Dúas “sesións do espectador” cada semana nas salas de cinema do Fórum Metropolitano

luns, 11 xaneiro 2010, 14:00 | Category : cinema
Tags : , ,

A partir do día 11 de xaneiro de 2010, as funcións dos venres ás 22:45 e 23:00 e as dos sábados ás 17:15 e 17:30 pasan a ser "sesións do espectador" e a entrada terá un prezo reducido de 1,50 €.

O resto das sesións (xoves, venres e sábados ás 20:15 e 20:30) manteñen o seu prezo habitual de 3 euros (2 € para os usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados). O abono de cinco entradas ten un prezo especial de 12 euros (cinco filmes polo prezo de catro).

HORARIO XERAL DAS SALAS DE CINEMA DO FÓRUM METROPOLITANO:

Sala Marilyn Monroe: xoves ás 20:15, venres ás 20:15 e 22:45, sábados ás 17:15 e 20:15.

Sala Fernando Rey: xoves ás 20:30, venres ás 20:30 e 23:00, sábados ás 17:30 e 20:30

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Estreas en V.O.

Comeza unha nova tempada de cinema na Sala Marilyn Monroe, e faino cumprindo un dos obxectivos prioritarios da programación do Fórum Metropolitano: recuperar filmes actuais que os coruñeses e coruñesas non puidemos ver nas salas comerciais, co privilexio engadido de disfrutalos na súa versión orixinal.

Abre o ciclo Estreas en V.O. o último traballo do francés nacido en Túnez Abdellatif Kechiche, que con só tres filmes parece terse convertido nunha das figuras máis aprezadas da industria francesa, alguén capaz de concitar o aprezo do público e da crítica ao mesmo tempo. O seu debut con La faute á Voltaire levouno até o Festival de Venecia, mais foi a seguinte, L'esquive, estreada en España co título La escurridiza, o cómo esquivar el amor, a que o situou definitivamente no mapa ao gañar por sorpresa os premios César ao mellor filme e director nun ano no que competía con títulos de enorme éxito popular coma Os mozos do coro ou de tanto prestixio coma Rei e Raíña de Arnaud Desplechin. O seu triunfo nos César repetiuse este ano con Cuscús (La graine et le mulet), unha brillante mestura de drama familiar e cinema social que se beneficia das excelentes interpretacións de todo o reparto e desemboca nun emocionante final.

O napolitano Paolo Sorrentino fíxose coñecido entre nós en 2004 coa estrea de Le conseguenze dell'amore, un thriller esteticista que participou no Festival de Cannes e obtivo logo en Italia cinco premios David de Donatello, entre eles un para o protagonista, Toni Servillo, con quen repite en Il divo, biografía do político italiano Giulio Andreotti que lle serve ao director para construír un retrato demoledor e satírico sobre as ambigüidades e contradicións inherentes a aqueles que se perpetúan no poder.

A primeira longametraxe de Christopher Zalla, Padre nuestro, participou a concurso no Festival de Donostia 2007 e recibiu unha acollida quizá non entusiasta, mais si cando menos cálida. A dura historia dos inmigrantes mexicanos e a súa loita pola supervivencia nos Estados Unidos acabou facéndose un oco a principios de ano nas candidaturas dos Independent Spirit Awards, que recoñeceron os valores desta obra necesariamente incómoda.

Rematamos o mes co último froito da parella sentimental e creativa que forman Agnès Jaoui e Jean-Pierre Bacri, guionistas da célebre On connaît le chanson de Alain Resnais. Na súa múltiple condición de escritores, intérpretes e no caso de Agnès tamén a de directora, os Jaoui-Bacri lévannos ofrecido abondosas mostras do seu exquisito gusto e do seu talento para facer comedias elegantes. Le goût des autres e a gozosa Comme une image foron dous fitos que teñen continuidade neste Parlez-moi de la pluie que nos permitirá acabar o mes cun sorriso intelixente nos beizos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Mon meilleur ami

xoves, 18 xuño 2009, 13:15 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme Mon meilleur ami (O meu mellor amigo) de Patrice Leconte, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Sorrisos europeos.

Horario: Xoves 18, 20:15. Venres 19, 20:15. Sábado 20, 20:15.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Du Levande

xoves, 11 xuño 2009, 14:00 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme Du Levande de Roy Andersson, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Sorrisos europeos.

Horario: Xoves 11, 20:15. Venres 12, 20:15. Sábado 13, 20:15.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Sorrisos europeos

mércores, 3 xuño 2009, 17:00 | Category : cinema
Tags : ,

Un tópico estendido entre moitos espectadores asocia tradicionalmente o cinema europeo cunha certa tendencia a falar de cuestións transcendentes e a tratalas con severidade, cun ton grave afastado do espírito frívolo e popular que segundo esa visión caracterizaría ao cinema norteamericano, sempre máis apegado aos gustos masivos. Isto é falso, por suposto, como acontece sempre cos tópicos e xeralidades. O vello continente riu e moito desde que existe o cinema, e de feito non é preciso rebuscar demasiado na memoria para atopar non xa filmes soltos, senón etapas completas entregadas con incríbel fortuna ao xénero da comedia. Un dos momentos máis brillantes do cinema inglés foi o do esplendor da Ealing, a lendaria produtora que despois da Segunda Guerra Mundial deu pé a unha longa serie de alfaias que facían do humor a súa seña de identidade, con fitos coma Pasaporte para Pimlico, Oito sentencias de morte ou The ladykillers, obras que probaban ademais as excepcionais virtudes interpretativas de xenios coma Alec Guinness ou Stanley Holloway.

En Italia a comedia viviu unha idade de ouro pola mesma época, superando os vicios escapistas do cinema de teléfonos brancos doutrora para reflectir tamén as pequenas miserias e contradicións dun país en crise permanente. Filla do neorrealismo, a Commedia all'italiana deu infinidade de froitos extraordinarios nas décadas dos cincuenta, sesenta e setenta, coa participación de actores e actrices en estado de graza -Marcello Mastroianni, Vittorio Gassman, Alberto Sordi, Ugo Tognazzi, Sophia Loren, Stephania Sandrelli, Claudia Cardinale, Monica Vitti- e a dirección de mestres coma Pietro Germi, Mario Monicelli ou Luigi Comencini, sen esquecer o colosal Vittorio de Sica e o intenso pouso lúdico de varias das propostas de Federico Fellini. E que dicir do cinema español, ou do francés, e mesmo os Sorrisos dunha noite de verán de Ingmar Bergman? Alén de todos estes exemplos do pasado, a comedia en Europa segue a ser hoxe un asunto moi vivo -e moi serio!-, como poderemos comprobar este mes de xuño na Sala Marilyn Monroe.

Sala Marilyn Monroe, ciclo Sorrisos Europeos
4, 5 e 6 de xuño: Emma's glück, de Sven Taddicken
11, 12 e 13 de xuño: Du Leande, de Roy Andersson
18, 19 e 20 de xuño: Mon meillieur ami, de Patrice Leconte
25, 26 e 27 de xuño: Irina Palm, de Sam Garbarski

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: La question humaine

mércores, 27 maio 2009, 12:30 | Category : cinema
Tags : , , , ,

O filme La question humaine (A cuestión humana) de Nicolas Klotz, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Saíndo da fábrica.

Horario: Xoves 28, 20:15. Venres 29, 20:15. Sábado 30, 20:15. A proxección do venres contará coa participación de Miguel Castelo, cineasta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: O ovo da serpe

mércores, 20 maio 2009, 23:00 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme O ovo da serpe de Ingmar Bergman, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Saíndo da fábrica.

Horario: Xoves 21, 20:15. Venres 22, 20:15. Sábado 23, 20:15. A proxección do venres contará coa participación de Martín Naya, desempregado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: O home de mármore

xoves, 14 maio 2009, 12:14 | Category : cinema
Tags : , , ,

O filme O home de mármore de Andrzej Wajda, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Saíndo da fábrica.

Horario: Xoves 14, 20:15. Venres 15, 20:15. Sábado 16, 20:15. A proxección do venres contará coa participación de José Manuel Sande, traballador do CGAI.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Saíndo da fábrica

Polas rúas de A Coruña camiña un carpinteiro polaco, que de heroe nacional convertido en Home de Mármore antes da caída do muro de Berlín pasou a percorrer as estradas da precariedade neste Mundo Libre e onde a Concepción Humana do control e a explotación convertese en normalidade. Esta persoaxe camiña pelexando con Uñas e Dentes por sobrevivir nunha sociedade que expulsa ao obreiro das súas fabricas e o converte en simple consumidor da maxestosa vista dos Centros Comerciais, mentres nos seus barrios péchanse comercios e o desemprego campa polas esquinas creando as sombras no Ovo da Serpe da violencia, o individualismo e a intolerancia. Un cartel de Benvendido ao mundo da privatización e a especulación recibe ao noso compañeiro na oficina de desemprego onde está a pensar como cambiar este mundo de explotación e exclusión. Nos seus paseos atopouse no Forum Metropolitano co II Ciclo de Cinema "Saíndo da Fabrica", lugar público e libre onde a participación, discusión e os nosos soños seguen a loitar por un mundo mellor. El quedou con nós, comprendendo que na soidade é imposíbel cambiar as cousas e empregando o cinema como evento cultural colectivo e de discusión, o cinema convertese en ferramenta de transformación.

"Materiales y herramientas nos son imprescindibles pero el capitalista no hace falta para nada." (Fragmento da película Con Uñas e Dentes).

Adolfo Naya

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: It's a free world

xoves, 7 maio 2009, 12:15 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme It's a free world de Ken Loach, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Saíndo da fábrica.

Horario: Xoves 7, 20:15. Venres 8, 20:15. Sábado 25, 17:15 e 20:15. A proxección do venres contará coa participación de Laura Bugallo, responsable de emigración na CIG-Compostela.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Con uñas y dientes

xoves, 30 abril 2009, 17:00 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme Con uñas y dientes de Paulino Viota, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Saíndo da fábrica.

Horario: Xoves 30, 20:15. Venres 1, 20:15. Sábado 25, 20:15. A proxección do venres contará coa presenza do director, Paulino Viota.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: En la ciudad de Sylvia

xoves, 23 abril 2009, 9:24 | Category : cinema
Tags : , ,

En la ciudad de Sylvia de José Luis Guerín, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Cinema e cidade. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 23, 20:15. Venres 24, 20:15 e 22:45. Sábado 25, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Va savoir

xoves, 16 abril 2009, 10:25 | Category : cinema
Tags : ,

vasavoirVa savoir (Vai saber) de Jacques Rivette, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Cinema e cidade.

O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario:
Xoves 16, 20:15.
Venres 17, 20:15 e 22:45.
Sábado 18, 17:15 e 20:15
A proxección do venres ás 22:45 é gratuíta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Cinema e cidade

Un mozo americano, Jesse (Ethan Hawke), e unha estudante francesa, Celine (Julie Delpy), coñécense nun tren e deciden pasar unhas horas xuntos en Viena, coa chegada dun novo día como límite para a súa relación. Ese era o argumento de Before sunrise de Richard Linklater, unha delicia que nos sorprendeu alá polo ano 1995. O filme Before sunset reunía unha década despois á mesma parella en París para presentarnos aos dous protagonistas xa máis maduros e experimentados recuperando o tempo perdido mentres paseaban pola cidade do Sena e falaban e falaban sen parar.

París é un tópico cinematográfico, o lugar ao que escapan os mozos e mozas americanos para atopar o seu lugar no mundo, como facía a Sabrina encarnada por Audrey Hepburn no lendario filme de Billy Wilder. Non é a única ocasión en que Audrey visitou París: volveu alá en Funny face, en Love in the afternoon e sobre todo en Charade, acompañada por un Cary Grant que mudaba de identidade cada poucos minutos; mais non é esa a única cidade asociada á súa filmografía, porque... quen non quixo coñecer a capital de Italia despois daquelas Vacacións en Roma, ou ir a Nova York ao ver a Holly Golightly tomando un almorzo diante do escaparate dunha xoiaría?

Bos Aires en Happy together (Wong Kar-wai, 1997), Kuala Lumpur en I don't want to sleep alone (Tsai Ming-Liang, 2006), Nova Delhi en Monsoon wedding (Mira Nair, 2001), México D.F. en Batalla en el cielo (Carlos Reygadas, 2004), Taipei en Millenium Mambo (Hou Hsiao-Hsien, 2001), a Bamako do filme homónimo de Abderrahmane Sissako, a Lisboa dos de Pedro Costa... a memoria dos cinéfilos está inzada de espazos urbanos inesquecíbeis, amosados ás veces sen piedade, mais cheos de vida en calquera caso. De cidades e de espazos urbanos vai o ciclo que en abril ocupará as salas do Fórum Metropolitano con catro obras mestras que nos levarán á Viena da posguerra na que se cociñaban negocios turbios (The third man, 1949), á Roma pasada pola peneira da imaxinación desbordada de Federico Fellini (Roma, 1972), a París para gozar cos personaxes que se entrecruzan conducidos pola man maxistral de Jacques Rivette (Va savoir, 2001) e a Estrasburgo para seguir os pasos dun home novo na procura dunha muller que coñeceu anos atrás (En la ciudad de Sylvia, 2007).

Sala Fernando Rey:
16, 17 e 18 de abril The third man de Carol Reed.
23, 24 e 25 de abril Roma de Federico Fellini.

Sala Marilyn Monroe:
16, 17 e 18 de abril Va savoir, de Jacques Rivette.
23, 24 e 25 de abril En la ciudad de Sylvia de José Luis Guerin

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Promises

xoves, 2 abril 2009, 11:00 | Category : cinema
Tags : , , , ,

Promises de Carlos Bolado, B.Z. Goldberg e Justine Shapiro, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo A eterna loita. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 2, 20:15. Venres 3, 20:15 e 22:45. Sábado 4, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google