Cinema no Fórum: Mal xesto

xoves, 26 marzo 2009, 10:00 | Category : cinema
Tags : , ,

Foul gesture (Mal xesto) de Tzahi Grad, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo A eterna loita. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 26, 20:15. Venres 27, 20:15 e 22:45. Sábado 28, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fernando Lalana no Fórum Metropolitano

luns, 23 marzo 2009, 10:00 | Category : bibliotecas, escritores
Tags : , ,

Hoxe luns 23 de marzo ás 18 h. o escritor de literatura infantil e xuvenil Fernando Lalana -autor de Morirás en Chafarinas, El zulo ou La tuneladora- manterá un encontro cos seus lectores na sala Marilyn Monroe do Forum Metropolitano. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Domicilio privado

xoves, 19 marzo 2009, 0:30 | Category : cinema
Tags : , ,

Private (Domicilio privado) de Saverio Costanzo, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo A eterna loita. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 19, 20:15. Venres 20, 20:15 e 22:45. Sábado 21, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Os limoeiros

xoves, 12 marzo 2009, 1:00 | Category : cinema
Tags : , ,

Etz limon (Os limoeiros) de Eran Riklis, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo A eterna loita. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 12, 20:15. Venres 13, 20:15 e 22:45. Sábado 14, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Zona libre

xoves, 5 marzo 2009, 14:00 | Category : cinema
Tags : , ,

Free zone (Zona libre) de Amos Gitai, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo A eterna loita. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 5, 20:15. Venres 6, 20:15 e 22:45. Sábado 7, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: A eterna loita

Un dos títulos capitais da edición 2008 do Festival de Cannes foi Valse con Bashir, do israelí Ari Folman, un filme de animación que recrea a experiencia do propio director como soldado durante a Guerra do Líbano de 1982 e nomeadamente o masacre de Sabra e Chatila, o ataque por parte de milicias libanesas a campos de refuxiados palestinos situados ao leste de Beirut, consentido polo exército israelí e que supuxo a morte de centos de civís. Ari Folman valeuse dos debuxos animados para explorar os seus soños e recordos -esmigallados e confusos- mais tamén para presentar as entrevistas con amigos e compañeiros daquela época que lle axudan a reconstruír e comprender uns feitos traumáticos. O resultado é un ensaio fascinante sobre a guerra e a memoria, un documental antibelicista que debera ser de visión obrigada en todas as escolas.

A causa palestina é unha das tradicionais cuestións palpitantes para a intelectualidade de esquerdas, e dela nace un filme coma Ici et ailleurs de Jean-Luc Godard. A fundación do estado de Israel foi o argumento dunha superprodución hollywoodense, Éxodo de Otto Preminger, mais en liñas xerais non podemos dicir que o enfrontamento entre xudeus e palestinos e a(s) guerra(s) sen fin en Oriente Medio deixaran unha pegada significativa na historia do cinema até tempos moi recentes. A obra do israelí Amos Gitai leva trinta anos relatando con valentía as miserias dun país politizado que non se cuestiona a violencia interminábel, o peso da relixión ou o papel secundario das mulleres na sociedade ortodoxa. No ámbito do documental, Avi Mograbi emprega o sarcasmo para explorar os paradoxos e inxustizas dun conflito que é foco permanente de atención de todo o planeta. O humor está tamén presente en Intervención divina, do palestino Elia Suleiman, e mesmo en Paradise now de Hany Abu-Assad, o realista retrato de dous homes horas antes de cometer un atentado suicida.

A difícil relación entre Israel e Palestina é o eixo central do ciclo “A eterna loita”, que en colaboración con Amnistía Internacional leva á Sala Marilyn Monroe cinco filmes que apostan con claridade pola paz e a convivencia.

Sala Marilyn Monroe: Marzo 2009
5, 6 e 7: Free zone (Zona libre) de Amos Gitai
12, 13 e 14: Etz limon (Os limoeiros) de Eran Riklis
19, 20 e 21: Private (Domicilio privado) de Saverio Costanzo
26, 27 e 28: Mal xesto de Tzahi Grad
2, 3 e 4 de abril: Promises de Carlos Bolado, B.Z. Goldberg e Justine Shapiro

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Cando sobe a marea

xoves, 26 febreiro 2009, 10:00 | Category : cinema
Tags : , , ,

Cando sobe a marea (Quand la mer monte) de Yolande Moreau e Gilles Porte, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Retallos de muller. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 26, 20:15. Venres 27, 20:15 e 22:45. Sábado 28, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: As mozas da lenzaría

xoves, 19 febreiro 2009, 11:46 | Category : cinema
Tags : , ,

As mozas da lenzaría (Die Herbstzeitlosen) de Bettina Oberli, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Retallos de muller. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 19, 20:15. Venres 20, 20:15 e 22:45. Sábado 21, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Ninguén me quere

mércores, 11 febreiro 2009, 11:50 | Category : cinema
Tags : , ,

Ninguén me quere (Keiner Liebt Mich) de Doris Dorrie, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Retallos de muller. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 12, 20:15. Venres 13, 20:15 e 22:45. Sábado 14, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Retratos chineses

xoves, 5 febreiro 2009, 16:00 | Category : cinema
Tags : , ,

Retratos chineses (Portraits chinois) de Martine Dugowson, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Retallos de muller. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 5, 20:15. Venres 6, 20:15 e 22:45. Sábado 7, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Retallos de muller

Os cinco candidatos ao Oscar á mellor dirección que se entregarán o vindeiro domingo 22 de febreiro son homes. Pasou o mesmo o ano pasado, e o anterior, e de feito temos que retroceder até a edición de 2003 para atopar unha muller entre as finalistas: a Sofía Coppola de Lost in translation. Antes que ela entraron no quinteto de elixidos polos académicos de Hollywood a neocelandesa Jane Campion por O piano, en 1993, e a italiana Lina Wertmuller por Pasqualino Settebellezze en 1977. Tres mulleres en 81 anos.

Non é mellor a situación no Festival de Cannes. En sesenta e unha edicións a Palma de Ouro só foi parar unha vez ás mans dunha muller, a xa citada Jane Campion polo mesmo filme que a levou aos Oscars. O Festival de Venecia foi algo máis xeneroso: outorgou o Léon de Ouro a Mira Nair en 2001 (A voda do Monzón), a Agnès Vardá en 1985 (Sans toit ni loi) e a Margarethe von Trotta (Die bleierne Zeit), mentres que Jasmila Žbanić (Grbavica, 2006), Larisa Shepitko (The Ascent, 1977) e Márta Mészáros (Adoption, 1975) son as tres mulleres que recolleron o Oso de Ouro no Festival de Berlín.

Por máis que non lles deamos moita importancia aos premios, a desproporción é tan grande que case sobra calquera comentario. A presenza de mulleres do outro lado da cámara foi e segue a ser moi reducida ao longo da historia do cinema, desde a pioneira Alice Guy-Blaché, cuxa pegada nos primeiros anos do século XX é decisiva na construción da narrativa cinematográfica, até a xeración actual en que a brutal disparidade vai pouco a pouco minorando. Son realmente poucas, é certo, mais esta arte non sería o que é sen o traballo de figuras extraordinarias coma Lotte Reiniger, Leni Riefenstahl, Maya Deren, Marguerite Duras, Věra Chytilová, Barbara Hammer, Chantal Akerman, Claire Denis, Agnes Jaoui, Kathryn Bigelow ou Naomi Kawase.

Catro directoras protagonizan o ciclo Retallos de muller que en febreiro ocupará a Sala Marilyn Monroe e co cal descubriremos novas voces que merecen ser escoitadas.

Sala Marilyn Monroe: Febreiro de 2009
5, 6 e 7: Retratos chinos, de Martine Dugowson
12, 13 e 14: Ninguén me quere, de Doris Dorrie
19, 20 e 21: As mozas da lenzaría, de Bettina Oberli
26, 27 e 28: Cando sobe a marea, de Yolande Moreau e Gilles Porte

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Cen cravos

xoves, 29 xaneiro 2009, 11:30 | Category : cinema
Tags : , ,

Cen cravos (Centochiodi) de Ermanno Olmi, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Estreas en V.O.. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 29, 20:15. Venres 30, 20:15 e 22:45. Sábado 31, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: "Garage"

mércores, 21 xaneiro 2009, 11:00 | Category : cinema
Tags : , ,

Garage de Lenny Abrahamson, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Estreas en V.O. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 22, 20:15. Venres 23, 20:15 e 22:45. Sábado 24, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: "Xente pouco corrente"

mércores, 14 xaneiro 2009, 0:10 | Category : cinema
Tags : , ,

Fierce people (Xente pouco corrente) de Griffin Dunne, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Estreas en V.O.

Horario: Xoves 15, 20:15. Venres 16, 20:15 e 22:45. Sábado 17, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Estreas en V.O.

A década dos 60 foi a dos "novos cinemas", a da emerxencia dunha morea de autores novos que en todo o mundo comezaban a cuestionarse os fondos e as formas da creación fílmica, ás veces beneficiándose dos tímidos xestos aperturistas ofrecidos por réximes políticos pouco amigos das liberdades individuais, caso da España franquista e os países do leste. Checoslovaquia viviu tamén unha esplendorosa primavera no cinematográfico na que agromaron un feixe de directores interesantes que chegaron a acadar unha importante repercusión internacional, coma Milos Forman, logo incorporado á industria de Hollywood e que nesa altura sorprendeu con Os amores dunha loira ou Lume, miña rula; Ján Kadár e Elmar Klos, directores de A tenda da Rúa Maior, que gañou o Oscar ao mellor filme estranxeiro en 1965, ou Jirí Menzel, que obtivo o mesmo premio dous anos despois con Trens rigorosamente vixiados, adaptación dun texto do novelista checho Bohumil Hrabal.

A conexión de Menzel con Hrabal non se limita a ese título. Prosegue en 1969 con Lavercas no arame, prohibida daquela pola censura e estreada vinte e un anos máis tarde; Postriziny (Cutting it short), rodada en 1981; A festa das campaíñas, en 1983, e acadou un novo fito en 2006 coa deliciosa Eu servín ao Rei de Inglaterra, baseada nunha novela -editada en galego por Rinoceronte- que conta a historia da Checoslovaquia desde os anos anteriores á invasión nazi até a ocupación soviética desde a perspectiva dun aprendiz de camareiro.

Esta espléndida e divertidísima fita abre o ciclo de estreas en V.O. que ocupa en xaneiro a Sala Marilyn Monroe, unha magnífica oportunidade para descubrir filmes que non chegaron a ter distribución comercial na nosa cidade e que se completa co drama Xente pouco corrente de Griffin Dunne, protagonizado por Diane Lane e Donald Shuterland; a irlandesa Garage de Lenny Abrahamson, que formou parte da sección oficial do Festival de Las Palmas, e Cen cravos, a última marabilla creada por un dos autores europeos máis respectados, Ermanno Olmi, a quen lle debemos filmes coma A árbore dos zocos (Palma de Ouro en Cannes 1978), A lenda do santo bebedor (León de Ouro en Venecia 1988) ou O oficio das armas, que en 2002 arrasou con nove premios na entrega dos David di Donatello, os Goya do cinema italiano.

Sala Marilyn Monroe: Xaneiro de 2009
8, 9 e 10: Obsluhoval jsem anglického krále (Eu servín ao Rei de Inglaterra)
15, 16 e 17: Fierce people (Xente pouco corrente)
22, 23 e 24: Garage
29, 30 e 31: Centochiodi (Cen cravos)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google