Cinema no Fórum: Ese escuro obxecto do desexo

xoves, 26 marzo 2009, 10:05 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme Ese escuro obxecto do desexo de Luis Buñuel, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Buñuel francés. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 26, 20:30. Venres 27, 20:30 e 23:00. Sábado 28, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: O discreto encanto da burguesía

xoves, 19 marzo 2009, 0:45 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme O discreto encanto da burguesía de Luis Buñuel, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Buñuel francés.

Horario: Xoves 19, 20:30. Venres 20, 20:30 e 23:00. Sábado 21, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: O fantasma da liberdade

xoves, 12 marzo 2009, 0:59 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme O fantasma da liberdade de Luis Buñuel, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Buñuel francés.

Horario: Xoves 12, 20:30. Venres 13, 20:30 e 23:00. Sábado 14, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Diario dunha camareira

xoves, 5 marzo 2009, 13:00 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme Diario dunha camareira de Luis Buñuel, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Buñuel francés. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 5, 20:30. Venres 6, 20:30 e 23:00. Sábado 7, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: El baño del Papa

xoves, 26 febreiro 2009, 10:15 | Category : cinema
Tags : , , ,

O filme El baño del Papa de César Charlone e Enrique Fernández, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Alén do mar.

Horario: Xoves 26, 20:30. Venres 27, 20:30 e 23:00. Sábado 28, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: El cuerno de la abundancia

xoves, 19 febreiro 2009, 11:53 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme cubano El cuerno de la abundancia de Juan Carlos Tabío, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Alén do mar.

Horario: Xoves 19, 20:30. Venres 20, 20:30 e 23:00. Sábado 21, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: La Antena

mércores, 11 febreiro 2009, 11:54 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme arxentino La Antena de Esteban Sapir, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Alén do mar.

Horario: Xoves 12, 20:30. Venres 13, 20:30 e 23:00. Sábado 14, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Luz silenciosa

xoves, 5 febreiro 2009, 16:05 | Category : cinema
Tags : , ,


O filme mexicano Luz silenciosa (Stellet licht) de Carlos Reygadas, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Alén do mar. O filme, falado en lingua plautdiesch, proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 5, 20:30. Venres 6, 20:30 e 23:00. Sábado 7, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Alén do mar

Admirado e odiado case a partes iguais, o mexicano Carlos Reygadas é un dos cineastas que máis tinta fixo correr no que vai de século. Japón primeiro e Batalla en el cielo despois descubríronnos a un director capaz de fabricar planos secuencia de incríbel virtuosismo e de desacougarnos cun cinema nada compracente, que pasa por riba de toda sorte de tabús e que ás veces parecía obsesionado por amolar de maneira deliberada ao espectador. A sorpresa foi aínda maior co seu terceiro filme, radicalmente distinto aos anteriores e ao mesmo tempo revelador da súa nidia voz autoral. Luz silenciosa é unha obra feita en estado de graza que parece estar fóra deste tempo e deste mundo. Ambientada nunha comunidade menonita no norte de México e falada na súa lingua, o plautdiesch, Luz silenciosa conta o dilema dun home que se debate entre a obriga de permanecer fiel á esposa e á familia e o amor que sente por outra muller. Reygadas aposta desta volta pola contención e o lirismo para producir un resultado de extrema paz e beleza; un filme sobre a redención e o ben que na súa parte final homenaxea con inesperada valentía ao Dreyer de Ordet.

Reygadas é o principal expoñente que hoxe ten a cinematografía mexicana, unha das máis activas no ámbito da fala hispana. O outro gran foco de atención en América é Arxentina, onde agromaron nos últimos dez anos unha morea de interesantes directores coma Israel Adrián Caetano, Lucrecia Martel, Pablo Trapero ou Lisandro Alonso. Un dos títulos fundacionais do que se deu en chamar “novo cinema arxentino” é Picado fino, rodado en 1996 por Esteban Sapir. O bonaerense seguiu traballando na industria como director de fotografía, mais botou once anos sen desenvolver ningún proxecto propio até que en 2007 escribiu e dirixiu a marabillosa La Antena, que adopta a estética expresionista do cinema mudo dos anos vinte para tecer unha orixinal fábula sobre o poder e a comunicación.

Luz silenciosa e La Antena son dúas das fitas que poderemos ver na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano no mes de febreiro no ciclo Alén do mar, que se completa coa cubana El cuerno de la abundancia de Juan Carlos Tabío (co-director de Fresa y chocolate), e coa uruguaia El baño del Papa de César Charlone e Enrique Fernández, premiada nos festivais de Huelva e Donostia.

Sala Fernando Rey: Febreiro de 2009
5, 6 e 7: Luz silenciosa, de Carlos Reygadas
12, 13 e 14: La antena, de Esteban Sapir
19, 20 e 21: El cuerno de la abundancia, de Juan Carlos Tabío
26, 27 e 28: El baño del Papa, de César Charlone, Enrique Fernández.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: El custodio

xoves, 29 xaneiro 2009, 11:15 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme mexicano El custodio de Rodrigo Moreno, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo A política no cinema.

Horario: Xoves 29, 20:30. Venres 30, 20:30 e 23:00. Sábado 31, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: "Presidente Miterrand"

mércores, 21 xaneiro 2009, 11:05 | Category : cinema
Tags : , ,

Presidente Miterrand, o paseante do Champ de Mars de Robert Guediguian, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo A política no cinema. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 22, 20:30. Venres 23, 20:30 e 23:00. Sábado 24, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: "La ley de Herodes"

mércores, 14 xaneiro 2009, 0:05 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme mexicano La ley de Herodes de Luis Estrada, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo A política no cinema.

Horario: Xoves 15, 20:30. Venres 16, 20:30 e 23:00. Sábado 17, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: A política no cinema

A gran gañadora dos Oscars en 1949 foi un filme que contaba a traxectoria ascendente dun político norteamericano desde o condado rural ao que pertencía até a cadeira de governador: ao longo dese camiño cara ao éxito vai esmorecendo a súa honestidade e acaba por ser partícipe da mesma corrupción que noutrora criticaba. O potente discurso de O político (All the King's men), quizais impensábel nunha gala dos Oscars dos nosos días, proba as inquietudes ideolóxicas e sociais do seu director, Robert Rossen, membro en tempos do Partido Comunista e que axiña caería en desgraza diante dunha industria que acabou por incorporar o seu nome á tristemente célebre “lista negra”.

All the King's men reflicte o lado escuro da política, mais foron moitas as ocasións nas que o cinema americano amosou a súa faciana máis amábel, ben fose por medio de haxiografías dos grandes presidentes (Abraham Lincoln de David Wark Griffith ou a tan pouco coñecida coma espléndida Wilson de Henry King), ou con relatos esperanzados tipo Cabaleiro sen espada de Frank Capra, cantos á integridade propios da década do New Deal. O abrupto corte da II Guerra Mundial marca a perda da inocencia e anuncia unha nova era; a ilusión de O xove Lincoln dá paso á amargura crepuscular de O derradeiro hurra, dúas das moitas obras mestras de John Ford. De volta de todo, Chaplin ironiza sobre a sociedade ianqui en Un rei en Nova York e xa nos sesenta o espírito crítico volve tomar posicións de privilexio con dous maxistrais exercicios de política-ficción dirixidos por John Frankenheimer: Sete días de maio, que fabulaba sobre un intento de golpe de estado, e a inquietante The Manchurian candidate. Nos últimos anos Hollywood non deixou de interrogarse sobre o estado de saúde do seu sistema democrático a través dos panfletos (no mellor sentido da palabra) de Michael Moore, dos ruidosos traballos de Oliver Stone (JFK, Nixon ou o inminente W.) ou cunha intelixente parábola con aspecto de película de instituto, Election de Alexander Payne.

Nunhas semanas marcadas polo cambio de rumbo na Casa Branca e a escala galega pola efervescencia preelectoral, a Sala Fernando Rey repasa a presenza dos políticos e a política no cinema cun ciclo que comeza coa mítica película de Robert Rossen para logo mirar máis alá dos Estados Unidos e reparar tamén na relectura que Robert Guediguian fixo do final da vida do Presidente Miterrand en O paseante do Champ de Mars ou na dura realidade sociolóxica latinoamericana con dous premiadísimos filmes, o mexicano La ley de Herodes de Luis Estrada e El custodio do arxentino Rodrigo Moreno.

Sala Fernando Rey: Xaneiro de 2009
8, 9 e 10: O político (All the King's men)
15, 16 e 17: La ley de Herodes
22, 23 e 24: Le promeneur du Champs de Mars (Presidente Miterrand, o paseante do Champ de Mars)
29, 30 e 31: El custodio

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: "O político (All the King's men)"

xoves, 8 xaneiro 2009, 14:54 | Category : cinema
Tags : , ,

All the King's men de Robert Rossen, gañadora de tres Oscars en 1949, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo A política e o cine. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves, 20:30. Venres, 20:30 e 23:00. Sábado, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00. é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google