, Iolanda Muíños, César Martínez “Goldi”, Ricardo de Barreiro e Mariam Bañobre. Dirixe Cándido Pazó. A función será o domingo 28 de febreiro ás 19:00. O prezo das entradas é de 9 € (usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 6 €)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google