A Coruña Son 2009 remata cun gran concerto final

Mañá sábado 28 de febreiro ás 20:00 no Paraninfo da Universidade da Coruña (edificio do Rectorado, na Maestranza) terá lugar o concerto final co que remata a edición 2009 do obradoiro de cancións A Coruña Son, dirixido polo cantante e compositor Santiago Auserón e organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña co obxectivo de fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego. O concerto estará conducido pola cantante Uxía Senlle e nel intervirán os creadores e creadoras das dez cancións seleccionadas: Sandrísima (canción Tic-Tac), Sergio Zearreta (Fincapé), Fracasados de antemano (Menezes), Pulpiño Viascón (Quérote na praia do Orzán), Magritte (Alpinista), Supersound (Onde estás), Marisol Manfurada (Instinto básico), Maus vizinhos (Gira caindo), Ángeles Dorrio (O cativo) e La pelvis (Psicomuiñeira). As dez finalistas e todas as cancións que se presentaron ao certame poden ser escoitadas e descargadas na web do certame. A entrada ao concerto é libre até completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Artigo sobre A Coruña Son en La Voz de Galicia

Auserón imparte un taller de canciones evocando el ritmo de Aristóteles o los cantos de la «Odisea»
Rodri García

Agarró la guitarra que estaba sobre el escenario, la extrajo de su funda y la afinó durante unos momentos. Los acordes sonaron en el auditorio del Fórum Metropolitano, mientras los asistentes al taller de canciones A Coruña Son 09 se iban sentando. Luego, Santiago Auserón guardó la guitarra y se dispuso a iniciar su docencia (aunque la escuela no era de calor). El gesto del ex líder de Radio Futura, que confesó su falta de experiencia pedagógica, parecía el del futbolista que acaricia la hierba y se santigua antes de pisarla. «Los autores de canciones somos un gremio privilegiado; en otros tiempos se diría sagrado y, aunque no soy especialmente religioso, me gusta ese sentido de lo sagrado», arrancó. Luego evocó a los griegos, con sus dioses, para afirmar que los compositores son «hijos de las musas, nietos de la memoria (la Mnemósine) y quizá bisnietos del olvido, porque a veces es necesario pasar página, cambiar de rumbo».[Ler artigo completo]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Son: programación do xoves 26 de febreiro

xoves, 26 febreiro 2009, 0:30 | Category : A Coruña Son
Tags : , , ,

Sesión de mañá (10:00-14:00):
TEORÍA: A harmonía desde a Antigüidade até os nosos días. Cuestións filosóficas e musicais. PRÁCTICA: Análise melódica e interpretación das cancións.

Sesión de tarde (17:00-20:00):
RELATORIO: "O influxo afro-americano na canción galega", por Xurxo Souto. Mostras sonoras e exemplos, con intervención dos participantes.

Lugar: auditorio do Fórum Metropolitano.
Máis información: web A Coruña Son.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Son: programa do mércores 25 de febreiro

mércores, 25 febreiro 2009, 9:00 | Category : A Coruña Son
Tags : , ,

Sesión de mañá (10:00-14:00):
TEORÍA: A melodía e as súas relacións co ritmo, coa harmonía e coa frase.
PRÁCTICA: Análise melódica e interpretación das cancións.

Sesión de tarde (17:00-20:00):
Sesión dedicada ás cancións participantes no Certame que non foron seleccionadas para o Obradoiro. Debate sobre posíbeis melloras no Certame e no Obradoiro.

Lugar: auditorio do Fórum Metropolitano.
Máis información: web A Coruña Son.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Son: programa do martes 24 de febreiro

martes, 24 febreiro 2009, 9:00 | Category : A Coruña Son
Tags : , ,

Sesión de mañá (10:00-14:00):
TEORÍA: A canción en Occidente desde a Antigüidade até os nosos días. O ritmo e a métrica do verso.
PRÁCTICA: Análise de metros e patróns rítmicos das cancións. Revisión das letras.

Sesión de tarde (17:00-20:00):
RELATORIO: "Sobre o substrato rítmico tradicional da canción folclórica na lingua galega", por Bieito Romero: . Exemplos e mostras, con intervención dos participantes.

Lugar: auditorio do Fórum Metropolitano.
Máis información: web A Coruña Son.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mañá comeza o Obradoiro de canción popular "A Coruña Son"

luns, 23 febreiro 2009, 19:10 | Category : A Coruña Son, música, obradoiros
Tags : , ,

Mañá martes 24 de febreiro ás 10:00 no Fórum Metropolitano da Coruña comeza o obradoiro de canción A Coruña Son 2009, organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña co obxectivo de fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego. Nesta segunda edición do certame o obradoiro volve estar dirixido polo cantante e compositor Santiago Auserón, e nel participarán os creadores e creadoras das dez cancións seleccionadas na primeira fase do certame: Sandrísima (canción Tic-Tac), Capitán Furilo (Pipermint), Fracasados de antemano (Menezes), Pulpiño Viascón (Quérote na praia do Orzán), Magritte (Alpinista), Supersound (Onde estás), Marisol Manfurada (Instinto básico), Maus vizinhos (Gira caindo), Ángeles Dorrio (O cativo) e La pelvis (Psicomuiñeira). Todas as cancións poden ser escoitadas e descargadas na web do certame.

O obradoiro celébrase en sesións de mañá e tarde no auditorio do Fórum Metropolitano. Polas mañás de 10 a 14 horas Santiago Auserón impartirá unha clase teórica e logo traballará directamente cos músicos na análise da métrica, patróns rítmicos e melodías das cancións. Polas tardes haberá conferencias do músico Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre (martes de 17 a 20 horas) e Xurxo Souto (xoves de 17 a 20 horas). O mércores todos os participantes en A Coruña Son'09 cuxas cancións non foron escollidas como finalistas poderán pasar polo Fórum para escoitar a valoración e os comentarios de Santiago Auserón. Todas as persoas interesadas en asistiren coma oíntes ao obradoiro poden facelo enviando un correo electrónico co seu nome e un teléfono de contacto a este enderezo.

“A Coruña Son 09” remata o vindeiro sábado 28 de febreiro ás 20 horas co concerto final que terá lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña (edificio do Rectorado, na Maestranza).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xa hai finalistas de A Coruña Son

martes, 17 febreiro 2009, 15:17 | Category : A Coruña Son
Tags : , ,

Podedes consultar cales son os dez escollidos na web do obradoiro, que tamén recolle a carta de Santiago Auserón xustificando a súa decisión. Ademais, aínda estades a tempo de apuntarvos coma oíntes ao obradoiro, que se celebrará no Fórum Metropolitano e cuxo programa fica detallado aquí. Para iso abonda con enviardes un correo electrónico a este enderezo indicando o nome e un número de teléfono de contacto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mañá remata o prazo para inscribir cancións en A Coruña Son

luns, 9 febreiro 2009, 12:18 | Category : A Coruña Son, música
Tags : ,

Mañá martes 10 de febreiro remata o prazo para inscribir cancións no certame de canción popular A Coruña Son. Até hoxe xa se inscribiron máis de sesenta pezas, entre as cales serán escollidas as dez finalistas que participarán no obradoiro que conta por segundo ano coa dirección musical de Santiago Auserón.

Ademais, todas as persoas que desexen apuntarse como oíntes poden facelo xa enviando un correo electrónico cos seus datos a este enderezo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto de presentación do disco "A Coruña Son 2008"

O vindeiro mércores 28 de xaneiro ás 20:30 no Fórum Metropolitano da Coruña celébrase o concerto de presentación do disco A Coruña Son 2008, que nace como resultado do obradoiro que baixo a dirección do cantante e compositor Santiago Auserón se desenvolveu na nosa cidade o pasado mes de marzo. A maior parte dos artistas que participaron naquela experiencia actuarán no Fórum nun concerto no que o público que asista recibirá ademais como agasallo a edición en formato digipack do disco. O prezo das entradas será de 3 €. As bandas que confirmaron a súa presenza no concerto son as seguintes:

Mr Carácter: “Xabarín Manía” (Rock galego)
Chámalle Xis!: “Canto aquí, canto onde me peta” (Son galego)
doGma'I: “A lagoa dos soños” (Pop psicodélico)
Pablo Díaz: “O moucho” (Novo folk)
Siesta continental: “Violoncello” (Cabaret-art)
Tonhito de Poi: “Mariñeira” (Rock galego)

O disco A Coruña Son 2008 complétase coas cancións de Nat (“Nunca te quixen”, canción de autor), O sonoro maxín (“A rúa do perigo”, reggae atlántico), D-Laxe (“Túas mans”, trip-hop atlántico) e “A misteriosa”, versión en galego de “La misteriosa” con tradución de Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro e interpretada por Santiago Auserón.

Recordámosvos tamén que até o 10 de febreiro está aberto o prazo para inscribir cancións na segunda edición de ACoruñaSon’09, que terá lugar na Coruña entre o 24 e o 28 de febreiro. Organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña, este certame ten como obxectivo fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego. Os dez artistas que sexan seleccionados terán como premio a asistencia a un obradoiro de canción popular dunha semana de duración impartido por Santiago Auserón, primeira figura da creación, a interpretación e o estudo da música popular peninsular, onde traballarán as súas propias composicións. A actividade final do obradoiro será a gravación dun disco colectivo e a celebración dun concerto ao que serán convidados representantes de todos os sectores da industria musical galega. Os solistas ou conxuntos interesados en participar poden subir xa as súas cancións en vídeo ou en formato mp3 na web do proxecto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Segue aberto o prazo para presentarse a ACoruñaSon'09

luns, 12 xaneiro 2009, 13:01 | Category : A Coruña Son, música, obradoiros
Tags : , ,

Até o 10 de febreiro está aberto o prazo para inscribir cancións en ACoruñaSon'09, obradoiro de canción popular organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña. Este certame, que ten como obxectivo fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego, ábrese coa selección de dez autores. Os dez terán como premio a asistencia a un obradoiro de canción popular dunha semana de duración impartido por Santiago Auserón, primeira figura da creación, a interpretación e o estudo da música popular peninsular, onde traballarán as súas propias composicións. A actividade final do obradoiro será a gravación dun disco colectivo e a celebración dun concerto ao que serán convidados representantes de todos os sectores da industria musical galega.

Os solistas ou conxuntos interesados en participar poden subir xa as súas cancións en vídeo ou en formato mp3 na web do proxecto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Son 2008: o disco

Tonhito de Poi: Marinheira [1]

Chámalhe Xis: Canto aquí, canto onde me peta [2]

Mr. Carácter: Xabarín-manía [3]

Pablo Díaz: O moucho [4]

Chus Silva: A lagoa dos soños [5]

O sonoro maxín: A rúa do perigo [6]

Nat: Nunca te quixen [7]

Os John Deers: De que me vale [8]

Iria Pinheiro: Violoncello [9]

Santiago Auserón: A Misteriosa [10]

D-Laxe: As túas mans [11]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google